Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos de Creadores de contido e influencers: son o mesmo?

"Ámbalas dúas figuras teñen un papel moi importante no que é a publicidade online hoxe en día".

"Os creadores de contido son eses usuarios que se centran na elaboración de contidos atractivos, informativos ou entretidos dentro dun nicho específico".

"Un influencer é unha persoa que adquiriu credibilidade, experiencia e un grande número de seguidores nun sector ou nicho específico nas redes sociais".

Un creador de contidos é esa persoa que emprega as súas habilidades creativas para producir material dixital orixinal, como poden ser artigos, vídeos, fotos, blogs, podcasts, publicacións en redes sociais e outros tipos de contido en liña. Estes creadores teñen como obxectivo chegar a un público obxectivo, a miúdo aliñado co seu nicho, sector ou interese concreto que pode ir dende moda e beleza ata tecnoloxía, educación, entretemento, viaxes e moito máis.

O contido que crean estes perfís pode ser informativo, educativo, entretemento ou unha combinación destes elementos. E, do mesmo xeito que poden adquirir diferentes formatos para falar do seu interese concreto, tamén poden escoller diferentes plataformas para difundir o seu contido: YouTube, Instagram, TikTok, blogs persoais, plataformas de podcasts, etc.
Por outro lado, aínda que o principal obxectivo dun creador de contido sexa, precisamente, a de crear este contido diferencial, o seu papel vai moito máis alá. Este participa na interacción coa audiencia, responde a comentario e adapta a súa estratexia de contidos baseándose en como o público reacciona a estes. En definitiva, o creador de contido ten que construír, cultivar e escoitar a comunidade online que se xera arredor do seu traballo ou temática.

Creador de contido e influencer son o mesmo?

✔️Nos últimos anos, o termo content creator volveuse cada vez máis popular e apareceron diferentes categorías dentro deste concepto tan amplo de creación. Atopámonos pois con bloggers, podcasters, vloggers, streamers, artistas, educadores, coaches, escritores ou influencers.

✔️Un influencer é unha persoa que adquiriu credibilidade, experiencia e un grande número de seguidores nun sector ou nicho específico nas redes sociais. Estas persoas destacan pola súa autenticidade, coñecementos e contidos que poden chegar a influír en opinións, comportamentos e
decisións de compra da audiencia.

✔️A principal diferenza entre ambos usuarios é o alcance da súa influencia. Aínda que moitos creadores de contido poden ter unha audiencia fiel e comprometida, non todos eles son necesariamente influencers. Os influencers, polo contrario, adoitan ter un nivel significativo de influencia sobre a súa audiencia pola seu volume de seguidores. Isto pódese manifestar en forma de capacidade para impulsar vendas, promover marcas ou produtos, ou xerar cambios no comportamento dos seguidores.

Porén, ámbalas dúas figuras teñen un papel moi importante no que é a publicidade online hoxe en día. As marcas buscan a este tipo de usuarios, cunha forte presenza e seguidores comprometidos, para que colaboren en campañas promocionais. E isto é porque teñen a habilidade de integrar de
maneira natural e orgánica estes contidos. Porén, malia que estes dous perfís poden interesar ás marcas para anunciar os seus produtos, existen diferenzas entre ambos. Entón, como escoller entre creadores de contido ou influencers?

As preguntas que debemos facernos para escoller un influencer ou un content creator

✔️Que tratamento buscamos do contido? Un creador de contido pode producir recursos detallados, titoriais, guías ou valoracións dentro do seu nicho concreto, polo que se buscamos experiencia e profundidade nun tema en concreto, estes son os que estamos a buscar. Por outra banda, o contido dos influencers destaca pola súa autenticidade o que nos pode axudar a xerar confianza cos usuarios.

✔️Que buscamos co seu rol? Se queremos establecernos como referentes dentro dun sector, colaborar con creadores de contido -os expertos nesta materia- pode axudarnos a crear autoridade. Pola contra, se o que buscamos é unha ampliación rápida da nosa marca, os influencers a a súa elevada cifra de seguidores impulsarán a visibilidade do noso negocio.

✔️Que campaña buscamos? Se estamos á procura dunha campaña educativa que se faga a fogo lento, os creadores de contido son perfectos xa que poden abordar e afondar en temas complexos. Pola contra, para as promocións rápidas, os influencers son perfectos pola súa capacidade de xerar compromiso case de forma inmediata.

En resumo, os creadores de contido son eses usuarios que se centran na elaboración de contidos atractivos, informativos ou entretidos dentro dun nicho específico, pode que non teñan un seguimento masivo pero contan cunha posición relevante porque se valora o seu coñecemento,
creatividade e contido. Doutra man, os influencers son eses creadores de contido que conseguiron un número elevado de seguidores comprometidos nun nicho ou sector, no que ademais contan con credibilidade e autoridade, e son coñecidos e valorados polo seu poder de influencia nas opinións e
decisións de compra da audiencia.

Os creadores de contido dun “sector” específico: o galego

Non podemos esquecernos de mencionar a comunidade de creadores de contido en galego que se está formando e está medrando dende fai uns anos en diferentes redes sociais. Aínda que hai moitísimos máis, estes son só algúns dos exemplos que podemos mencionar:

Se queremos saber sobre contido relacionado coa lingua, cultura e tradición galegas podemos seguir o contido de Prado Rúa (@prado_rua). Se o que buscamos é coñecer máis sobre educación sexual e a menstruación, podemos botarlle unha ollada a Pingando (@pingando.gal), o proxecto da
xornalista, sexóloga e divulgadora Laura Veiga no que, como o nome indica, dá pingas de información estes temas. Ou, se estamos desexosos de estar ao tanto de todos os festivais ou novidades musicais, deberíamos estar ao tanto das publicacións divulgador musical Rodri Míguez (@rodrimiguez) en TikTok. E xa, para rematar, se somos máis de escoitar e de poñer algún contido
interesante de fondo, sempre podemos reproducir algúns dos episodios de podcasts galegos como O Faiado (@faiadopodcast), a sobremesa virtual e cultural do Café Derby 21 (@cafederby21) ou o Exército Mekemeke (@exercitomekemeke).

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions