Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos das Aplicacións que se inspiran en aplicacións: copia ou tendencia?.

"Se falamos de “inspirarse” noutras plataformas, a verdadeira triunfadora, como se pode intuir, é a corporación Meta".

"SnapChat lanzouse no 2011 e foi pioneira na idea de compartir fotos e vídeos efémeros que desapercían despois de ser vistos polo receptor".

"Vine foi unha aplicación móbil que permitía aos usuarios crear e compartir vídeos curtos de ata seis segundos de duración".

Se somos usuarios de TikTok, quizais nos chegase unha notificación que seguro que non nos pasou desapercibida anunciando a próxima chegada de TikTok Notes. Fai unhas semanas, ByteDance, firma propietaria da rede social, anunciaba que estaba traballando nunha nova plataforma centrada na publicación de contido coa fotografía como protagonista central.

TikTok xa permitía compartir imaxes estáticas, aínda que estas eran mostradas como vídeos. Ou incluso varias fotografías, de modo que os usuarios podían deslizar a publicación como un carrusel.

Neste sentido, este tipo de publicacións que teñamos publicadas en TikTok, aparecerán en TikTok Notes cando a plataforma se lance, xunto coas novas imaxes que vaiamos engadindo e publicando. Aínda que, iso si, se non queremos que isto aconteza, poderemos cambiar a configuración desde os nosos dispositivos móbiles.

Aquí xa podemos ver certos paralelismos con Instagram e é que, que unha rede social se “inspire” noutra para aplicar melloras ou para ampliar o seu negocio, non é unha estratexia nova.

✔️A febre das stories

As stories de Instagram son un tipo de formato que permite aos usuarios compartir fotos e vídeos curtos que desaparecen despois de 24 horas. Estas historias móstranse na parte superior da páxina de inicio e tamén no perfil do usuario. As historias gañaron popularidade debido á súa natureza efémera e á súa capacidade para ofrecer contido máis informal e en tempo real.

Esta funcionalidade implementouse no 2016, aínda que outras redes sociais xa tiñan un formato que destacaba por mostrar o día a día dos usuarios. Neste caso, estamos a falar de SnapChat. Esta lanzouse no 2011 e foi pioneira na idea de compartir fotos e vídeos efémeros que desapercían despois de ser vistos polo receptor, o que se coñecen como snaps, e tamén a través das súas
historias.

A esta febre polo contido efémero tamén se lle sumaron aplicacións como Facebook coas Facebook Stories no 2017, WhatsApp cos seus estados no 2017, LinkedIn no 2020, Twitter cos Fleets no 2021 ou Twitch no 2023.

✔️ O éxito dos vídeos breves

Os tiktoks e os Reels xa os temos máis que dominados pero estes, malia que poidamos pensar que son unha novidade, xa teñen o seu percorrido a través de outras aplicacións.

Vine foi unha aplicación móbil que permitía aos usuarios crear e compartir vídeos curtos de ata seis segundos de duración. A aplicación lanzouse no 2013 e, ata 2016, os seus vídeos, denominados vines, foron pioneiros en formatos creativos, concisos e humorísticos, o que favorecía a súa viralidade. Logo desta, e caracterizada pola publicación de vídeos musicais, chegou Musical.ly no 2014 que, máis tarde, sería fusionada con TikTok.

Si que é certo que os vídeos curtos verticais gañaron popularidade a través de estas plataformas, pero é posible que a súa explosión fose en TikTok. E o seu éxito inspirou e animou a outros medios a incorporar características similares de vídeos curtos verticais nas súas propias aplicacións.

Instagram lanzou os Reels en agosto de 2020, que permiten aos usuarios crear e compartir vídeos curtos e creativos nun formato vertical e con funcionalidades semellantes ás de TikTok. E pouco despois faríao Facebook. Tamén se sumou a este grupo a plataforma de vídeos por excelencia,
Youtube, cos seus Shorts.

✔️ BeReal e TikTok

Se falamos de contido real e do día a día, o perfecto exemplo dánolo BeReal. Esta é unha aplicación francesa lanzada no 2020 cunha dinámica peculiar. Todos os días, a unha hora diferente, a plataforma envía unha alerta aos usuarios para que fagan unha fotografía -coas dúas cámaras do móbil- do que están facendo nese momento.

BeReal experimentou un boom coa pandemia e TikTok estivo atento. ByteDance lanzou TikTok Now que, ligada a TikTok, tiña exactamente a mesma dinámica que a francesa. Iso si, a súa existencia foi breve, xa que elimaron a aplicación o pasado verán, tras só 9 meses de funcionamento.

✔️O microblogging

Se falamos de “inspirarse” noutras plataformas, a verdadeira triunfadora, como se pode intuir, é a corporación Meta. Seguramente recordemos que, fai uns meses, cando Twitter tremeu coa chegada de Musk á súa dirección e co cambio de este a “X”, Zuckerberg lanzou Threads.

Threads seguramente nos recorde moito a Twitter, xa que se sustenta na idea do microblogging, en compartir mensaxes breves coa audiencia. Neste caso, a aplicación está vinculada a Instagram, de maneira que as contas de ambas redes forman parte de un todo.

Que Internet e as redes sociais se moven a un ritmo que ás veces non somos capaces de asumir non é ningunha novidade. E a aparición e desaparición de formatos e aplicacións tamén resulta vertixinosa. Con esta panorámica si que é certo que podemos intuír cara a onde se orienta o contido agora mesmo. Apóstase polos formatos verticais, polo efémero e pola brevidade. Tamén se
aboga por contidos naturais, espontáneos e do día a día. E isto podemos velo coa eclosión de diferentes aplicacións que se imitan entre si. En definitiva, chamémoslle copiar ou chamémoslle tendencia.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions