Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Hoxe falamos Marisé García dun proxecto para recuperar as tabernas no rural galego.

"As tabernas eran o centro social da aldea e agora, máis que nunca, o rural precisa deses puntos de encontro".

"Nos cando imos a unha taberna podemos descubrir o entorno, fomentamos que a xente coñeza o seu entorno máis próximo".

"Visto que dende a administración non se fan este tipo de accións, decidimos que deberíamos dar un paso a diante e estamos elaborando un censo das tabernas, pechadas e das que aínda están en activo".

Hoxe 17 de maio ás 19:00 h. reabreu as súas portas ao publico a "Taberna de Sequeros" con nova xerencia, e un proxecto que pretende poñer en valor o noso entorno rural.

Beatríz de la Fuente Fernández (Beti) é a persoa que devolva ao lugar de Sequeros, entre as parroquias de Lamas-Rubín, a oportunidade de ter un centro tradicional para socializar a través dunha proposta na que poder compartir ocio e cultura rural.

As tabernas do rural supoñen un recurso cada vez mais necesario para que as persoas do entorno poidan compartir momentos entre elas, pero a proposta de Beti ofrecerá tamén a oportunidade de degustar produtos da gastronomía local de tempada a través de tapas e racións así coma ter información dos recursos paisaxísticos da nosa contorna para aquelas persoas ás que lles poida interesar.

É un proxecto que nace con moita ilusión, e que aspira a ir medrando en función das circunstancias.

O noso rural precisa de xente moza con ganas de emprender.

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions