Cada xoves abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos do aumento do número de mulleres asasinadas durante os meses de decembro e xaneiro con Kim Llobet e Rocio Lodeiro Matalobos da Aso Igualdade e Mulleres da Estrada e con Susana Lopez Abella, Secretaria Xeral de Igualdade en Galicia.

Desde 2015, en España non houbo un decembro con tantas mulleres asasinadas a mans dun home que era a súa parella ou expareja. Ata o 31 de decembro deste ano, o Ministerio de Igualdade confirmou 13 feminicidios íntimos. Ata o de agora, a cifra máis alta da útima década desde que existen datos mensuais (2012), seguida de 2015, con 10 mulleres vítimas mortais da violencia de xénero, tal e como se recolle nos boletíns estatísticos mensuais da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero. Ata o día de hoxe o número de mulleres asasinadas por violencia de xénero en España ascende a 4 en 2023 e a 1.186 desde o ano 2003.

“É moi importante o traballo que fan os profesionais nos centros de información á hora de preparar ás mulleres para presentar a denuncia e prestar declaración. O 75% das mulleres que entraron en programas sociais saíron da violencia machista”.

“A violencia machista é un problema que ten moitas arístas e moitas problemáticas dentro dun só caso, non se poden facer valoracións á lixeira”.

“Os equipos policiais están moi tensionados, porque en moitas ocasións teñen que facer un seguimento dun número alto de vítimas e dificulta o seu traballo”.

“Estánsenos quedando cortos os recursos sociais (para protexer ás mulleres en perigo) e temos que melloralos e amplialos. É fundamental a labor que fan as asociacións feministas e de mulleres”.

SISTEMA VioGén: O Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioGén), da Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior, púxose en funcionamento o 26 de xullo do 2007, en cumprimento do establecido na Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, "de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero", sendo os seus obxectivos:

Aglutinar ás diferentes institucións públicas que teñen competencias en materia de violencia de xénero

Integrar toda a información de interese que se estime necesaria

Facer predición do risco

Atendendo ao nivel de risco, realizar seguimento e protección ás vítimas en todo o territorio nacional

Efectuar un labor preventivo, emitindo avisos, alertas e alarmas, a través do "Subsistema de Notificacións Automatizadas", cando se detecte algunha incidencia ou acontecemento que poida poñer en perigo a integridade da vítima.

Buscando, finalmente, establecer unha tupida rede que permita o seguimento e protección de forma rápida, integral e efectiva das mulleres maltratadas, e dos seus fillos e fillas, en calquera parte do territorio nacional.

Máis Información VioGén: (https://www.interior.gob.es/opencms/ca/servicios-al-ciudadano/violencia-contra-la-mujer/sistema-viogen/ )

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:

✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia

✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions