Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos do Día da Nai.

"Debemos pensar nas condicións nas que as mulleres somos nais no noso país e nas realidades que existen".

"Cando unha muller se prepara para ser nai ou no momento no que decide non selo existen múltiples cuestións a ter en conta".

"Debemos valorar ás nais, ás mulleres que deciden ser nais e tamén ás que deciden non selo".

Cando unha muller se prepara para ser nai ou no momento no que decide non selo existen múltiples cuestións a ter en conta.

Unha delas é que faga o que faga vai estar exposta á crítica social: non é que non queira, é que non pode. É egoísta por non querer ter fillos. É demasiado xove ou demasiado maior. As mulleres de agora queixanse por todo.

É importante saber que a realidade de cada unha é moi particular e que todas as realidades son aceptables e adecuadas, sempre que non se faga dano a ninguén.

Se unha muller decide quedarse embarazada, debemos coñecer que a pesar de que se di que non existe violencia obstétrica, considerando esta como aquela que exerce o persoal da saúde sobre o corpo e os procesos reproductivos das mulleres, que pode vir dun trato deshumanizado, dun abuso da medicalización, ou da patoloxizacion de procesos naturais. Pode ser que non se lle deixe a unha muller decidir sobre certos aspectos do embarazo ou do parto. Ainda que esta violencia teóricamente non existe, o 67,4% das mulleres percibe esta violencia en España (en 2021), segundo un artigo de Women and Birth. Isto non significa que esa violencia sexa intencionada en ningún caso, pero si que é certo que existe e que debe terse en conta e traballar para que vaia desaparecendo.

Por outro lado, está o momento posterior a ser nai, momento posterior ao parto, no que é moi frecuente que se produza unha dificultade de adaptación, que en moitos casos leva a unha depresión postparto, que se da despois di parto e ata un ano despois de que suceda. Dase aproximadamente entre un 10 e un 15% das mulleres.

E nese momento a muller tamén ten que escoitar que debería estar feliz, que ten que ser forte.

Posteriormente, a nivel laboral debemos remarcar que nun estudo recente levado a cabo por CEINSA, no que se analizan os datos proporcionados por máis de 500 empresas, un 3,01% dos empregados solicitaron unha reducción de xornada debido a garda legal. Desde 3,01%, o 83,52% son mulleres e o 16,48% son homes. Tamén os homes, solicitan unha reducción inferior á das mulleres, polo que o soldo ao que renuncian é moito inferior ao das mulleres.

Isto tamén se ve nos postos de mando ou superiores, aos que chegan máis os homes e as mulleres.

E tamén sucede o mesmo coas xornadas laborais, que nas mulleres teñen unha maior proporción as xornadas parciais.

Desta maneira, debemos considerar que si, debemos valorar ás nais, ás mulleres que deciden ser nais e tamén ás que deciden non selo, ás que poden ser nais biolóxicas e ás que non, ás que deciden adoptar, ás que pasan por tratamentos para selo,… porque todas temos que enfrontarnos a xuizos de valor, a dificultades engadidas polo feito de ser mulleres e a unha tendencia social que non se quere cambiar para beneficios dalgúns.

Como mellorar a situación das nais.

Igualdade salarial

Plans e programas que faciliten a conciliacion

Igualdade entre homes e mulleres á hora de collerse as baixas de paternidade e maternidade

Facilitación para a muller para que ser nai non sexa un luxo e para non ter que alongar a maternidade para despois dos 40 anos, como agora se está promulgando.

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions