Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos de Como facerlle fronte ás vacacións en redes sociais.

"Abandonar as redes sociais, aínda que sexa durante un período relativamente curta pode afectar negativamente a percepción da marca".

"A tempada estival é unha oportunidade máis para conectar coa audiencia a través de contido estacional".

"Podemos configurar respostas automáticas nas nosas plataformas de mensaxería para que os nosos clientes saiban que estamos de vacacións".

Chega xuño e seguro que moitos de nós xa estamos pensando nas vacacións deste verán. É un tempo para relaxarse, desconectar e recargar enerxías pero no mundo dixital de hoxe, as redes sociais dun negocio non deberían descansar. Manter unha presenza activa, sen importar a época do
ano, é crucial para a continuidade e crecemento da túa marca. Entón, como podemos xestionar as nosas redes sociais durante as vacacións sen comprometer o noso dereito a descansar e desconectar?

Por que é importante manter as redes sociais activas?

✔️A consistencia e a constancia na mensaxe é clave no marketing dixital.

Abandonar as redes sociais, aínda que sexa durante un período relativamente curta pode afectar negativamente a percepción da marca e facer que perdamos engagement. E non só porque os usuarios perdan interese os se esquezan de nós, senón que ao algoritmo das diferentes plataformas dixitais non lle gusta moito que collamos vacacións e adoita restarnos visibilidade cando temos tempadas de parón.

Por outro lado, a tempada estival é unha oportunidade máis para conectar coa audiencia a través de contido estacional, promocións e ofertas especiais, por exemplo. Ademais, tamén temos que ter en consideración que mentres nós descansamos, a nosa competencia pode seguir activa, polo que manterse presente axuda a non perder terreo fronte a esta.

Estratexias para manter activas as nosas redes sociais

✔️ Planificación e programación de contidos.

Unha das mellores formas de asegurar que as nosas redes sociais sigan activas durante as vacacións é planificar e programar contido con antelación. Podemos empregar ferramentas de xestión de redes sociais como Hootsuite, Metricool
ou as propias ferramentas de programación que nos dá cada plataforma. Deste xeito poderemos crear un pequeno calendario de contido que inclúa publicacións relevantes e interesantes que se publicarán automaticamente mentres estamos co cartel de pechado colgado.

✔️ Delegar responsabilidades.

Se contamos cun equipo, poderíamos delegar a xestión das redes sociais a un membro de confianza. Se facemos isto, deberíamos asegurarnos de que esta persoa estea ben informada sobre a estratexia e ton da marca. Poderíamos, por exemplo, proporcionarlle guías claras e, por suposto, acceso a todos os recursos necesarios para que poidan manexar calquera situación que poida xurdir.

✔️ Automatización e respostas automáticas.

Podemos configurar respostas automáticas nas nosas plataformas de mensaxería para que os nosos clientes saiban que estamos de vacacións e cando poden esperar unha resposta. Tamén podes crear respostas automáticas ás preguntas máis frecuentes.

✔️ Reutilización e curación de contido.

Aínda que non debe ser nunca a tónica xeral, as vacacións son un bo momento para reutilizar e reciclar contido que xa teñamos publicado. Podemos empregar entradas de blog, vídeos ou imaxes que tivesen bo engagement e darlle unha volta. Outra cousa que podemos facer é curación de contidos, é dicir, compartir publicacións doutras contas afíns a nós, nas nosas redes.

✔️ Interacción mínima planificada.

Se non podemos delegar completamente, poderíamos establecer un tempo mínimo diario para revisar e responder comentarios ou mensaxes urxentes.
Dedicar uns minutos ao día pode ser suficiente para manter a interacción (a cal é moi importante, aínda que case sempre se nos olvida que é unha parte esencia da estratexia de comunicación de calquera marca) sen comprometer o noso tempo de descanso.

✔️ Campañas e e concursos.

Lanzar unha campaña ou un concurso antes de irnos de vacacións e
que finalice ou se resolva ao noso regreso, pode ser unha estratexia interesante se queremos manter a participación activa nas nosas redes durante a nosa ausencia. En definitiva, isto non só mantén á audiencia comprometida, senón que tamén xera contido e participación sen requirir a túa presenza constante.

En conclusión, manter as redes sociais dun negocio activas durante as vacacións é importante para a continuidade da túa marca. Cunha planificación axeitada, delegación de tarefas e o uso de ferramentas de automatización, podemos asegurarnos de que a nosa presenza en liña siga sendo forte mentres gozamos dun merecido descanso. A clave está en atopar un equilibrio que nos permita desconectar sen descoidar o noso negocio

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions