David Castellanos é Enxeñeiro Técnico Forestal, experto en Xestión de Explotacións, e vainos achegar cada 15 días consellos para ir preparando a nosa horta dende cero.

Neste segundo programa falamos de A HORTA EN XUÑO.

"Xuño é o tempo de comezar coa satisfación de recoller os primeiros froitos, chícharos, fresas...".

"Coa subida das temperaturas e a humidade aparecen moitos fungos como o "Mildeu" e o "Oidio" e tamén insectos como o pulgón".

"En xuño podemos prantar, leituga, acelgas, remolachas, cenouras e porros. E ademáis xa podemos ir preparando os semilleros das coles, repolos, brecol e coliflor".

CONSELLOS:

Regar a primeira e á última hora do día

Eliminar malas herbas

Aporcar patacas, cebolas e allos

Podar e entubar tomates e pementos

Entubar xudias ou fabas de enrame

✔️ Podemos prantar leitugas, acelgas, remolachas, xudias, cenouras, porros.

Preparar semilleros da verdura de outubro, repolo, coliflor e brecol para trasplantar en xullo/agosto.

✔️Co aumento das temperaturas e a humidade:

Vixiar a aparición de pragas e enfermidades, fungos como o "Mildeu" (tomate, pataca e cebola), "Oidio" (cabaciño, cabaza e sandia) e o pulgón (en calquer pranta).

Debe prevalecer a prevención fronte a curación,

✔️SOLUCIÓN

Para o "Mildeu" podemos aplicar sulfato de cobre.

Fronte o "oidio", que suele aparecer nos allos e cebolas debemos aplicar un tratamento de xofre.

Para o pulgón (1 litro de auga + 1 culler de aceite + 1 culler de xabón. Axitar e pulverizar).

Máis Información DAVID CASTELLANOS:

✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/david-castellanos-iglesias-a6358b3b/?originalSubdomain=es

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: @pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas