Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe achéganos Comunicar con humor e amor: os valores de marca e a súa importancia estratéxica.

"Os valores son a esencia da identidade da marca e inflúen na súa cultura organizativa, nas súas decisións empresariais e na forma en que se relaciona co público".

"É importante ter en conta que non deberíamos aproveitar datas importantes asociadas a determinados valores".

"O storytelling é un básico na comunicación dos nosos valores e na creación dunha imaxe de marca dunha empresa".

Cando estamos a facer scroll nas distintas redes sociais nas que temos presenza, se non nos detemos a pensar, seguramente non sexamos conscientes dos diferentes tons e estratexias de comunicación cos que nos podemos atopar. Un estilo formal ou informal, persuasivo, narrativo ou inspiracional, emotivo, amable, técnico… Son moitas as maneiras de
omunicarnos na rede e estas, en xeral, van estar determinadas non só polo noso plan de marketing ou o Social Media Plan, senón tamén por un dos eixes fundamentais de actuación de calquera firma: os seus valores.

✔️Que é isto dos valores?

Dende o nacemento da publicidade puideron xurdir moitas estratexias ou diferentes maneiras de transmitir a mensaxe que busca influír sobre a decisición compra dun servizo ou produto. Pero un aspecto séguese mantendo estable: asociar uns valores determinados a unha marca como estratexia básica.

Os valores refírense aos principios fundamentais e crenzas que guían o comportamento e as accións da empresa. Estes valores son a esencia da identidade da marca e inflúen na súa cultura organizativa, nas súas decisións empresariais e na forma en que se relaciona co público (a súa comunicación).
Os valores dunha marca poden incluír conceptos como honestidade, integridade, innovación, compromiso coa calidade, responsabilidade social e moitos outros. Son a base sobre a cal se constrúe a imaxe e a reputación da marca, conectando coa audiencia e estableciendo unha diferenciación no mercado.

Para ver isto de maneira máis clara, só temos que pensar en algunhas das marcas máis coñecidas:

Coca-Cola, felicidade e optimismo. A Coca-Cola adoita asociarse con momentos felices e optimistas, transmitindo a idea de que o consumo da súa bebida está vinculado a experiencias positivas e celebracións.

Apple, innovación e deseño elegante. Apple está asociada coa innovación
constante e co deseño elegante. Os seus produtos son recoñecidos pola súa
estética e tecnoloxía avanzada.

Nike, determinación, superación e rendemento. Nike está vinculada coa
determinación, o rendemento e a superación persoal. O seu lema "Just Do It"
reflicte esta filosofía.

Dove, autoestima e beleza real. Dove promove valores de autoestima e beleza real, desafiando os estándares tradicionais de beleza e fomentando a aceptación propia.

✔️Como escoller e definir os nosos valores de marca?

Os valores da nosa marca é algo que podemos ter moi claro dende o comezo, é dicir, unha marca pode nacer a raíz duns valores, pero poucas veces é así. O habitual é que as empresas se creen por outras necesidades e logo atopen valores cos que se poidan asociar. Para descubrir os nosos valores, podemos facernos varias preguntas:

Que accións levamos a cabo e cal é a nosa actividade?
Que pensan os consumidores e a audiencia de nós?

En relación a isto, é importante ter en conta que non deberíamos aproveitar datas importantes asociadas a determinados valores como pode ser a sostibilidade, a igualdade ou a defensa dos dereitos do colectivo LGTB ou a muller para facer publicidade. Só deberíamos mostrar este apoio ás causas se o facemos durante todo o ano e se de verdade forma parte da filosofía da corporación.

Comunicar con humor: as claves

Ter uns valores moi claros pode axudar a crear conceptos publicitarios, contido, eventos e mil maneiras máis de seguir conectando coa audiencia. E como se transmiten estes valores? De moitas maneiras, pero é interesante incidir, por exemplo, no humor. En comunicar cun ton distendido, o que se ve que funciona en redes sociais moi ben.

De feito, se se emprega dunha maneira efectiva, pode aumentar a interacción e a lealdade co cliente.

O público obxectivo. Non a todos nos fan gracia as mesmas cousas. E moitas veces o que nos fai gracia e o que non, vén determinado polo noso perfil cultural, económico, generacional, etc.

Observar as tendencias. Temos que manternos ao tanto das tendencias e
memes, xa que incorporar elementos de actualidade no noso contido humorístico pode axudarnos a ser relevantes e chamar a atención da audiencia.

Autenticidade. Ás veces é difícil ser orixinal. Por exemplo, estas tendencias das que vimos falando ou un mesmo meme replicado, rematan por cansar se non se fai dunha maneira orixinal e fresca.

Podemos rirnos e dar argumentos de compra. Unha estratexia que funciona moi ben é a de formular situacións cómicas nas que o noso produto ou servizo é a solución.

Unha dose de humor en cada canle. Se decidimos adquirir esta maneira de comunicar, que non sexa só en Twitter, que é onde máis se presta a facelo.
Deberíamos intentar ser graciosos, aínda que logo modulemos un pouco o ton en función da canle, en todas as redes para que a estratexia de humor en marketing non faga augas.

Resposta de comentarios negativos. Sempre se recomenda non ignorar os
comentarios negativos, xa que é importante atender ás críticas e responsabilizarnos delas cando corresponde. Sen embargo, se son críticas ou valoracións que non se corresponden coa realidade, intentar darlles unha volta humorística é unha alternativa perfecta.

✔️Comunicar con sentimento: a importancia do storytelling

Os valores permiten crear un vínculo emocional co noso público obxectivo. E isto vai a crear compromiso e aumentar a probabilidade de que sexan promotores da nosa marca. Ademais, pon o valor do noso producto ou servizo en algo intanxible, o que reduce a posibilidade de competir polo prezo.

Neste sentido, é fundamental contar historias. E, ao final, o storytelling é un básico na comunicación dos nosos valores e na creación dunha imaxe de marca dunha empresa.

Pero por que e como contar historias?

Conexión emocional. Ao compartir relatos que evocan emocións (valores), a marca pode establecer un vínculo máis forte e duradeiro cos clientes. E, por outro lado, fainos memorables xa que a xente recorda moito mellor unha historia ben contada que una cifra ou unha estatística.

Humanización da marca. Contar historias sobre as persoas que forman parte da empresa, as súas experiencias e valores, fai que a sexamos máis accesibles e cercanos.

Diferenciación. A través do storytelling, podemos resaltar o que nos fai únicos e por qué os usuarios nos deberían escoller a nós.fai única á túa empresa e por que os clientes deben elixirte a ti.

Credibilidade e confianza. As persoas confían máis nas marcas que son
transparentes, consecuentes e auténticas nas súas narrativas.

Flexibilidade de canles. Pódese adaptar a diferentes formatos (redes sociais, blogs, vídeos, etc.), o que fai que sexa unha ferramenta valiosa para comunicar quen somos.

Así que, por favor, comuniquemos sempre os valores en redes sociais, con humor, con amor e, sobre todo, con congruencia e responsabilidade.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions