Hoxe venres 29 de setembro ás 19.30h terá lugar en DISPARA (Virxinia Pereira, 4. A Estrada) a presentación da publicación Friccións da artista Ariadna Silva Fernández (A Estrada, 1996) que recolle un dos seus últimos proxectos na súa produción fotográfica. Esta publicación é un dos lanzamentos deste outono co formato específico de fotozine da editora galega Alauda Negra. A presentación contará coa presencia da artista xunto a Carme Silva Domínguez (Universidade de Santiago de Compostela) e o editor Xosé Lois Gutiérrez Faílde.

"Cando foi a efeméride do Prestige pregunteime porque non tiña recordos dese feito".

"É un formato Fotozine, ou máis ben unha plaqueta, que se pode visualizar de varias formas".

"Hai como un sentimento xeralde que o Prestige está moi presente. É incrible que pasase isto".

Esta publicación está artellada a partir de 6 imaxes que forman parte das series orixinais do proxecto. Este traballo fotográfico ten como eixo temático a efeméride do desastre do Prestige no pasado 2022; sobre a que Ariadna Silva fai un exercicio de investigación e reflexión das formas de memoria dun acontecemento que non tivo marca biográfica algunha no recordo da propia artista. O tránsito entre o xogo e a prospección compón o espazo narrativo destas fotografías que foron realizadas máis alá da súa vocación documental convencional. Estas imaxes fixan de xeito exhaustivo a monumentalidade ferida do territorio despois do desastre pero tamén rexistran os xestos que revelan a natureza inestable da propia memoria. Como explica a propia artista: “en Friccións sigo o rastro que permite desenterrar a desmemoria. Fotografar as ruínas do desastre responde ao meu interese por repensar o acontecemento e, do mesmo xeito, convida a preguntarme por que o recordo que manteño sobre o mesmo é tan pouco nítido.”

Pola súa parte, Alauda Negra dá continuidade con esta edición a súa colección “Papeis” composta por brochuras e fotozines, dentro do seu catálogo de publicacións. Na orde de facer visibles proxectos fotográficos de autores e autoras do noso territorio e promover novos espazos de normalización para a fotografía galega contemporánea, esta nova publicación de Ariadna Silva Fernández confirma o interese que desprenden e a calidade que atesouran as novas prácticas artísticas producidas dende o noso contexto no medio fotográfico.

Máis Información ARIADNA SILVA:

✔️Páxina Web: https://www.ariadnasilva.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/ariadna.silvafernandez

✔️Twitter: https://twitter.com/AriadnaSilvaF

✔️Instagram: https://www.instagram.com/ariadna.silva.fernandez/

✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/ariadna-silva-fern%C3%A1ndez-78639013a/

✔️Vimeo: https://vimeo.com/ariadnasilvafernandez

Máis Información ALAUDA NEGRA:

✔️ Páxina Web: https://alaudanegra.tumblr.com/

✔️ Twitter: https://twitter.com/alaudanegra

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/alaudanegra_libros/?hl=es

✔️ Vimeo: https://vimeo.com/user206472145

Máis Información “DISPARA XESTIÓN CULTURAL”:

✔️ Páxina Web: http://dispara.org/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/Dispara-Xesti%C3%B3n-Cultural-333363466733377/

✔️ Twitter: https://twitter.com/DisparaCultura

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/dispara.cultura/

✔️ Teléfono: (+34) 986584909 / 661494978

✔️ Correo: [email protected]

️"SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS:

https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions