Andrea Porto de A BANDA DA LOBA fálanos dos próximos concertos comezando polo do venres 25 nas Festas de San Paio 2021 da Estrada.

"A nosa idea é combinar os dous traballos, "Fábrica de luz" e "Hasme oír"".

"Este verán as espectativas son mellores que o ano pasado".

"Temos moitas ganas de facer este concerto porque vai ser o primeiro no que o público vai a estar de pé, bailando".

A banda da Loba son:

Andrea Porto Mato (baixo)
Estela Rodríguez Carvalho (violín)
Inés Mirás (guitarras)
Marcela Porto (percusión)
Xiana Lastra (voz)

Cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical. En decembro de 2017 saíu á rúa o seu primeiro traballo discográfico, “Bailando as rúas”, no que contaron coa produción musical de Adrián Saavedra e as colaboracións de Guadi Galego e Tanxugueiras. Tras o gran éxito acadado e despois de dar máis de setenta concertos en ano e medio, dentro e fóra do noso territorio, preséntannos agora o seu novo traballo, «Fábrica de luz».

Fábrica de luz é un traballo de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. A lingua e a terra, son as primeiras nais, fábricas de luz. As creadoras que nos precederon e as que nos acompañan nesta viaxe son tamén fábricas de luz. As nosas nais, as vosas nais, todas as nais son fábricas de luz. Son fogar, tempo e amor incondicional. Son poder, loita e memoria. Son todo o que nos permite ser hoxe tamén fábrica de luz.

Con motivo das Letras Galegas 2021, A banda da Loba
presenta o EP Hasme oír en homenaxe a Xela Arias.
Composto por catro cancións, tituladas como cada un
dos poemarios publicados pola escritora ("Intempériome", "Tigres coma cabalos", "Darío a diario" e "Denuncia do equilibrio") e tres interludios musicais - recitados de poemas da autora, conserva a esencia caleidoscópica á que o grupo nos ten acostumadas, presentando catro estilos musicais totalmente diferentes: Rock, pop, country e bolero. Trasládano agora aos palcos sumándolle a este traballo novos temas que se relacionan tanxencialmente coa obra e a vida de Xela e coa evolución da nosa poética feminina, creando un discurso onde dan a coñecer a súa vertente máis humana.

Máis Información de "A BANDA DA LOBA":

✔️Páxina Web: https://abandadaloba.gal/

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCZkJHlvbIRyXE0qSwMRgSzg

✔️Spotify: https://open.spotify.com/artist/0CDzdr8pmN623ifZ9oEuVH?si=A7hC-zAqSQOqATMHEqticA

✔️Itunes: https://music.apple.com/us/artist/a-banda-da-loba/1309585510

✔️Facebook: https://www.facebook.com/abandadaloba

✔️Instagram: https://www.instagram.com/abandadaloba/

Máis Información SEISPÉS PRODUCCIÓNS CREATIVAS:

✔️Páxina Web: https://seispes.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/seispes

✔️Twitter: @seispes

✔️Instagram: https://www.instagram.com/seispesproducionscreativas/?hl=en

✔️YouTube: https://www.youtube.com/user/SeipesProducions

️"SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: @pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas