Lorena Penas, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos do Chat GPT-4o.

Cando se fala de chat GPT (Generative Pre-trained Transformer) faise referencia ao modelo de linguaxe natural desenvolvido por OpenAI. Estes modelos, que empregan unha arquitectura de redes neuronais chamada transformer e que se introduciron por primeira vez no 2017, funcionan a
través do adestramento de grandes cantidades de información extraídas da rede que lles permite aprender a estrutura e os patróns da linguaxe.
Deste modo, os modelos GPT poden ser usados para unha variedade de aplicacións, como chatbots, tradución de linguas, resumo de texto, resposta a preguntas, creación de contido, e moito máis. A súa capacidade para xerar texto coherente e relevante en diversos contextos fixo que sexan ferramentas moi útiles en moitos campos.

"Deste modo, os modelos GPT poden ser usados para unha variedade de aplicacións".

"Fai apenas uns días, aos usuarios de Chat GPT sorprendeunos una nova actualización: o Chat GPT-4o".

" A intelixencia artificial vainos a entender o que lle escribamos por texto ou o que lle enviemos en formato de imaxe, audio ou vídeo. Isto fai que a maneira na que interactuamos coa IA sexa moito máis flexible".

Evolución GPT-3.5 ata GPT-4

O GPT-4 é a versión de pago de Chat GPT-3.5 e esta ofrece unha serie de melloras e novas funcións.

1. Comprensión e xeración de texto melloradas.

O GPT-4 ofrece respostas máis precisas e coherentes en comparación co GPT-3.5. Por exemplo, se lle preguntamos a GPT-4 sobre os efectos do cambio climático, pode darnos unha resposta detallada que inclúa o impacto na subida do nivel do mar, a perda de biodiversidade e os fenómenos meteorolóxicos extremos, mentres que o GPT-3.5 daríanos unha resposta máis xenérica.

2. Maior contexto.

O GPT-4 pode manexar contextos máis longos, máis complexos e seguir o fío
da conversación por máis tempo. Isto quere dicir, por exemplo, que nunha conversa sobre a planificación dunha viaxe, o GPT-4 pode lembrar que mencionamos que nos gustan as praias e suxerir destinos específicos que teñen praias fermosas, aínda que iso se mencionase varias mensaxes atrás.

3. Capacidade multimodal.

Unha das innovacións máis destacadas do GPT-4 é a súa capacidade para interpretar e describir imaxes. É dicir, se lle enviamos unha foto dunha praia, GPT-4 pode describir a escena dicíndonos que hai area branca, palmeiras e un ceo despexado, e mesmo pode suxerir actividades que poderiamos facer alí, como nadar ou facer surf.

4. Coñecemento actualizado.

Está adestrado cunha base de datos actualizada ata 2023, polo que as respostas que nos dá poden ser moito máis amplas.

5. Interacción máis avanzada.

Ofrece unha conversación máis fluída, con respostas máis naturais e contextualmente máis axeitadas. Isto é, se por exemplo lle pedimos que nos dea unha receita e logo queremos substituír ingredientes para que sexa vexetariana, pode facer suxerencias dunha maneira máis fluída e coherente.

6. Comprensión de tarefas complexas.

É máis eficaz na comprensión e execución de tarefas complexas e multistep. Por exemplo, se lle pedimos axuda para crear un plan de estudo para un
exame, GPT-4 pode dividir o plan en varias fases, suxerir recursos de estudo específicos e dar consellos sobre como xestionar o tempo de forma eficiente.

7. Seguridade e ética melloradas.

Ten mellores filtros para detectar e evitar contido inapropiado ou dañino, de maneira que se intentamos buscar información sobre temas sensibles ou perigosos, pode redirixirnos a fontes seguras ou ofrecer mensaxes de advertencia sobre a seguridade en lugar de proporcionar información potencialmente perigosa.

Chega a última versión: Chat GPT-4

Fai apenas uns días, aos usuarios de Chat GPT sorprendeunos una nova actualización: o Chat GPT-4o, accesible para aqueles que pagan pola súa versión Plus e os que non. As diferenzas esenciais entre a súa versión máis premium son incribles.

✔️En primeiro lugar, é capaz de ofrecer respostas case instantáneas: se antes tardaba 5 segundos, a versión actual só espera 320 milisegundos.

✔️Por outro lado, destaca polo procesamento multimodal. É dicir, a intelixencia artificial vainos a entender o que lle escribamos por texto ou o que lle enviemos en formato de imaxe, audio ou vídeo. Isto fai que a maneira na que interactuamos coa IA sexa moito máis flexible.

Estas son algunhas das características que ofrece na aplicación Chat GPT, tanto de maneira gratuita como de pago. Iso si, para os usuarios da versión gratuíta, o límite de uso é de 50 mensaxes diarias, mentres que na versión plus chega ás 25 mensaxes cada tres horas. Polo visto, esta limitación forma parte da política de OpenAI para xestionar o uso e asegurar que a infraestrutura pode soportar a demanda e asegurar que todos os usuarios poden acceder ao servizo sen interrupcións significativas.

✔️Sen embargo, hai outras funcións que se limitan aos usuarios que teñen a versión de pago e que xa comezan a parecer de películas de ciencia ficción. Esta versión é quen de ofrecernos unha resposta en voz que mostrará emocións. Ademais diso, pode interpretar a nosa expresión facial e diferenciar a tristeza da felicidade; realizar traduccións en tempo real que manterán o ton orixinal ou reaccionar a cousas que lle poidamos ensinar como pode ser a nosa mascota a través da webcam,

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions