Duarte Galbán é Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa carreira diante da cámara no ano 2015.

Inicia a súa carreira como produtor e guionista de “Gafas e Pallaso”, unha webserie en galego que triunfa entre a mocidade e que chega ser nomeada aos premios “Mestre Mateo”. Ademais, participa en innumerables curtametraxes entre os que destacan o “Rural Horror Stories”, nas que tamén exerce de produtor. A finais do ano 2017, faise viral no panorama nacional unha campaña de tráfico que produce e interpreta baixo o nome de “Ti decides quen che leva”, que abre os telexornais de todo o país ao circular á velocidade da luz por redes sociais. No 2018, publican a segunda parte.

Destaca tamén a creación de “ Cousas de Rianxo”, unha película-documental que fai xunto a Román Castaño coa finalidade de deixar plasmado nunha cinta, as realidades que viven na súa Rianxo natal.

No ano 2017, protagoniza a campaña publicitaria “ Vayaburrada”, viaxando da Coruña a Málaga, Madrid ou Castela e León en busca de pequenas historias dos burros, coa finalidade de que estes, teñan emoticonos en Whatsapp. A campaña foi concentrada en redes sociais.

Accede aos seus primeiros traballos para a Televisión de Galicia, que confía no como unha das caras do concurso “Ou porquiño polo que vale!”, que copresenta con Tamara Pérez. Ademais, ese mesmo verán, arrinca como reporteiro e colaborador de “Aquí Galicia Tour”, presentado por Lucía Rodríguez.​

Novamente no verán do 2019 traballa para TVG sumándose ao equipo de “ Adiviña quen ven esta tarde”, que ocupa, en directo, a tarde da canle autonómica.

A maiores, o comunicador pisa os teatros e escenarios galegos para presentar distintos tipos de galas e eventos de gran formato como o “ Laconnetwork 2019 en Palexco”, os “Premios TIC Galicia”, a “Gala Amodiña” ou a “I Feira dá Innovación 2019” no Gaiás, organizada pola USC, Abanca e a Xunta de Galicia.

“TEMPOS MODERNOS” (Día 31 de xullo ás 21h en Rianxo. MERCAR ENTRADAS )

Non deixa de ser unha noite de comedia que Duarte Galbán protagoniza co compañeiro e amigo Xosé Antonio Touriñán, co único fin de facer rir.

" A xente nova ten ganas de traballar, eu non sei estar parado".

"O espectáculo vaise a grabar para que a xente que non poida asistir, en directo, o poida disfrutar a través de outras polataformas como contido audiovisual".

"O espectáculo componse de dous monólogos diferenciados, comezarei eu e rematará Xosé Antonio Touriñan. E estaremos acompañados pola música do grupo "Leite con jalletas".

Que as cousas están cambiando a unha velocidade de vértigo nos últimos tempos, é algo que sabemos tod@s. Pero, que o fagan deste xeito…

“Tempos Modernos” non deixa de ser un reflexo, gamberro, de cara a onde está a evolucionar a sociedade, de como o fai e de todo o que se vai deixando atrás conforme avanza… Sen piedade!

Un evento de comedia gamberra, distinta e fresca que busca facer rir sen límites, co único obxectivo de abrir as mentes do espectador e… deixarse levar! Unha noite de monólogos que disfrutará por igual un rapaz de dezaoito coma o seu avó de setenta.

Que importante é o sorriso!.

MERCAR ENTRADAS: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/humor/exterior-ceip-adr-castelao/12163--tempos-modernos-con-duarte-galban-e-xa-tourinan.html

Máis Información DUARTE GALBÁN:

✔️Páxina Web: https://duartegalban.gal/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/duartegalban/

✔️Twitter: https://twitter.com/DuarteGalban

✔️Instagram: https://www.instagram.com/duartegalban/

✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/duarte-galb%C3%A1n-95a743118/

Máis Información XOSÉ ANTONIO TOURIÑÁN:

✔️Páxina Web: https://aine.gal/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/tourinhan

✔️Twitter: https://twitter.com/xatouri

✔️Instagram: https://www.instagram.com/touri/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS:

https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions