Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Olga Rivas, directora xeral da Fundación Roberto Rivas, que impulsan o emprendemento social en entornos rurais para xerar oportunidades que propicien o arraigo da poboación aos territorios, garantindo o seu benestar e os seus dereitos.

"A rede de polos de emprendemento son unha forma de achegar os recursos e a axuda a cada unha das zonas. E de coñecer, en cada zona e cada comarca, que puntos fortes hai, que axentes activos hai, que empresas potentes hai...".

"The Break é un programa europeo de atracción de talento feminino. En primavera tivemos a quince mulleres, durante un mes, para coñecer o tecido empresarial e empresarial de Galicia e este venres chega outro grupo de quince mulleres".

"A preparación para o emprendemento que ofrecemos dende a Fundación é moi aplicado, moi experimencial".

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia impulsa, en colaboración coa Fundación Roberto Rivas, a creación dunha rede de espazos destinados a xerar emprego de calidade no ámbito rural, utilizando fórmulas de economía social e microemprendimiento autónomo.

Para lograr este reto, o Goberno galego quere investir 155,5 millóns de euros ata 2025.

Actualmente hai 8 Polos activos, pero podes recibir os seus servizos de apoio en todo o territorio por canles en liña.

Novas oportunidades de emprego

A economía de proximidade, a bioeconomía, a nova economía circular, a economía dixital e o impacto do comercio electrónico son ámbitos nos que existen novas oportunidades de emprego. Tamén o turismo rural sostible, a produción ecolóxica, a transformación da biomasa e o aproveitamento forestal, a bioconstrucción, as enerxías limpas, os servizos de bio-rehabilitación ou o desenvolvemento do sector do lecer e da aventura.

Do que se trata é da xeración de emprego de calidade estable no rural, partindo da mellora dos modelos de negocio para orientalos ao mercado e de estudar a implantación de actividades adecuadas a cada contorna, acompañando con programas de apoio económico que actúen como aceleradores no emprendemento.

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Pontevedra Norte e Rías Baixas.

Trátase dunha área con predominio de actividades do sector primario, como a agricultura, a gandería, a xestión forestal ou a industria conserveira, ámbitos nos que se identificarán as necesidades e oportunidades para emprender que presenta o territorio, desenvolvéndose así mesmo novos sectores innovadores que poidan dinamizar a contorna e crear sinerxias co tecido empresarial existente.

The Break: Women Entrepreneurship & Internationalisation in Spain é un Programa de Atracción de Emprendemento feminino europeo a España.

Conta cun orzamento de 10 millóns de euros ata decembro de 2023 e ten como obxectivo atender a 833 emprendedoras co obxectivo de que coñezan de primeira man o ecosistema empresarial español e poidan establecer relacións comerciais con entidades españolas e investir no noso país, á vez que contribúen á resolución dos retos sectoriais en favor do desenvolvemento local español. O Programa tamén ten como obxectivo favorecer o retorno de talento feminino español.

Así mesmo, o programa está aliñado coa Estratexia “España Nación Emprendedora”, a visión a longo prazo impulsada polo Goberno para converter a España nun país de referencia en emprendemento innovador no ano 2030.

Máis Información da FUNDACIÓN ROBERTO RIVAS:

✔️ Páxina Web: https://www.fundacionrobertorivas.org/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/fundacionrobertorivas

✔️ Twitter: https://twitter.com/rr_fundacion

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/fundacionrobertorivas/

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:

✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia

✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions