Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos das tendencias do audio dixital no 2024 e os beneficios do podcast.

"Para os podcasts non vai ser diferente e a Intelixencia Artificial tamén marcará, en certa medida, o seu futuro".

"Este formato de audio baixo demanda ofrece unha serie de beneficios que poden fortalecer a nosa estratexia online".

"Sempre dicimos que a interacción coa audiencia en redes sociais é importantísima e, nos podcasts, non é menos".

No vertixinoso mundo dixital de hoxe, as empresas e creadores de contido están nunha busca contante de novas formas de conectarse coa súa audiencia de maneira máis efectiva. Unha estratexia online integral é fundamental para destacar nun mar de competencia e, unha ferramenta que gañou popularidade e relevancia nos últimos anos, é o podcast.

O informe Digital 2024 cataloga o audio online en cinco categorías: vídeos musicais, servicios streaming de música, radio, podcast e audiolibros. A audiencia en España destes audio online sitúase no 48% no caso dos vídeos musicais, no 40% nos servizos de streaming, no 23% na radio, no 28% nos podcasts e no 12% nos audiolibros. O interesante destes datos é que tan só dous, dos cinco grupos, aumentaron o seu consumo. En primeiro lugar, os servizos de streaming de música aumentaron os seus oíntes nun 3%, mentres que os podcasts o fixeron nun 11% en relación ao ano anterior.

Outros estudos como o IAB Top Tendencias deste ano, sinaloa que a explosión dos podcasts de nicho levarán o audio dixital a novas cimas. E é que o boom dos podcasts é innegable e é que este formato atrae a atención de milleiros de usuarios na rede. Un podcast é un formato audiovisual que se compón de episodos gravados en audio -e poida que nalgúns casos tamén se faga simultaneamente en vídeo- e transmitidos online. Estes poden adquirir diferentes formas pero o máis habitual é atoparse con entrevistas entre invitado e presentador ou gravacións individuais onde se fala sobre un tema específico.

As tendencias de 2024 para o audio dixital: a IA nos podcasts

Para os podcasts non vai ser diferente e a Intelixencia Artificial tamén marcará, en certa medida, o seu futuro. A IA impactará en moitas áreas do proceso de creación deste formatos e, de feito, un dos máis interesantes pode ser que derive do acordo entre Open AI e Spotify. Con este acordo, poderíase clonar a voz dalgúns dos principais podcasters a outros idiomas, o que permitiría a escoita destes contidos sen necesidade de coñecer o idioma de orixe. Pero isto mesmo, presente algúns debates, xa que a creación de voces sintéticas tamén afectará aos equipos de locución das produtoras.

Do mesmo xeito que o audio se verá influído, tamén o farán os guións, xa que as novas ferramentas de creación de imaxes ou video a partir de texto, impulsará o crecemento dos videopodcasts.

As tendencias de 2024 para o audio dixital: podcasts de nicho e contido especializado

O informe de tendencias de IAB indica que os podcasts van a continuar coa súa expansión no 2024, pero orientándose cada vez máis á especialización e a creación de comunidades. Por este motivo, veremos un auxe dos podcasts de nicho que se centrarán dende hobbies inusuais até cuestións sociais profundas. Aseguran que este tipo de audios de nicho non só ofrecerán contido moi especializado, senón que tamén fomentarán a interacción e a participación da comunidade a través de discusións en liña, grupos de seguidores e eventos en vivo relacionados con estes podcasts.

As tendencias de 2024 para o audio dixital: podcasts corporativos

Aínda que asociamos estes podcasts ao puro entretemento, cada vez máis corporacións e centros educativos se unen ao podcasting ca fin de compartir coñecementos e chegar a audiencias dunha maneira máis efectiva.

As tendencias de 2024 para o audio dixital: podcasts interactivos

Sempre dicimos que a interacción coa audiencia en redes sociais é importantísima e, nos podcasts, non é menos. A busca de interacción coa audiencia neste formato faise a través de enquisas en tempo real, preguntas que os oíntes poden responder durante o podcast ou segmentos donde os oíntes poden participar activamente é cada vez máis habitual; ao igual que o emprego de ferramentas de realidade aumentada ou virtual, para incrementar esa interactividad e crear experiencias máis visuais nos podcasts.

O podcast como estratexia dixital

Este formato de audio baixo demanda ofrece unha serie de beneficios que poden fortalecer a nosa estratexia online e axudarnos a alcanzar os nosos obxectivos corporativos.

✔️ Conexión coa audiencia. Permiten unha conexión máis persoal e auténtica coa audiencia.

Ao escoitar a voz do anfitrión, os oíntes poden sentir unha conexión máis profunda e xenuína co contido e a marca. Esta intimidade pode fomentar a lealdade e o compromiso a longo prazo.

✔️Contido versátil.

Ofrecen unha forma versátil de consumir contido, xa que podemos escoitar podcasts mentres realizamos outras actividades, como conducir, facer exercicio ou traballar. Esta conveniencia fai que sexa máis probable que os oíntes se comprometan co noso contido durante períodos máis longos de tempo.

✔️Autoridade e credibilidade.

Ao ofrecer contido de alta calidade e valor a través dun podcast, podemos posicionarnos como unha autoridade no noso nicho ou industria. Isto axuda a construír credibilidade e confianza coa audiencia, o que pode influír positivamente na percepción da nosa marca.

✔️Maior retención da información.

Os oíntes tenden a reter mellor a información presentada en formato de audio en comparación co texto escrito, xa que ofrece unha experiencia máis inmersiva e memorable.

✔️Networking.

Convidar a diferentes perfís a un podcast pode abrir oportunidades para colaboracións e networking. Estas asociacións poden axudar a expandir a nosa rede de contactos, aumentar a visibilidade e chegar a novas audiencias que de outro xeito serían inaccesibles.

En definitiva, integrar un podcast nunha estratexia online pode ofrecer unha serie de beneficios que poden impulsar o crecemento e o éxito dun negocio ou marca persoal. Desde establecer unha conexión auténtica coa audiencia ata aumentar a credibilidade, este formato ofrece unha forma única e poderosa de compartir contido de valor e chegar á audiencia de maneira máis efectiva.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions