Lorena Penas, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos de como establecer un contrasinal seguro.

Internet é un lugar marabilloso, cheo de oportunidades, de coñecemento, contido e con centos de maneiras de comunicarse. Sen embargo, ao igual que sempre comprobamos que a porta da nosa casa está ben pechada, é necesario garantir a seguridade das nosas contas e, por ende, dos nosos datos. E, máis aínda, se temos en conta que estamos, de media, en seis redes sociais.

"O 56% dos usuarios asegurar non cambiar nunca os seus contrasinais ".

"O 42% dos usuarios e usuarias, empregan o mesmo contrasinal para todos os seus servizos, o cal é unha práctica que expón a nosa seguridade na rede.

"Recoméndase cambiar de contrasinal unha vez ao ano para evitar calquera risco".

O primeiro xoves de cada maio, dende o 2013, celébrase o Día Mundial do Contrasinal. Esta data ten a súa orixe no libro Perfect Passwords, do investigador en seguridade Mark Burnett, que animaba a establecer un nivel de seguridade alto na elección e emprego de contrasinais. Neste sentido, propuxo celebrar un día para concienciar ao usuario da importancia e necesidade de crear contrasinais seguras e robustas xa que son a chave á información persoal que se poida atopar en redes sociais, no email ou noutras aplicacións como podería ser a do banco.

A simplicidade os dicionarios de contrasinais

Unha enquisa realizada por unha empresa de seguridade chamada S2 Grupo, afirma que o 56% dos usuarios asegurar non cambiar nunca os seus contrasinais e, por se isto fose pouco, tamén din empregalas durante anos. Na mesma liña, o 42% dos usuarios e usuarias, empregan o mesmo contrasinal para todos os seus servizos, o cal é unha práctica que expón a nosa seguridade na rede.

O primeiro erro que cometemos á hora de establecer un contrasinal para as nosas contas é a súa simplicidade. É evidente que se protexemos unha plataforma cunha secuencia de números como “1234”, a data no noso aniversario ou o noso nome, non vai ser o suficientemente segura.

Por outra banda, hai outros contrasinais que, en apariencia son seguros, pero non o son. Por exemplo, unha clave que cumpriría isto sería a confirmada polas primeiras letras do noso nome, as primeiras letras do noso apelido e algún símbolo ou número. Parece complexo pero non o é porque este tipo de patróns, están incorporados no que se coñece como dicionarios de contrasinais.

Estes dicionarios son ficheiros de texto que conteñen as palabras máis probables empregadas como contrasinais e, axudado dun xenerador de diccionarios, pódese automatizar a construción destes listados e atopar tanto nomes como claves de usuarios. Deste xeito, se está ben creado, pódense chegar a descubrir datos cun nivel de seguridade intermedio e nun tempo razonable.

Mesmo contrasinal para todas as redes e tempo de cambio

Por outra banda, sobra dicir que non é recomendable empregar a mesma clave para todas as plataforma dixitais. Temos que pensar que, se algún cibercarracho rompe coa barreira de seguridade en tan só unha destas redes e a clave é a mesma para todas, non tardará en chegar ás demais plataformas e a todos os datos que poidamos ter protexidos por este contrasinal.

Así mesmo, recoméndase cambiar de contrasinal unha vez ao ano para evitar calquera risco.

Como manter os nosos datos seguros

Entón, que debemos facer para conseguir un contrasinal forte? En primeiro lugar, debe ter polo menos 10 caracteres. Unha vez cumprida esta premisa, ademais, deben diferenciarse entre letras maiúsculas e minúsculas e ter números e caracteres especiais como exclamacións, interrogacións, guións, etc.

E, por outro lado, aínda que anotar todas estas claves nun papel está xenial, xa hai opcións dixitais coas que manter a bo recaudo os contrasinais. Trátase dos xestores de contrasinais. Este e unha ferramenta deseñada para axudar aos usuarios a xestionar e almacenar de forma segura os seus contrasinais e datos de acceso. Estas aplicacións adoitan cifrar os contrasinais e outros datos confidenciais, como números de tarxetas de crédito, información de contas bancarias e notas privadas, utilizando técnicas de cifrado avanzadas.

Desta maneira, os xestores de contrasinais permiten aos usuarios crear contrasinais complexos e únicos para cada conta, o que mellora significativamente a seguridade en liña ao evitar o uso de aqueles máis doados de adiviñar ou reutilizados. Ademais, adoitan ofrecer funcións como a xeración automática de contrasinais, sincronización entre dispositivos, acceso biométrico e a capacidade de completar automaticamente formularios de acceso.

Hai moitos exemplos destes xestores como NordPass, My Passwords, 1Password, Keeper, Dashlane, SafeInCloud ou aWallet, entre outros.

Ao utilizar un xestor de contrasinais, os usuarios só precisan lembrar unha clave mestra para acceder a esta caixa forte de contrasinais. Isto facilita o uso de contrasinais fortes e únicos para cada conta sen ter que lembralos todos.

E, neste sentido, pode servirnos como reflexión e como guía para establecer unha clave e é que, se o noso contrasinal é fácil de lembrar, entón non é seguro.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions