Falo con Olaia Bajo, membro da plataforma "COLES NEGROS". Un grupo de nais, pais, profes... fartas de anos de loita aquí, loita alá buscan axuntar de vez coles, institutos, profes, non docentes, alumnado, familias... toda a sociedade en demanda dunha educación pública de calidade e galega.

""COLES NEGROS" consiste nun BASTA XA!, nun non podemos máis ante os recortes que levamos sufrindo, e que se viron especialmente acentuados este verán, na educación pública".

"Queremos que todos os xoves toda a sociedade amose o seu loito por esta morte que estamos vivindo, da educación pública".

"Na plataforma sumamos á sociedade enteira porque os recortes en educación afectan á sociedade enteira e ao noso futuro".

"Aos xoves, loito no ensino".

A partir deste 23 de setembro activase a iniciativa "COLES NEGROS". Unha iniciativa co que se pretende manter acesa a defensa dun ensino público digno, de calidade e galego a través da presión constante cunha campaña de protesta que perdure no tempo, que se entenda no espazo, por tódolos centros do país, e que se implique toda a comunidade educativa, dende as familias até o persoal docente e non docente e o alumnado.

Para facer visible esta loita, tomouse como exemplo outras loitas vixentes como #EnNegroContraAsViolencias, xurdido o 25 de novembro de 2015 en Compostela, en contra do terrorismo machista e #VenresNegros que denuncia a desfeita da Televisión de Galicia, iniciados en maio do 2018; ou nos #MartesNegro da Asamblea De Investigadoras de Compostela por uns dereitos dignos e un trato igualitario para o persoal da Universidade de Santiago, que xa levan máis de cen.

Máis Información ”COLES NEGROS”:

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/colesnegros/

✔️ Correo: [email protected]

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions