CAMIÑO CIRCULAR é unha cooperativa interdisciplinar de tres mulleres coñecedoras da contorna, onde crean camiños que xeren un impacto positivo a través da colaboración con tódolos axentes do territorio. Constrúen proxectos comprometidos e responsables que parten da innovación social e cultural como maneira de transformar o noso rural.

Hoxe falamos con Mar Blanco Casais, unha das súas fundadoras.

"Dun xeito creativo e de participación social diseñamos proxectos para dar resposta nestos camiños, que entendemos que hai moito que facer, para visibilizar e empoderar á muller que vive no rural".

"A muller rural xoga un papel moi importante na nosa área de influencia e en xeral en toda Galicia, entre outras cousas porque representa máis da metade das persoas traballadoras".

"Parece que é básico que para avanzar nunha sociedade igualitaria cobra vital importancia a independencia económica, por eso é importante ofrecer recursos para que as mulleres empoderadas poidan tomar a determinación de acceder a un posto de traballo digno".

CAMIÑO CIRCULAR céntrase en 5 camiños para descubrir outros novos:

CAMIÑO AMBIENTAL:

✔️ Paseos sonoros e temáticos no rural: aulas na natureza para coñecer lugares de interese patrimonial e natural; escoita da contorna para fomentar o coñecemento do ecosistema, da biodiversidade e dos seus recursos.

✔️ Divulgación de iniciativas sostibles contra o abandono do rural: xornadas informativas e formativas para coñecer proxectos sostibles xa desenvolvidos que sirvan de exemplo e modelo para o conxunto da sociedade.

✔️ Creación artística en espazos naturais: impulso de espazos de creación artística en ambientes naturais para atraer ao público e valorizar a paisaxe rural (murais creativos, reciclaxe de obxectos, xogos tradicionais, contacontos, teatro).

✔️ Obradoiros de concienciación ambiental: organización de talleres formativos e creativos abertos a tódolos públicos para potenciar actividades ambientalmente sostibles, impulsando a acción participativa e responsable.

✔️ Xornadas musicais polo coidado do medio ambiente: organización de concertos, obradoiros, charlas e aulas de música abertas para potenciar a conexión coa contorna e a sensibilidade ambiental.

CAMIÑO ARTÍSTICO:

✔️ Clases de música no rural para tódolos públicos: clases individuais e colectivas de piano, iniciación musical e teoría musical, abertas para desfrutar e achegarnos á música sen barreiras de idade nin barreiras xeográficas ou socioeconómicas.

✔️ Obradoiros temáticos a través das artes: intercambio de experiencias interculturais e interxeracionais empregando as artes musicais, plásticas e visuais como medio de integración e sensibilización para loitar contra o despoboamento e abandono do rural.

✔️ Creación dunha rede de instrumentos gratuítos: impulso dun banco de instrumentos libre para que colectivos en risco de exclusión poidan acceder á música sen barreiras.

✔️ Construción de instrumentos con materiais reciclados: actividades de bricolaxe para fabricar “cotidiáfonos”, instrumentos musicais que nos permiten dar unha nova vida aos residuos cotiáns e facer máis accesible a música.

CAMIÑO LOCAL:

✔️ Servizos orientados á produción local: posta en valor do patrimonio cultural e natural a través dunha rede de apoio e promoción aos produtores locais (agricultores, gandeiros, artesáns, artistas, músicos e outros colectivos emprendedores).

✔️ Recuperación e creación de rutas e lugares de interese: recuperación e dinamización dos camiños histórica e culturalmente ligados ao Camiño de Santiago na nosa contorna.

✔️ Dinamización de espazos públicos e negocios locais: impulso de actividades creativas e sostibles para visibilizar o pequeno comercio e avivar espazos de intercambio (praza de abastos, albergues, prazas públicas) partindo da cultura da economía circular.

✔️ Promoción dunha alimentación sostible: creación de obradoiros e iniciativas para estimular un consumo de proximidade, saudable, sostible e de temporada (horta urbana, visita a produtores, menús saudables, receitas do mundo, cociña tradicional).

✔️ Organización de redes de intercambio local: creación dunha biblioteca de obxectos para o aproveitamento e préstamo de produtos (fogar, tecnoloxía, bricolaxe, ocio); obradoiros de reparación, redución e reutilización para diferentes públicos.

CAMIÑO SOCIAL:

✔️ Xornadas semanais de dinamización sociocultural contra o despoboamento: impulso dunha aula aberta á veciñanza para o intercambio cultural, ambiental, social e artístico nos locais socioculturais do rural, construíndo alternativas contra o abandono rural.

✔️ Obradoiros temáticos interxeracionais e interculturais: organización de actividades formativas e creativas para aprender en circular, potenciando a integración e benestar social, a cooperación con outras entidades e o intercambio de experiencias vitais.

✔️ Rede comunitaria para o coidado de persoas maiores: creación dun programa de acompañamento para combater a soidade dos maiores, ofrecendo actividades formativas, contacto interxeracional e tecendo redes solidarias de voluntariado.

✔️ Actividades para visibilizar diferentes realidades sociais: iniciativas interdisciplinarias para tecer redes de apoio a colectivos desfavorecidos e dar voz a diferentes realidades sociais (despoboamento, migración, violencia de xénero, sexualidade, terceira idade, etc.).

✔️ Reciclaxe integradora e compartida: organización de xornadas inclusivas e solidarias para reducir, reutilizar e reciclar facendo bricolaxe (xoguetes, instrumentos, roupa, utensilios para o fogar, obxectos para decoración e festividades).

O TEU CAMIÑO:

✔️ Creación de proxectos adaptados e particularizados: deseño, organización e posta en marcha de proxectos personalizados para potenciar valores ambientais, artísticos, sociais e locais nos diferentes eidos.

✔️ Deseño de actividades a medida: elaboración, apoio e asesoramento no desenvolvemento de actividades dinamizadoras e interdisciplinares adaptados ás particularidades de cada entidade. 

Máis Información CAMIÑO CIRCULAR:

✔️Páxina Web: https://caminocircular.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/camino.circular

✔️Instagram: https://www.instagram.com/caminocircularcoop/

✔️Teléfono: +34687288566

✔️Correo: [email protected]

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:

✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/search/top?q=igualdade%20na%20rede

✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadenarede

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions