"O Recuncho da Lingua", é un espazo dirixido e realizado pola mestra de Lingua, Pilar Bernárdez no programa "Ensaiar é de Covardes", dirixido e presentado por Isa Durán en Radio Estrada (ver ligazón ). Hoxe preséntannos una iniciativa que teñen posta en marcha para celebrar o día de Rosalía

"Propuxémoslle á comunidade educativa relacionar a vida, a lingua, os costumes, a música... da aldea coa obra e pensamento de Rosalía".

"O noso legado cultural nace da aldea, do rural, non quere dicir que non exista o urbano pero o gran legado cultural inmaterial é de aldea".

"Cando leo algo de Rosalía, doume conta de que Rosalia é unha muller de aldea, coidou moitísimo a aldea, coidou moitísimo a lingua da aldea e coidou moitísimo as costumes da aldea".

Desde o RECUNCHO DA LINGUA DE RADIO ESTRADA, dirixíronse aos coordinadores e coordinadoras dos Departamentos de Normalización Lingüística, Biblioteca Escolar e a todo o profesorado dos Centros Educativos para convidalos a participar no RECUNCHO DE ROSALÍA: ROSALÍA MULER DA ALDEA,o sábado 26 de febreiro,

ROSALÍA MULLER DA ALDEA

A idea é relacionar a vida, a lingua, os costumes, a música... da aldea coa obra e pensamento de Rosalía.

Fan as seguintes propostas ou recomendacións:
✔️ A MULLER DA ALDEA
✔️ A MÚSICA DA ALDEA
✔️ OS OFICIOS DA ALDEA...
✔️ O NOME DAS COUSAS DA ALDEA
✔️ A VIDA DA XENTE DA ALDEA
✔️ AS CRENZAS DA ALDEA
✔️ O que ti queiras...

Propóñen unhas normas básicas, quedando totalmente receptivas ás vosas achegas:

1️⃣ Poderán participar dous alumnos ou dúas alumnas por centro e un profesor ou profesora, por capacidade.

2️⃣ O tema pode ser dos propostos, ou de libre creación, sempre que se adapte ao tema central.

3️⃣ A participación compromete a acudir en persoa aos Estudios de Radio Estrada o día 26 de febreiro, para participar en directo no RECUNCHO DEROSALIA dentro do programa As mañás do Sábado dirixido por Isabel Durán.

4️⃣ O tempo de cada intervención establecerase en función do número de participantes.

É necesario comunicalo por correo electrónico, no que conste o nome do centro, número de participantes e tema escollido ou proposto: [email protected].

Máis "RECUNCHO DA LINGUA": https://www.ivoox.com/o-recuncho-da-lingua_sb.html?sb=o+recuncho+da+lingua

Máis "Ensaiar é de Covardes": https://www.ivoox.com/podcast-ensaiar-e-covardes_sq_f1323086_1.html

Máis Información da "CASA DE ROSALÍA":

✔️Fundación Casa de Rosalía: https://rosalia.gal/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/FundacionRosalia

✔️ Twitter: https://twitter.com/CasadeRosalia

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/casaderosaliadecastro/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions