Lorena Penas, socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital, explícanos como funciona o algoritmo de Instagram.

Unha das maiores ambicións dos profesionais que traballan no sector dixital e en redes sociais é entender ao completo o seu funcionamento, pero o algoritmo destas non adoita facilitar a tarefa. Aínda que non ten nome propio, o de Instagram é un dos máis soados. E, hoxe, falamos un pouco sobre el.

"Cada un dos distintos servizos de Instagram utilizan o seu propio algoritmo adaptado a como os internautas o usan".

"O formato máis novo de Instagram está conformado exclusivamente por vídeos. A plataforma quere fomentar o consumo e creación deste tipo de contido".

"O propósito do consumo das stories é diferente ao do Explore: mentres as primeiras están máis orientadas a estar ao tanto da nosa contorna, o segundo está destinado a descubrir historias completamente novas".

O director da plataforma social, Adam Mosseri, afirma que a rede social “non ten un algoritmo que saiba todo o que a xente ve ou non ve na aplicación”, senón que se usa “unha variedade de algoritmos, clasificadores, e procesos, cada un co seu propio propósito”. O máximo obxectivo destes é, en definitiva, a personalización.

Cada un dos distintos servizos de Instagram, é dicir, o Canal de contidos, Explore ou Reels, utilizan o seu propio algoritmo adaptado a como os
internautas o usan. É dicir, o propósito do consumo das stories é diferente ao do Explore: mentres as primeiras están máis orientadas a estar ao tanto da nosa contorna, o segundo está destinado a descubrir historias completamente novas.

✔️ POR QUE SE ORDENA AS STORIES E O CANAL DE CONTIDOS DESE XEITO?

En 2016, había tal cantidade de información e de contido que os usuarios
perdían o 70% do seu canal de contidos, incluíndo o seu círculo próximo. Aínda que agora temos de novo a posibilidade de consumir Instagram por orde cronolóxica, por aquel entón desenvolveuse un canal de contidos ordenado polo que “nos importaba máis”.

Pero, como se decide iso que nos importa máis? Establecéronse unha
serie de sinais polas que se comezou a construír o algoritmo, entre as que
se poden destacar:

Información sobre o post: datos como a popularidade, a hora de publicación, a duración do vídeo ou a localización, por exemplo.

Información sobre a persoa: determina se a persoa que publicou contido é interesante para nós e, para iso, inclúen aspectos como cantas interaccións conseguiu nas últimas dúas semanas.

A nosa actividade: quizais sexa unha dos sinais máis obvios. O contido que consumimos determina o que se nos mostrará e, por iso, valoran os posts aos que lle demos like ou as contas coas que interactuamos.

✔️ QUE INFLÚE NO EXPLORE?

Na pestana de Explore entran en xogo factores similares, aínda que debemos ter en conta que aquí nos atopamos con contido de usuarios que, por norma xeral, non seguimos.

A popularidade do post: canto tempo tardan os usuarios en darlle
like, comentar, compartir ou gardar o contido. Estes sinais importan moito máis en Explore que no canal de contidos ou as stories.

A historia de interacción: pode aparecer contido totalmente novo e co que nunca tiveramos contacto con anterioridade. Con todo, se nos atopamos con publicacións con cuxo creador interactuamos, esta acción ofrece un sentido de como de interesados estamos na súa publicación.

A nosa actividade: os likes, gardados ou comentarios influirán no
contido que se nos mostrará.

Información sobre a persoa que publica: como o número de veces
que a xente interactuou con ela nas últimas semanas. Isto axuda a atopar contido atractivo dunha ampla gama de persoas.

✔️ QUE MIDE O ALGORITMO NOS REELS?

O formato máis novo de Instagram está conformado exclusivamente por vídeos. A plataforma quere fomentar o consumo e creación deste tipo de contido polo que o algoritmo favorece o alcance orgánico dos posts que
realizamos en Reels. Pero, que valora neles?

A nosa actividade: fíxase en que Reels gustáronnos, comentamos ou seguimos recentemente.

Interacción: do mesmo xeito que en Explore, é moi probable que se nos
mostren vídeos cos que nunca interactuásemos antes.

Información sobre o Reel e o creador. Aquí inclúense datos como a pista de audio, a compresión de vídeo baseada en píxeles e fotogramas enteiros, así como a popularidade.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

Máis Información e outras entrevisas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions