Anxo Angueira, director da Fundación Casa de Rosalía, fálanos do “ABRIDE A FIESTRA 2021”, e da conmemoración dos 50 ANOS DA CASA DE ROSALÍA.

A fundación É unha organización de interese galego que ten como finalidade fomentar e difundir o culto á memoria de Rosalía, de Manuel Murguía e dos seus fillos; conservar o conxunto da Casa-Museo de Rosalía; conservar e incrementar o patrimonio rosaliano dispoñéndoo do mellor xeito para que poida ser contemplado e estudado; coidar do Mausoleo de Rosalía sito San Domingos de Bonaval; e celebrar actos en conmemoración das datas rosalianas (24 de febreiro e 15 de xullo) así como o 25 de xullo en Santiago de Compostela.

Ten a súa sede na Casa da Matanza, en Padrón (A Coruña).

O Padroado Rosalía de Castro, que se fundara no Hotel Compostela de Santiago o 15 de novembro de 1947, tranformouse en Fundación Rosalía de Castro nun acto celebrado no Colexio de Fonseca da mesma cidade o 29 de decembro de 1995. Os seus estatutos foron legalizados pola Xunta de Galicia en decembro de 1997.

"Celebramos que hai un proxecto histórico para a nosa lingua, para a nosa cultura que é todo un emblema que hai ao redor de Rosalía de Castro".

"Rosalía en Camiño é un programa no que xuntamos a figura de Rosalía de Castro e o Camiño de Santiago como elementos, que son garantes da proxección internacional da nosa lingua e da nosa cultura e no que participan catro poetas de fora e catro poetas galegos ".

"A conmemoración do 50 aniversario da Casa Rosalía, durará dous anos. E así como miramos para o pasado, miramos para o presente e para o futuro. Vimos de inaugurar unha visita virtual, inmersiva, global, interior e exterior e plurilingüe (galego, castelan, inglés e francés)".

PRÓXIMOS ACTOS:

✔️ 50 ANIVERSARIO DA CASA-MUSEO ( https://rosalia.gal/que-facemos/axenda/50-aniversario-da-casa-museo/ )

XOVES 15 de XULLO: Casa-Museo

Acto oficial do pasamento da escritora no que se conmemorará, ademais, o 50 aniversario da apertura da Casa-Museo en 1971.

✔️ ROSALÍA EN CAMIÑO 2021 ( https://rosalia.gal/que-facemos/axenda/rosalia-en-camino/ )

PROGRAMA

XOVES 15 de XULLO: Padrón e Terra de Iria

12.30 Rosas na Adina: Recital con poetas locais e Secho (músico) na Casa dos Capeláns (Iria)

20.00 Dentro do acto institucional 15 de xullo: Recital multilingüe con poemas dedicados a Rosalía en galego, asturiano, catalán, vasco e portugués.

VENRES 16 de XULLO: Santiago de Compostela

12.00. Presentación na Libraría Couceiro dos libros ‘O pintor cego’ de Genaro da Silva e ‘Lingua de ántrax’ de Anna Gas.

20.00 De Bonaval lonxe: recital de Antón Blanco Casás, Alba Cid, Jaro da Silva, Luz Pichel, José Rui Teixeira, Berta Piñán, Tere Irastortza e Anna Gas. No Museo do Pobo Galego.

20.45 Concerto Laura LaMontagne & Pico Amperio

SÁBADO 17 de XULLO: Casa de Rosalía

19.00 Concerto Berlai

20.00 Recital poético de Antón Blanco Casás, Alba Cid, Genaro da Silva, Luz Pichel, José Rui Teixeira, Berta Piñán, Tere Irastortza e Anna Gas.

✔️ ABRIDE A FIESTRA 2021 (https://rosalia.gal/que-facemos/axenda/abride-a-fiestra-2021/ )

Festival-xornada de portas abertas na Casa de Rosalía con feira de produtos rosalianos, exposición de pintura do grupo Galeoska e ludoteca para nenas e nenos (Brazolinda).

[Entrada de balde, capacidade limitada. Non se realizan reservas]

11.00 KIKO DA SILVA debuxa a Rosalía na Horta

11.00 Mini-concerto de Uxía no Piano de Rosalía***

11.30 Relatorio de Pepe Barro: “Cincuenta anos da Casa de Rosalía”

12.00 Concerto ROSALÍA PEQUENIÑA (Uxía) [público infantil/familiar]

12.30 Presentación de ‘Inchadiña branca vela’, libro de fotografías de Eduardo Rivo.

13.00 DÚO VAGUEDADES, con Fran Rei e Isabel Risco, como Rosalía e Pondal

13.30 Cata e cooperativismo con Paco & Lola, impartida por Nuria de la Torre, enóloga da adega

_________________________

16.30 Presentación de ‘Rosalía e a cociña’, co seu autor, Xavier R. Baixeras

17.00 Espectáculo de SOLEDAD FELLOZA [público infantil/familiar]

17.30 Presentación de ‘Espazos de Rosalía en Compostela’, coa súa autora, Mercedes Espiño.

18.00 Mini-concerto de Berlai no Piano de Rosalía

18.30 Presentación de ‘Un señor elegante’, co seu autor, Suso de Toro

19.00 Concerto de BERLAI***

19.30 Mini-concerto de Verto no Piano de Rosalía

20.00 Recital poético multilingüe: con Anna Gas, Antón Blanco, Alba Cid, Berta Piñán, Genaro da Silva, José Rui, Tere Irastortza e Luz Pichel.

21.00 Concerto de VERTO***

23.15 Observación da estrela Rosalía de Castro canda a Agrupación Astronómica Ío [recoméndase traer prismáticos]

***Só 10 prazas. Reservas aquí: [email protected]

Máis Información:

✔️Fundación Casa de Rosalía: https://rosalia.gal/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/FundacionRosalia

✔️ Twitter: https://twitter.com/CasadeRosalia

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/casaderosaliadecastro/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions