Falo con Carlos Callón sobre a presentación de "O libro negro da lingua", na Estrada e do poemario "A abertura da boca" (ver ligazóns )

Carlos Callón é profesor de Xeografía e Historia no Instituto Espanhol de Lisboa. Ocupou máis dunha década a presidencia da Mesa pola Normalización Lingüística, institución na cal é presidente de honra. Publicou varios poemarios e ensaios, polos cales gañou premios como o Careón ao conxunto da súa carreira literaria, os Concello de Ames e Fernández del Riego de poesía, os Vicente Risco e Fervenzas Literarias de ensaio, entre outros.

"A poesía é fundamental para expresar en palabras aquelo para o que non encontramos palabras".

"A escola trovadoresca galego-portuguesa é das máis importantes de Europa e sabémolo grazas a arquivos portugueses ou italianos, nós non temos nin un só documento".

"Hai moitas normas que se utilizaban en contra do galego, pero que non as coñecemos porque non se publicaban no BOE".

Sábado 15 de abril
19.00 h entrada de balde
️ SALA ABANCA, A Estrada: https://goo.gl/maps/gBFY9P3m6qD3RsVn7

Mercar "A ABERTURA DA BOCA": https://editorialgalaxia.gal/produto/abertura-da-boca/

Mercar " O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA": https://www.xerais.gal/libro.php?id=7169503

✔️ A ABERTURA DA BOCA:

No Antigo Exipto existiu un ritual relixioso que recibiu o nome de “abertura da boca”, uep-rá. Con el, conseguíase que unha momia recuperase as funcións de alimentarse, comer, beber, respirar e ollar, ou ben que unha estatua cobrase vida. Carlos Callón convoca esta metáfora para se debruzar sobre unha “certa estadía nun certo inferno” e levarnos canda el polos lindes inmapeábeis dunha dor que non quere ser desterrada.

✔️O LIBRO NEGRO DA LINGUA GALEGA:

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos.Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego". Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que perseguían o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as "Cantigas de Santa María" por achar «extravagancia y mal gusto» a poesía en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba "Rianjo" no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal.Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une.

Máis Información CARLOS CALLÓN:

✔️ Páxina Web: http://www.carloscallon.com/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/CarlosCallon

✔️ Twitter: https://twitter.com/carloscallon

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/carloscallon/

✔️ TIKTOK: https://www.tiktok.com/@carloscallon

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCAY7q7Dc9q7NOJX5PT0bD3w

Máis Información “AC VAGALUMES - TABEIRÓS MONTES”:

✔️ Páxina Web: https://www.tabeirosmontes.com/a-c-vagalumes.html

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/tabeirosmontes/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/acvagalumes/

✔️ Twitter: https://twitter.com/TabeirosMontes

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/tabeirosmontes.vagalumes/?hl=af

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/c/TabeirosMontes

✔️ Vimeo: https://vimeo.com/tabeirosmontes

✔️ Flickr: https://www.flickr.com/photos/108706054@N04/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions