Cada xoves abrimos unha fiestra para a divulgación de próximidade, igualdade, rural. Hoxe falamos con Marcos Araujo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias, AXEGA.
( Ver curta, protagonizada pola xestora Mercedes Souto )

"Todos os operadores, no seu día a día, non se van a atopar con chamadas agradables, son chamadas con tensión, de solicitude de axuda".

"Na curtametraxe intentamos trasladar a tensión que viven as operadoras. Desde que se levantan pola mañan, xa entran en modo alerta".

"Dende o 112 tramitamos todas as emerxencias. Temos 178 tipoloxías de incidencias, somos como un transmisor ao resto de servizos operativos".

Enmarcada dentro dos eventos organizados polo 112 Galicia con motivo do #DíaEuropeo112, que se celebra o 11 de febreiro, esta peza audiovisual pretende render homenaxe aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias dando a coñecer o seu traballo á cidadanía en xeral.

Protagonizada pola xestora Mercedes Souto, a curtametraxe síguea durante unha xornada laboral e trata aspectos tan fundamentais coma descoñecidos para boa parte da poboación como son as implicacións psicolóxicas do traballo nunha central de emerxencias ou as dinámicas de funcionamento da sala de operacións do 112 Galicia.

correspóndelle á Axencia Galega de Emerxencias:

✔️Xestionar o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia e prestar materialmente a asistencia requirida polos cidadáns e polas cidadás a través del, ou dar traslado, segundo se estableza regulamentariamente, daquelas que lles corresponda atender a outros organismos competentes na materia.

✔️Xestionar os helicópteros de emerxencias do 112 e todos os outros medios e recursos operativos que se poidan incorporar á axencia.

✔️Analizar os riscos e mais identificalos e localizalos no territorio co fin de elaborar o mapa e o catálogo de riscos de Galicia, así como os catálogos de medios e recursos e o catálogo de servizos.

✔️Desenvolver programas en materia de protección civil e xestión de riscos e de emerxencias consonte as directrices emanadas da Xunta de Galicia e establecer os medios para fomentar actuacións que contribúan á prevención de riscos, á atenuación dos seus efectos e, en xeral, á toma de conciencia e sensibilización dos cidadáns da importancia de protección civil.

✔️Levar a cabo os estudos necesarios para a elaboración do Plan territorial de protección civil de Galicia, dos plans especiais e das liñas directrices para a elaboración dos plans territoriais que correspondan.

✔️Avaliar e cualificar o risco cando lle sexa comunicada unha situación de emerxencia das que poden dar lugar á activación dun plan público de protección civil.

✔️Pór á disposición dos órganos competentes da Xunta de Galicia os medios á súa disposición para a xestión das emerxencias de interese galego baixo a superior dirección da persoa titular da presidencia da Xunta ou da persoa titular da consellaría na que esta delegue e mais daqueloutras emerxencias que os plans especiais ou territoriais determinen.

✔️Estudar as actuacións necesarias para o restablecemento dos servizos esenciais para a comunidade e a restauración, a rehabilitación e o retorno á normalidade nos casos de catástrofe ou calamidade.

✔️Fomentar, en colaboración coa consellaría competente en materia de voluntariado, a vinculación voluntaria e desinteresada dos cidadáns ás actividades de protección civil.

✔️As demais funcións que no ámbito da protección civil e da xestión de emerxencias se determinen no seu estatuto.

Ver curta Que supón ser unha xestora do 112 Galicia?: https://www.youtube.com/watch?v=0zwbC7_drZc

Máis Información de AXEGA:

✔️ Páxina Web: https://www.axega112.gal/es

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/112Galicia

✔️ Twitter: https://twitter.com/112Galicia

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/112emerxenciasgalicia/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/@ciae112galicia6

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:

✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia

✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions