Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos da diferenza entre dor e sufrimento.

"O sufrimento, con ou sen dor, é unha sensación moi difusa, e radica na psique da persoa".

"A dor non sempre conleva sufrimento".

"Se imos, pouco a pouco, afrontando cuestións que nos causen dor, iremos aprendendo tamén a resistilo e a sobrelevalo para lograr sacalo da nosa vida".

DIFERENCIA ENTRE DOR E SUFRIMENTO

Entre todos os problemas cos que lidiamos profesionais da medicina e da psicoloxía na nosa práctica cotiá, a dor é o máis frecuente.

É algo universal, xa que todos e todas nalgún momento das nosas vidas tivemos que pasar pola dor.

A dor é un síntoma que acompaña a moitas enfermidades e a situacións vitais e sería unha experiencia desagradable, sensorial ou emocional, asociada a unha lesión real ou potencial, que se describe como dano. Esta ten como unha evidencia real ou un estímulo asociado.

En cambio, o sufrimento, con ou sen dor, é unha sensación moi difusa, e radica na psique da persoa. Instálase no ánimo, na vontade, e afecta, incluso, a quen está cerca da persoa que sofre.

Aínda que estamos acostumados a que a dor conleve sufrimento, esta non sempre conleva ese sufrimento. Por exemplo, un golpe leve mentres estamos facendo algo que nos gusta pode causar dor, soportable, sen ameaza, nin angustia, sen afectar á autoimaxe e sen provocar unha ferida narcisista.

✔️ Freud distingue tres fontes principais de dor:

1️⃣ A enfermidade, que nos recorda que a vida pode rematar.

2️⃣ As agresión do mundo exterior, que nos mostra que somos pequenos, fráxiles e estamos expostos.

3️⃣ As relacións cos demais, que nos relevan a inxustiza.

Nisto podemos ver porque calquera destas fontes de dor poden levar ao sufrimento: porque ameazan a nosa autopercepción, e a nosa sensación de ser capaces de lidiar con esa frustración, eses medos e esas inxustizas.

Por iso, seguro que nalgún momento das nosas vidas, escoitamos a frase de “a dor é inevitable, pero o sufrimento é opcional”. E isto é certo, xa que cada persoa ten unha reacción diferente cara a dor. E ten certa relación coa xestión do cambio e da frustración.

En realidade, se na vida imos pouco a pouco afrontando cuestións que nos causen molestia ou dor, iremos aprendendo tamén a resistilo e a sobrelevalo para lograr sacalo da nosa vida. Se non o facemos así, esa dor converterase, en moitos casos, en sufrimento.

Unha diferencia máis entre dor e sufrimento, é que a dor é máis profunda e silenciosa. É parte da vida e permítenos coñecer as cousas que van mal, tanto física como psicoloxicamente. Sería como o sensor do termostato, que nos mostra que temos que cambiar ou curar algo. A nivel físico, unha dor dinos que debemos ir ao médico, por exemplo, e a nivel psicolóxico, que temos que deixar a esa persoa que nos está a insultar e que nos fai sentir mal todos os días.

Sen embargo, o sufrimento é ruidoso e está cheo de impulsos e de mensaxes prexudiciais. Co sufrimento o que facemos é aferrarnos, non deixar avanzar, non permitir o cambio, a pérdida, … Como nos aferramos tanto, cansámonos, estancámonos e incluso nos boicoteamos para non ser felices ou para non facer os cambios que precisamos.

Cando sufrimos, creamos un discurso mental moi dañino, enchémonos de rencor, de prexuizos, de reproches, …

Polo tanto, coa dor podemos fortalecernos, aprender, e pensar en iso de “o que non te mata, faite máis forte”. É dicir, entrenamos a resiliencia, o cal nos pode axudar a aumentar a autoestima, a mellorar a nosa seguridade en nós mesmos, …, mentres que co sufrimento permitimos que ese nos domine, polo que consideraremos que a vida é inxusta, e poñeremos a capacidade de decisión nos demais, polo que nos sentiremos incapaces, inseguros, … e, sobre todo, non aprenderemos nin melloraremos, senón que nos veremos pequenos e estaremos cunha sensación de “sala de espera”.

Finalmente, unha recomendación dun libro que pode axudar moito a ver a diferencia entre dor e sufrimento, que é “Las cicatrices no duelen” de Anabel González. ( https://www.todostuslibros.com/libros/las-cicatrices-no-duelen_978-84-08-23909-3 )

⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions