Cada martes falo coa Psicóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe a nosa psicóloga explicanos cales son os síntomas de que precisamos ir á consulta.

Do mesmo xeito que a saúde física, tamén é importante coidar a saúde mental. O psicólogo converteuse nun profesional cunha gran demanda, sobre todo despois da pandemia. Saber se necesitamos ir a un é clave para evitar que se cronifiquen os problemas.

"Moitas das primeiras consultas que tiven esta semana, dixéronme que non se deran conta ata agora de todo o que tiñan enriba, e que foran tirando porque todo o mundo lle decia que hai que ser forte".

"Un sufrimento mantido durante anos faise moi grande. Escollemos o sufrimento antes que a dor e é mellor a dor que o sufrimento".

A pesar deste aumento de pacientes nas consultas, a realidade é que aínda son poucos os que acoden ao psicólogo en busca de axuda ou o fan cando xa é demasiado tarde ou cando levan tempo tomando tratamentos farmacolóxicos para os seus problemas relacionados co soño ou o estrés.

SIGNOS QUE PODEN INDICARNOS QUE ALGO NON VAI BEN

✔️ Cando non podemos regular nosa propia conduta de forma adecuada.

✔️ Cando nos vemos gobernados por impulsos, adiccións ou pensamentos.

✔️ Cando queremos actuar doutra maneira pero resúltanos imposible facelo.

✔️ Cando a miña conduta afecta a miña contorna.

✔️ Cando me estou facendo dano.

✔️ Cando simplemente non son capaz de adaptarme á miña contorna.

✔️ A perda de interese polo que anteriormente nos reconfortaba ou nos proporcionaba momentos de alegría.

✔️ A dificultade para gozar da vida.

✔️ A insatisfacción con quen somos ou co que facemos.

✔️ A tendencia para mostrarnos constantemente enfadados.

✔️ A erosión do desexo por relacionarnos cos demais.

✔️ A tendencia para illarnos polo medo para expoñer algo que cremos vergonzante de nós mesmos.

✔️ A irrupción de emocións difíciles e persistentes son sinais suxestivos de que poderiamos precisar axuda dun psicólogo.

⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions