Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe achéganos a carta aberta dunha Social Media Manager á sociedade e Zuckerberg.

Un Social Media Manager é o profesional que se encarga da xestión das redes sociais dunha empresa e as súas funcións van moito máis alá de darlle ao botón de publicar. Entre as súas responsabilidades pódese incluír a creación de contido, interactuar coa audiencia, planificar estratexias de comunicación en base a uns obxectivos corporativos e facer unha monitorización constante para comprobar que estes se están a cumprir e, de non facelo, poder corrixilo. É un traballo importante para a presenza en liña dun negocio ou figura pública e para o que é preciso ter unha formación.

"Temos as ferramentas necesarias para explotar todo o potencial que teñen as redes para a conexión e promoción dun negocio".

"Pedimoslle a Zuckerberg, como usuarias e profesionais, que mellore as ferramentas e plataformas que xa ten antes de comezar con outras novas".

"A moitas persoas cústalles confiar na labor do Social Media Manager. Pero como en calquera outra profesión, podemos rendir contas dos nosos pasos".

Un remedio para o sobrinitis

Precisamente, se falamos de formación, cando un usuario xeral pensa no papel dun SMM é un aspecto que adoita deixar de lado. A fin de contas, todos (ou case todos) sabemos usar as redes sociais, non? É por iso, que a nosa primeira demanda, desta carta aberta que traio hoxe, é atopar un remedio para a sobrinitis.

De seguro que acontece en máis profesións pero no marketing dixital semella que todos teñen sobriños incribles. Non é a primeira vez, nin a última, que algún potencial cliente comeza con “é que teño un sobriño que sabe desto e me leva as redes”. Non dudamos que saiba pero ese sobriño menor de idade posiblemente non teña a formación necesaria para executar todas as tarefas
desta profesión de maneira efectiva.

Graos como o de publicidade, xornalismo, comunicación audiovisual, belas artes, marketing dixital ou estudos máis específicos orientados a determinadas áreas como másteres en dirección de arte ou comunicación en medios sociais. Os profesionais teñen ao alcance da súa man centos de
maneiras de especializarse no sector e, precisamente, estes estudos tan concretos, fannos pensar que quizais con ser usuario activo e consumidor frecuente de redes sociais non é suficiente para ser SMM.

Isto da “sobrinitis” non é algo que lle aconteza só a Actualizados, senón que é unha enfermidade bastante extendida. De feito, hai un encontro de profesionais do sector que se chama Raiola Marketing Conference que empregou esta afección na súa publicidade. Os carteis publicitarios para
o evento rezan: “marketing? Se iso lévao meu sobriño? Traémosche aos mellores sobriños de España no evento de marketing máis molón. Algúns ata teñen máis de 20 anos”.

Deixar a desconfianza de lado

A figura do Social Media Manager é relativamente recente. Naceu co desenvolvemento das redes sociais. As plataformas dixitais que coñecemos hoxe en día apareceron nos primeiros anos do século XXI: Facebook aterrou no 2004, Youtube no 2005, Twitter no 2006, WhatsApp no 2009 e Instagram no 2010. Nesta última data é cando se rexistra a aparición deste profesional e o resto da historia xa a coñecemos.

Ao ser un traballo tan novo e tan abstracto (ao final, as redes sociais non son tanxibles), a moitas persoas cústalles confiar na súa labor. Pero como en calquera outra profesión, podemos rendir contas dos nosos pasos. Máis alá de mostrar todo o contido creado, podemos valernos das métricas.

Todas as plataformas dixitais teñen estatísticas para poder facer un seguimento dos obxectivos que nos teñamos marcado. Twitter Analytics, os Insights de Instagram, a plataforma de Meta… Todas elas nos mostran estatísticas como a alcance das publicacións, o seu impacto, clics nos enlaces, os me gusta ou reacciones, o engagement, fainos una segmentación do público que nos ve, indicanos cal é o contigo que máis gusta, etc.

Publicar os fins de semana á tarde: acerto ou erro?

Moitos usuarios e clientes pensan que a mellor hora para publicar é durante a tarde ou á noite e, os mellores días, a fin de semana. É unha conclusión á que moitos podemos chegar: a esas horas estamos máis libres, non estamos a traballar e temos máis tempo para estar cos nosos dispositivos móbiles.

Aínda que a realidade está ben lonxe. Así o demostran estudos como o de Social Sprout, no que se demostra que a mellor hora está polas mañás e os mellores días son o martes e o mércores. Isto terá pequenos matices dunha rede social a outra:

✔️ Facebook. En xeral, de 8.00 a 14.00 horas, de luns e os xoves.

✔️ Instagram. En xeral, de 9.00 a 13.00 horas, os martes e mércores.

✔️ Linkedin. En xeral, de 10.00 a 12.00 horas, de martes a xoves.

✔️ Twitter, en xeral, de 9.00 a 14.00 horas, de martes a xoves.

✔️ TikTok. Aquí si apreciamos diferenzas, xa que as mellores horas son, en xeral, de 14.00 a 17.00 horas, os martes e mércores.

Vender, vender e vender

Se hai un obxectivo frustrado por excelencia en redes sociais é o de vender. As plataformas dixitais non son unha canle directa de venda, non son un catálogo de produtos ou servizos, senón un escaparate virtual no que mostrar a nosa marca, os nosos produtos, os nosos valores e todo o que nos rodea.

As redes sociais son un medio excelente para darlle visibilidade á nosa marca e conectar co público. Son un altavoz para nós que, se os usamos ben, podemos chegar aos nosos clientes potenciais e, na súa man, estará a decidir se mercarnos ou non.

Zuckerberg: menos copiar e máis mellorar

Mark Zuckerberg foi o creador de Facebook e, hoxe en día, está á fronte da corporación tecnolóxica Meta. Baixo o seu paraugas atópanse aplicacións como Facebook, Messenger, WhatsApp, Instagram, Meta Horizon, Giphy ou Threads.

Zuckerberg adoita mirar á mesa do lado antes de pedir. Ou o que é o mesmo: sempre que atopa a oportunidade, copia a aplicación do lado ou cómpraa. Isto podémolo ver non só en Instagram, que cada vez se semella máis a TikTok, senón tamén na última creación do magnate: Threads. Esta
aplicación lanzouse fai uns meses, en xullo, momento no que Twitter tambaleaba coas decisións de Elon Musk. Isto serviulle para conseguir, nun día, 70 millóns de usuarios rexistrados. E é que, esta aplicación, aínda que é necesario ter unha conta de Instagram vinculada, funciona á imaxe e
semellanza de Twitter (X).

O que lle pedimos a Zuckerberg, como usuarias e profesionais, é que mellore as ferramentas e plataformas que xa ten antes de comezar con outras novas. En Instagram, fai que as stories non perdan calidade ao incluír música ou gifs e non nos mostren Reels na páxina de explorar que xa teñen meses. No Meta Business Suite, que é a plataforma de xestión, planificación e programación de contido de Facebook e Instagram, fai que funcione como debería aínda que sexa un só día e inclúe un buscador de emojis para que non nos leve a vida enteira escribir un copy -o texto que acompaña ás publicacións- no ordenador. E, por último, WhatsApp, por que non incorporar unha carpeta para organizar todos eses stickers cos que mantemos conversacións para
atopalos con maior facilidade?

En definitiva, temos as ferramentas necesarias para explotar todo o potencial que teñen as redes para a conexión e promoción dun negocio. E, nos hombros dos profesionais do sector e das empresas que confían neles, recae a responsabilidade de traballar man con man, de maneira respectuosa e comprensiva, para facer despegar o escaparate virtual de calquera marca.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions