Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos Día do Community Manager e como ser un bo xestor de comunidades.

Parece ser que hoxe estamos de celebración nas axencias especializadas en redes sociais. E é que cada cuarto luns de xaneiro celébrase un día moi especial: o Día Internacional do Community Manager. E, este profesional naceu coas redes sociais e a partir dunha demanda que consistía en atender as sociedades virtuais e a necesidade de construír unha comunidade arredor dunha marca.
Polo tanto, esta figura comezou sendo a responsable de xestionar a presenza online dunha marca e de interactuar cos seus seguidores en redes sociais. Nese sentido, o seu papel centrábase en responder preguntas, resolver problemas e manter unha comunidade en liña positiva e activa. Pero, a día de hoxe, a súa función ten evolucionado moito e ten unha posición estratéxica dentro dunha
empresa.

"Community Manager. Como o seu propio nome indica, é o xestor de comunidades en redes sociais, o responsable de crear comunidade arredor dunha marca".

"Temos que investigar e comprender o noso público obxectivo".

"Ás veces as liñas que separan os diferentes profesionais que nos podemos atopar no departamento de marketing dixital son complicadas".

Ás veces as liñas que separan os diferentes profesionais que nos podemos atopar no departamento de marketing dixital son complicadas e, máis aínda, cando se trata de axencias pequenas nas que un mesmo perfil ou función pode confluír en unha ou dúas persoas. Pero, hai certas tarefas ou características que nunca van a corresponder ou ser un coñecemento directamente relacionado con esta profesión. E nós fixemos unha pequena lista, que xa nos dá algunha pista ao respecto:

✔️ Saber arranxar unha impresora non é ser Community Manager e que traballemos en redes sociais non implica que nos manexemos coa posta a punto de impresoras.

✔️ Ter un sobriño adolescente cun teléfono móbil cunha boa cámara, perfís nas redes sociais do momento e que fai bailes de TikTok non é ter un Community Manager para o teu emprendemento.

✔️Un Community Manager tampouco é aquel que che dá resposta afirmativa a un “faime un deseño aí rápido para o faldón dun xornal, que queremos lanzar unha publicidade”.

Cando falamos da xestión e comunicación en plataformas dixitais adoitamos referirnos a todos os perfís que traballan niso como Community Manager cando, en realidade, podemos matizar e falar sobre diferentes postos de traballo diferenciados.

✔️ Social Media Manager. É o responsable de que as redes sociais dunha marca funcionen a nivel operativo e estratéxico. É dicir, é esa figura que marca os obxectivos e estratexias no Social Media Plan, o que analiza todas as métricas e datos para saber onde falla a comunicación dunha marca, cales son os seus puntos débiles ou, pola contra, cales debe potencia para medrar. É, en resumo, o responsable da coordinación dos proxectos nestes soportes dixitais.

✔️ Community Manager. Como o seu propio nome indica, é o xestor de comunidades en redes sociais, o responsable de crear comunidade arredor dunha marca. Como é de esperar, traballa cóbado con cóbado xunto o Social Media Manager á hora de valorar a estratexia para os diferentes proxectos. Pola contra, esta figura só se encarga da parte operativa das redes sociais e debe coñecer á perfección o público ao que se dirixe, para saber como conversar con el. Por iso, desta figura agárdase que estea ao tanto de todas as tendencias e da actualidade, que manexe as distintas canles e plataformas e tamén que realice diferentes informes.

✔️ Digital Content Manager. Xestiona os contidos que difunde unha marca ou empresa a través da rede, tanto os contidos dun blog, como os de posicionamento ou mesmo os de redes sociais. É a figura que marca o calendario de contidos e coordina aos copywriters ou redactores para cumprir cos tempos establecidos.

✔️ Copywriter. É o responsable dos contidos, pasando polo texto dun anuncio ata a redacción do artigo dun blog. A estas figuras, só se lles esixe dúas cousas: creatividade para ser quen de comunicar da maneira máis axeitada unha idea ou concepto e capacidade de investigación para poder falar de case calquera tema que se lle propoña.

✔️ Creative Designer. É o encargado de crear deseños que capten a atención, tanto para redes sociais como publicidade ou outro formatos. E, as tarefas de deseño son transmitidas polos Project Managers ou Account Managers.

✔️ Digital PR. É a versión dixital dun relacións públicas. Estes perfís adoitan estar máis enfocados á xestión de influencers, medios de comunicación ou blogs.

Poderíamos seguir falando de centos de posicións que podemos atoparnos nunha axencia de redes sociais ou, máis amplamente de publicidade. Porén, para que nos fagamos a idea de que o Community Manager encárgase dunha pequena e específica parte de todo o proceso de comunicación, é máis ca suficiente.

Consellos para ser un bo CM

✔️ Coñecer a nosa audiencia. Temos que investigar e comprender o noso público obxectivo. É dicir, entender as súas necesidades, intereses e comportamentos axudaranos a crear contido máis relevante.

✔️ Dominar as plataformas. Debemos saber como funcionan á perfección as principais redes sociais e adaptar a nosa comunicación a cada soporte e á audiencia que hai en cada unha delas.

✔️ Creatividade e orixinalidade. Nun mar de contidos inmenso, é importante destacar e, a maneira máis acertada sempre vai ser a creatividade. Para iso, non hai nada mellor como coñecer as tendencias actuais, estar actualizado e buscar inspiración de maneira regular.

✔️ Empatía e atención ao cliente. Interactuar coa audiencia é unha tarefa fundamental do community manager para crear comunidade e, para iso, é necesario traballar a nosa empatía e a habilidade de atención ao cliente. Isto é porque, aínda que queremos que nos cheguen comentarios positivos, non sempre vai ser así.

✔️ Análise de métricas. A mellor maneira para medir éxitos e fracasos e poder corrixir erros nas nosas accións online son as estatísticas. Para iso, deberemos comprender as métricas chave e as plataformas principais de análise.

✔️ Adaptabilidade. En relación á constante actualización, temos que ser quen de adaptarnos aos cambios rápidos que se poden dar no panorama dixital e saber sacarlles partido.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas