Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos de como funciona o algoritmo de Instagram.

O algoritmo das redes sociais parece ser un dos bens máis cobizados polos seus creadores. Se ben nos dan pistas de como funciona ou que pequenos xestos axudan a mellorar a nosa visibilidade, non queda de todo claro cal é o funcionamento destes fíos invisibles que conforman as redes sociais.

"O problema dos algoritmos radica en que, ao final, móstrasenos unha pequena ollada nun mundo moi amplo".

"Se ben todas as redes sociais contan co seu propio algoritmo, o de Instagram adoita ser o máis “misterioso” de todos".

"Podemos navegar por Instagram dende diferentes perspectivas: no noso feed, na que se nos mostra maioritariamente contido de usuarios que seguimos".

O algoritmo refírese a un conxunto de normas de programación que fará que unha publicación se mostre moito ou pouco nunha rede social e tamén que se lle mostre a unha persoa ou a outra. É, en definitiva, un sistema informático que, ao final, nos inflúe como creadores de contido pero tamén
como usuarios.

Os factores chave do algoritmo

Se ben todas as redes sociais contan co seu propio algoritmo, o de Instagram adoita ser o máis “misterioso” de todos. Aínda que na súa propia web explican a grandes rasgos como podemos facer que este xogue ao noso favor, semella que nin eles mesmos saben moi ben como funciona.

Segundo a plataforma, deberíamos ter en conta varios factores chave:

✔️ Intereses do usuario. Instagram vai analizar as publicacións coas que interactuamos, é dicir, a quen lle damos me gusta, os comentarios ou as visualizacións, por exemplo.

✔️ As relacións. O algoritmo de Instagram vainos a priorizar o contido doas persoas coas que máis interactuamos. E, con cales interactuamos máis? Pois nas que comentamos nas súas publicacións con máis frecuencia, se nos etiquetan con certos usuarios, etc.

✔️ Actualidade. Aínda que é certo que ás veces nos van aparecer publicacións un chisco máis antigas, ao contrario do que pasaría con un feed ordenado de maneira cronolóxica, o algoritmo segue premiando aquelas publicacións recentes.

✔️ Duración da sesión. Se somos dos que pasan horas e horas en Instagram, poderíamos pensar que xa non nos queda moito máis por ver na rede social. Pero nada máis lonxe da realidade. O algoritmo mostraranos contido diverso para que non perdamos o interese. E, pola contra, se somos dos que entramos uns minutos ao día, ensinaranos primeiro o que considera máis importante e relevante para nós.

✔️ A pestana de Explora. Aquí mostrarásenos contido que podería gustarnos basado en todas estas interaccións previas, pero de contas que non seguimos.

⚠️O algoritmo no feed

Podemos navegar por Instagram dende diferentes perspectivas: no noso feed, na que se nos mostra maioritariamente contido de usuarios que seguimos; en stories, onde se nos mostra ese contido temporal, tamén dos usuarios que seguimos; o Explora, no que se nos ensinará contido de usuarios que non seguimos pero que nos podería interesar; e os Reels.

Dende a súa páxina oficial, indican que os sinais máis importantes na pestaña do feed, por orde de importancia, son:

✔️ A actividade. Aquí inclúese o contido que nos gusta, que compartimos, que gardamos ou comentamos.

✔️ Información sobre o post. É a relevancia do post e a súa popularidade e mídise en función de canta xente lle deu like o e rápido que interactúan co post.

✔️ Información sobre a persoa que subiu o post. Valórase como a persoa que compartiu un post é interesante para ti. Unha destas sinais é cantas veces interactúas con ela nas últimas semanas.

✔️ Historial de interaccións co usuario. Isto é o interese que temos en ver contido sobre unha persoa en concreto.

⚠️O algoritmo nas stories

As stories son unha forma de compartir os momentos do día a día e de achegarse ás persoas que nos importan e aos nosos intereses. E, aínda que o algoritmo aquí traballa dunha maneira similar, hai pequenas diferenzas que podemos ter en conta.

✔️ Historial de visualizacións. Analiza con que frecuencia vemos as stories dunha conta e prioriza a visualización daquelas que considera que non queremos perdernos.

✔️ Historial de interaccións. Analiza a frecuencia coa que interactuamos coas stories desa conta a través de me gusta ou unha mensaxe directa, por exemplo.

✔️ Vínculo. Analiza a relación co usuario da historia en termos xerais e as probabilidades de que sexan amigos ou familiares nosos.

⚠️O algoritmo en Explora

A sección de Explora está deseñada para descubrir contido novo e inclúense recomendacións de fotos e videos de contas que non seguimos. Entón, aquí que se valora?

✔️ Información sobre a publicación. Fíxase en como de popular parece ser unha publicación. Trátase de distintas sinais, como a cantidade e a velocidade coa que outras persoas indican que lles gusta, comparten e gardan unha publicación ou deixan un comentario nela. Estas sinais teñen moita máis importancia na sección Explora que no feed ou nas historias.

✔️ A nosa actividade. Se interactuamos cun determinado contido, a aplicación tenderá a enseñarnos publicacións similares.

✔️ Historial de interacción coa persoa que realizou a publicación. O máis probable é que a publicación a compartira alguén que non coñecemos, pero que interactuasemos con esa persoa dálle unha idea do noso interese.

⚠️ O algoritmo dos Reels

A sección dos Reels é bastante similar a Explora, xa que na maioría dos casos, se nos mostra contido de usuarios que non seguimos. Aquí entran en xogo os seguintes factores:

✔️ A actividade. Unha vez máis, a nosa interacción con diferentes publicacións é clave para que logo se nos mostre o contido que o algoritmo considera relevante para nós.

✔️ Historial de interacción coa persoa que realizou a publicación.

✔️ Información sobre o Reel. Isto é, trátase da pista de audio que empregue, dos elementos visuais incluídos no vídeo e a súa popularidade.

✔️ Información sobre a persoa que realizou a publicación. A popularidade de quen publicou o Reel, dende o número de seguidores até a interacción, é clave, xa que consideran que axuda a atopar contido atractivo e variado para os usuarios.

En resumo, Instagram traballa en función de factores como que se publica, quen o publica, as nosas preferencias e o formato. Deste xeito, o algoritmo recibe sinais que nós mandamos co noso comportamento. Por iso, se interactuamos máis cunha persoa, mostraranos máis contidos desta usuario ou doutros con contidos similares e, se visualizamos máis Reels que carruseis,
mostraranos máis videos verticais antes que imaxes estáticas.

O problema aquí radica en que, ao final, móstrasenos unha pequena ollada nun mundo moi amplo e acabamos entrando nunha madrigueira de contido que se retroalimenta ela soa cos nosos clics. A personalización de contido está moi ben cando queremos afondar nun tema en concreto, pero ao
final, tamén ten os seus riscos, xa que só vemos unha peza de todo o puzzle que conforma a realidade.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions