Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade e co rural. Hoxe falamos con Lorena Quintas, creadora de "Xogos de fíos".

Para que comprender mellor como xorde o proxecto Xogo de Fíos, é necesario que coñezamos algo da historia persoal de Lorena.

Desde moi pequena está a loitar cunha artrite que nos últimos anos provocoulle unha diversidade funcional visual total, co que tivo que adaptar a súa vida ás novas condicións. Asisteu aos cursos de traballos manuais da ONCE, unha proposta que supuxo para a súa un lugar de calma e de paz no momento tan difícil en que se atopaba. Naqueles cursos coñeceu unha actividade que, desde o primeiro momento, a cativou, e que consiste en debuxar con fíos utilizando como base un anaco de tea, papel ou madeira. Atopou naquel traballo manual un espazo que lle permitía ser libre e no que podía desenvolver toda a sú creatividade. Moi pronto, aquel deseño con fíos converteuse nun hobbie, nunha paixón e, tempo despois, nunha profesión á que hoxe lle adica unha parte moi importante da súa vida. Así xurdiu o proxecto Xogo de Fíos.

"Para min "Xogo de fíos" é o proxecto da miña vida, con maiúsculas".

"Quedeime cega hai dez anos, tiven que aprender, de novo, a facer absolutamente todo, orientarme, andar cun móbil, cun ordenador...".

"O punto de partida de cada obra é sempre un debuxo ou unha foto, sobre cuxa base se perfila e rechea con fíos de cores seguindo a liña do perfilado".

Que é Xogo de Fíos?

Xogo de Fíos é un proxecto ilusionante, cheo de amor e cheo de vida, no que Lorena mostra o resultado do su traballo deseñando con fíos sobre espazos de tea, papel ou madeira. Aínda que levaba máis tempo traballando, foi no ano 2016 cando decidiu mostrar as súas obras ao público. O nome Xogo de Fíos fai referencia ao feito de que, para ela, máis que un traballo, é un xogo que cada día, en cada obra, pon a proba a súa creatividade. Iso si, fan falta unhas boas doses de paciencia e dedicación para que manexar os fíos pase de ser unha actividade difícil que require de moita destreza a algo agradable e moi entretido.

As ferramentas que utiliza para a elaboración de cada deseño son, unicamente, a habilidade manual e o tacto. Aínda que ofrece distintos tipos de produtos, cos que se identifica son cos cadros; non só pola súa técnica innovadora, senón pola súa beleza, sinxeleza e estilo propio, nos que pretende mostrar ao mundo outro modelo de decoración.

O punto de partida de cada obra é sempre un debuxo ou unha foto, sobre cuxa base se perfila e rechea con fíos de cores seguindo a liña do perfilado. O deseño debe quedar sen ocos e uniforme, polo que son necesarias moitas horas para conseguilo. As claves do éxito son a paciencia e a constancia. E o seu obxectivo é conseguir que esta innovadora técnica artesanal chegue a decorar o teu fogar.

Todos os produtos ofrecidos por Xogo de Fíos son deseños únicos elaborados a man, coa creatividade e o sentido do tacto como principais protagonistas.

Máis Información de XOGO DE FÍOS:

✔️ Páxina Web: https://xogodefios.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/xogodefios/

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/lorena_xogodefios/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/@xogodefioslorena1014

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:

✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia

✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions