Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos de como educar a un fillo/a adolescente.

Algúns pais séntense perdidos cando tratan de comunicarse cos seus fillos adolescentes. Aínda que en moitas ocasións a adolescencia é unha etapa de gran tensión e confusión para as familias (tanto para os adultos como para os propios adolescentes), o certo é que se trata dunha etapa de crecemento persoal na que as persoas decidimos cara a onde queremos ir, e iso xera moitísimas dúbidas e incertezas.

"A adolescencia é un momento no que os fillos/as empezan a explorar un novo sentido de liberdade".

"É importante lembrar que o noso fillo ten que poder falar e expresar as súas ideas, pensamentos e sentimentos tendo en conta que é máis que probable que non todo o que escoitemos nos vaia gustar.".

"A vida dun adolescente non se reduce ás súas notas ou os seus estudos. A vida do teu fillo adolescente é moito máis que iso. Pregúntalle polos seus intereses, as súas amizades...".

Podemos dicir que a adolescencia é unha das etapas máis importantes do noso ciclo vital, polo que os nosos adolescentes necesítannos máis que nunca, aínda que doutra forma.

Que podemos facer os pais para acompañar aos nosos fillos adolescentes nestes momentos?.

SE EMPÁTICO/A

Fai un exercicio de empatía e tenta poñerte no lugar do teu fillo, tanto á hora de falar con el como á hora de valorar os seus comportamentos. Lembra que ti tamén fuches adolescente e tiveches as mesmas necesidades que ten hoxe o teu neno.

PRACTICA A ESCOITA ACTIVA

Tendemos a escoitar para contestar, polo que perdemos a verdadeira mensaxe de quen nos fala. Escoitar activamente significa estar presente, con todos os sentidos postos niso, sen emitir xuízos nin valoracións. Esquecendo as etiquetas e as palabras despectivas.

Aquí é importante lembrar que necesitamos ceder a nosa quenda de palabra para que o noso fillo poida falar e expresar as súas ideas, pensamentos e sentimentos tendo en conta que é máis que probable que non todo o que escoitemos nos vaia gustar.

POSIBILITA A TOMA DE DECISIÓNS

Se non deixamos aos adolescentes tomar decisións, nunca aprenderán a facelo, polo que fomentaremos a inseguridade e a dependencia de que outros tomen as decisións por eles. Deixa que tomen as súas propias decisións e mantente aí por se che piden a túa opinión.

PRACTICA A HONESTIDADE EMOCIONAL

Facer por eles as tarefas do colexio ou instituto, recoller a súa habitación, levar a súa roupa sucia ao cesto para lavar, colaborar nas tarefas de casa... son unha chea as cousas que os nosos fillos poden facer e en moitas ocasións facémolas nós por evitar unha discusión. Ser honestos con eles e explicarlles como sentimos nesas situacións favorece que eles tamén o sexan connosco.

MOSTRA INTERESE POLA SÚA VIDA

Lembra que a súa vida non se reduce ás súas notas ou os seus estudos. A vida do teu fillo adolescente é moito máis que iso. Pregúntalle polos seus intereses, as súas amizades ou as súas preocupacións coidando tanto a túa comunicación verbal como a non verbal. O noso corpo fala aínda que nós calemos!

4. ENFOCATE NA PROCURA DE SOLUCIÓNS

Cando xurda un problema, chegue tarde ou non recolla a súa habitación... esquece as críticas, as etiquetas ou as humillacións e céntrache en buscar unha solución xuntos. É importante que faledes sobre como alcanzar esa resposta ou solución. Explícalle ao teu fillo adolescente o que sentes ante esa situación, o que necesitas e pídelle a el que faga o mesmo. Unha vez falado, buscade unha solución que sexa válida para ambos.

NON O TOMES COMO ALGO PERSOAL

Non esquezas que o teu adolescente, aínda que o vexas maior, segue sendo unha persoa en desenvolvemento que está a atravesar unha das etapas máis complexas da súa evolución. Así que evita pensamentos tipo "faino para sacarme de quicio" ou "estame poñendo a proba" porque, aínda que non o digas en voz alta, estás a emitir un xuízo cara ao teu fillo que condiciona, e moito, a vosa relación.

CONFÍA NO TEU FILLO/A

Por último, pero non menos importante, confía no teu fillo ou filla adolescente e transmítello cando fales con el. Aínda que ás veces resulte difícil de crer, está envolvido nun vórtice emocional e hormonal que fai que todo sexa moi intenso, pero non ten malas intencións nos seus comportamentos. Todos eles teñen un PARA QUE. O teu fillo necesita explorar e descubrir o mundo desde esta nova perspectiva.

⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions