Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Hoxe falamos con Dositeo Amoedo do IX Foro Internacional de Educación Financeira de Calidade en Pontevedra.

O Foro realizarase tanto en modalidade online como presencial. As entradas poden adquirirse na web https://aepfinancieros.org/ix-foro-internacional-de-educacion-financiera-de-calidad

"No foro presentamos as actividades da propia asociación e os educadores e planificadores financieiros".

"É importante a educación financieira para saber como relacionarme coas persoas e institucións que me teñen que axudar a nivel financieiro".

"Fáltanos ter hábitos financieiros, no período formativo dannos moita alfabetización pero non nos ensinan como nos temos que relacionar cos intermediarios".

Os próximos días 6 e 7 de xuño, Pontevedra acollerá o IX Foro Internacional de Educación Financeira de Calidade, organizado pola Asociación de Educadores e Planificadores Financeiros (AEPF). Este evento reunirá a expertos de renome nacional e internacional para debater e reflexionar sobre o modelo de educación financeira de calidade que ofrece resultados inmediatos e sostibles.

Desde a introdución da figura do 'educador financeiro de calidade' en España, xa se poden avaliar os primeiros resultados e comparalos cos obtidos en Italia e outros países de América Latina onde a AEPF opera. Este foro alíñase cos estándares de educación financeira da OCDE, e das normas técnicas de calidade internacionais, adoptando o modelo máis avanzado de consultoría, onde os profesionais aplican a educación financeira para educar e asesorar aos seus clientes, responder as súas inquietudes e xerar resultados tanxibles.

O IX Foro centrarase en debater sobre os modelos de educación financeira, as ferramentas necesarias para o proceso educativo e as oportunidades e riscos existentes. O rol do educador financeiro é fundamentalmente social, apoiando aos cidadáns para crear conciencia, intervir en situacións de emerxencia e desenvolver plans estratéxicos. Os relatores tamén analizarán os erros comúns na xestión da economía persoal e das finanzas persoais, unha das principais fontes de problemas e riscos, especialmente para os máis vulnerables.

AEPF cre firmemente que unha sociedade ben formada en aspectos financeiros é unha sociedade máis libre, competitiva, solvente e feliz. Por iso, reafirmamos o noso compromiso de promover unha educación financeira de calidade a todos os niveis: cidadáns, empresas, organizacións e administracións públicas.

Unha educación financeira de calidade débese recoñece por:

- Axudar aos cidadáns para cumprir os seus obxectivos vitais e os das súas familias.

- Establecer metas medibles, alcanzábeis, obxectivas, temporais e relevantes.

- Poñer á persoa no centro, utilizando as finanzas como ferramenta para o seu desenvolvemento persoal.

- Cubrir todo o ciclo de vida da persoa, comezando coa educación financeira básica para nenos e novos, ensinándolle a orzar e aforrar, e considerando as súas necesidades ao longo de toda a súa vida.

- Ser ofrecida por profesionais acreditados que cumpran con estritos requisitos éticos e profesionais.

- Ser un proceso estandardizado baseado en Normas técnicas de calidade UNI 11402 de Educación Financeira do cidadán e ISO 22222 de Planificación Financeira persoal.

Lembrar tamén, que o Foro é válido para realizar horas de formación certificables (MIFID e mediadores seguros) realizando un test a posteriori.

Máis Información da AEPF Asociación de Educadores e Planificadores Financieros:

✔️Web: https://aepfinancieros.org/ix-foro-internacional-de-educacion-financiera-de-calidad

✔️Facebook: https://www.facebook.com/AsociacionEducadoresFinancieros/

✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/company/aepf

✔️Instagram: https://www.instagram.com/aepfinancieros/?hl=es

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UC4opa_gWUpG0GODvn4ug3Lw

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de MULLERES QUE PODEN

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057202191221

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions