Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.

"Cando nos falan de autismo pensamos neses casos nos que hai moita interferencia vital".

"As diferencias aparecen dende o primeiro momento. Sin embargo, normalmente somos capaces de percibilas cando aparecen unhas demandas sociais maiores.".

"Nas mulleres os sintomas non son os mesmos, xa que enmascaran mellor os sintomas sociais. Iso fai que o seu diagnóstico sexa máis complexo".

Hai persoas que tiñen un neurodesenrrolo diferente ao “habitual” e que fai que determinados aspectos do seu desenrrolo social ou persoal tamén sexan diferentes. É o que chamamos neurodiversidade. E as persoas que non temos TEA tamén se denominan, dende esta perspectiva, como neurotípicos. E a neurotipicidade non é a normalidade.

⚠️ Cando nos falan de autismo pensamos neses casos nos que hai moita interferencia vital e incluso o asociamos socialmente con casos nos que hai discapacidades. Quizais por iso e tamén por ser mais rigurosos agora xa falamos do espectro autista e non de autismo en si, igual que agora dentro deste espectro atopamos moitos grados diferentes e incluimos tamén por exemplo aos asperger.

Polo tanto, é importante considerar que o autismo non existe separado da persoa autista, xa que non é algo que pida ter. Non é unha enfermidade, que requira tratamento.

Polo tanto, non é un déficit, senón máis ben un reto para unha forma de pensar e desarrollarse diferente.

Si que e certo que hai aspectos comuns, como as particularidades que teñen en canto ao contacto social ou tamén a existencia de intereses restrictivos ou particulares.

Si que e certo que cando nos atopamos a nenos ou nenas con TEA xeralmente nos imos a intereses como dinosaurios, coches,… pero en adultos tamén pode tratarse de persoas que teñen un interese brutal pola súa profesión, ou polos ordenadores, ou por un hobbie determinado.

E a dificultade na comunicación non ten por que ser especialmente chamativa, senon que moitas veces pode non ser tan visible.

Cando nos damos conta?

As diferencias aparecen dende o primeiro momento. Sin embargo, normalmente somos capaces de percibilas cando aparecen unhas demandas sociais maiores. Por exemplo, cando xa precisamos comprender ou comunicarnos en maior medida.

Imos a percibir, por exemplo, nenos e nenas que non responden aos sorrisos de forma adaptada. Non so porque non respondan en si, tendo todo o tempo cara seria, senon tamén cando respondan de forma diferente ou pouco adaptada.

Tamén son nenos que poden non:

✔️ O neno non sinala para coller cousas

✔️ Xoga de maneira extraña

✔️ Fíxase en parte das cousas e non nas cousas en xeral. Por exemplo, fíxase en parte do corpo dos bonecos e non no boneco en xeral.

✔️ Non responde ao seu noma cando o chaman.

Nas mulleres os sintomas non son os mesmos, xa que enmascaran mellor os sintomas sociais. Iso fai que o seu diagnóstico sexa máis complexo.

E hai casos nos que hai dificultades da linguaxe, porque tardan en falar ou porque falan de forma extraña, e entón favorécese a posibilidade de comezar cunha avaliación e, polo tanto, tamén de detectalo. Sin embargo, outras veces o que sucede e que se vai pasando por alto, xa que o único co que nos atopamos e cunha persoa que quizáis o que teña sexa comentarios inapropiados en determinadas interaccións sociais ou pode que non entenda determinadas bromas que se lle fagan.

Moitas veces eles queren encaixar, e intentan relacionarse cos demais, pero non dan. Isto fai que se sintan mal, que sintan frustración, soidade. E en lugar de chegar a consulta por TEA chegan por sintomatoloxía ansiosodepresiva, falta de autoestima, …

O diagnóstico entón dase moitas veces

Exemplos visibles:

✔️ Rainman. Pechado nun manicomio
✔️ The big band theory. Visión estereotípica
✔️ Pequeño Sheldon
✔️ The good doctor. Moi válido e listo en todas as áreas.
✔️ A cantante Sia
✔️ Einstein

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions