Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos do Día do Libro: redes sociais literarias e o #Booktok

"En Goodreads podemos ver que libros len os nosos amigos ou cales queren ler e tamén publicar cales lemos ou queremos ler nós".

Me Gusta Escribir é unha rede social da editorial Penguin Random House na que os escritores amateurs poden compartir os seus textos"".

"Booktok, conta con 31,5 millóns de publicacións e está formada por toda unha comunidade de lectores de TikTok".

Aínda que o noso non deixan de ser as redes sociais, estas están moi relacionadas coa lectura. E, aproveitando que mañá se celebra un dos días máis agardados para os amantes da literatura, non se nos ocurre mellor idea que facer un pequeno repaso de como as plataformas dixitais e os libros,
a fin de contas, teñen máis relación entre eles do que poidamos pensar.

Goodreads e outras aplicacións similares

Goodreads lanzouse no 2007 como unha aplicación para lectores. A día de hoxe, conta cunha comunidade moi específica que xera conversacións en torno ás lecturas que realizan. Deste xeito, podemos ver que libros len os nosos amigos ou cales queren ler e tamén publicar cales lemos ou
queremos ler nós; podemos atopar valoracións e críticas de obras que nos interese ler; así como conversar con outros usuarios e usuarias.
Un dato interesante é que no 2013, Amazon mercou esta aplicación e, dado ao interese que suscita entre os lectores, integrouse en Kindle, dándolle aínda máis valor do que xa tiña.

Entón, falando de maneira máis precisa, que aporta esta rede social específica aos lectores? Permite buscar libros por autor, título ou ISBN e mostra a cuberta, reseña, características do libro e en que tenda online se pode mercar. Do mesmo xeito, permite crear unha listaxe dos libros que lemos e
dos que queremos ler, así como engadir información, valoracións e comentarios dos mesmos. En canto á relación con outros usuarios, permite unirse a grupos por temáticas, descubrir que están a ler os nosos amigos ou intercambiar opinións. Xa por último, ofrece recomendacións en función
dos libros polos que teñamos mostrado interese.

Por outra banda, como autor ou editor, tamén ten o seu interese. É unha aplicación atractiva non só porque lles permite saber que opinan sobre as súas creacións, senón que dálles visibilidade e, a fin de contas, é un medio máis de publicidade.

Existen outras aplicacións con características similares a Goodreads como Anobii, definida como unha rede social independiente para os amantes dos libros que permite descubrir obras de todas as épocas, crear a nosa propia biblioteca e coñecer a millóns de lectores de todo o mundo; ou tamén LibraryThing, que permite crear a nosa propia “balda virtual de libros”.

Me Gusta Escribir e Wattpad

No outro lado da moeda, atópase Me Gusta Escribir, unha rede social da editorial Penguin Random House na que os escritores amateurs poden compartir os seus textos e, os lectores, teñen a oportunidade de valoralos.
Para os lectores é interesante porque podemos ler, valorar as nosas pezas favoritas, apadriñar talento votando as mellores obras e crear grupos de lectura. Para os escritores conta con ferramentas ideais para dar a coñecer a súa obra: un editor para traballar no manuscrito, unha ficha pública na que os lectores poden ler a peza, valorala e axudar como editores e, para os que queiran ir un paso máis alá, tamén dispón de servizos de autopublicación con asesoría editorial, revisións de texto, deseño da cuberta, promoción do libro e organización de eventos.

Outra plataforma coñecida e da que teñen saído obras literarias con versión cinematográfica incluída, é Wattpad. Fundada no 2006 e coñecida entre escritores novos e aspirantes, nesta rede social os escritores poden publicar as súas historias de forma gratuíta e os lectores poden acceder a unha ampla variedade de contido literario, que inclúe novelas, fanfiction, poesía e moito máis.

Os escritores poden publicar capítulos das súas historias de forma secuencial, interactuar cos lectores a través de comentarios e mensaxes, e incluso recibir feedback instantáneo sobre o seu traballo. Os lectores, pola súa banda, teñen acceso a unha enorme biblioteca de historias de diversos temas e estilos, moitas das cales son creadas por escritores afeccionados e emerxentes

Booktok

Aínda que, como puidemos ver, hai redes específicas para a literatura, as conversas sobre libros e literatura tamén teñen o seu oco en plataformas xeralistas como Instagram ou TikTok. Se falamos desta última, non podemos evitar mencionar a etiqueta #Booktok, que conta con 31,5 millóns de
publicacións e que está formada por toda unha comunidade de lectores. Nesta, os usuarios comparten contido relacionado con libros, que inclúe recomendacións de lectura, reseñas, discusións sobre tramas, análises de personaxes e máis e, todo iso, en formato de vídeo curto.

O booktok gañou popularidade como unha forma creativa e accesible de descubrir novos libros e conectarse con outros lectores. Ademais, estes vídeos poden variar desde simples recomendacións ata reaccións emocionais a certos pasaxes ou momentos da trama. Esta tendencia demostrou ser
especialmente influinte na promoción de certos libros, impulsando títulos á fama e contribuindo á creación de tendencias de lectura. Dunha maneira ou doutra, aínda que as redes sociais sexan criticadas moitas veces por abarcar
moito espazo do noso tempo libre e quitarllo a aficcións como a lectura, estas poden ser a ferramenta perfecta. Son a ferramenta perfecta porque fomentan a lectura, a escritura, axudan a manter o hábito e mesmo teñen ese compoñente de promoción e de visibilidade para os escritores.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions