Cada xoves, con Kim LLobet, abrimos unha fiestra para visibilizar proxectos relacionados coa igualdade. Hoxe falamos con Ana González, presidenta da Fundación Salma - Fundación para o coidado da Saúde Mental en Galicia - é unha fundación sen ánimo de lucro que traballa para mellorar as condicións das persoas con problemas de saúde mental.

“A Fundación Salma nace do desamparo institucional que nos atopamos as persoas que convivimos con persoas con problemas de saúde mental”.

“A saúde mental é un tema de saúde pública e é a administración quen se ten que facer cargo, non as familias”.

“Despois de votar en contra da nosa lei de saúde mental, o PP argumentou que xa había un plan de saúde mental. Un plan obsoleto que non cubre as necesitades urxentes e necesarias que había hai 30 anos”.

✔️ Dende a Fundación Salma queren impulsar reformas estructurais encamiñadas á mellora da calidade de vida e as oportunidades para as persoas con problemas de saúde mental. Céntranse en tres líñas de actuación: unha na consolidación do marco legal, outra no desenvolvemento da xestón asistencial cara un modelo integral, e outra no reforzo da resliencia social.

Acordo pola mellora da Saúde Mental na infancia e na adolescencia

O coidado da saúde mental na infancia e na adolescencia conta con problemas estruturais que requiren unha estratexia coordinada e pactada coa sociedade, con medidas, consensuadas coa comunidade educativa e con todos os axentes implicados no coidado comunitario da saúde mental. Por iso están a traballar nun gran Pacto para a Mellora da Saúde Mental Infanto Xuvenil en Galicia, ao cal estanse a sumar moitas entidades locais, asociacións, centros educativos e profesionais de diversas ramas relacionadas coa saude mental.

Un marco legal que garanta o funcionamiento do sistema asistencial

As iniciativas e os programas de saúde mental requiren do respaldo legal para non quedaren no plano do teórico e das boas intencións. Dende SALMA queren impulsar unha Lei galega de Saúde Mental, que garanta o cumprimento dos dereitos e que organice a asignación de medios e de recursos á asistencia sanitaria, e as prestacións sociais para as persoas con problemas de saúde mental.

Unha alternativa habitacional-asistencial

Queren fomentar un modelo habitacional innovador para persoas con enfermidades mentalis graves, que dote aos seus residentes dun entorno hogareño e estable, con actividades ocupacionais que fomenten a súa autonomía e bienestar, e con asistencia permanente de persoal cualificado. Isto facilita o desenvolvemento de perspectivas de futuro e permite practicar, con acompañamento, unha normalidade sociocultural.

Un entorno social resiliente ante problemas de saúde mental

Consideran que a resposta colectiva ante as situaciones de crise, persoais ou xerais, é fundamental para a súa superación, por iso queremos impulsar mecanismos de colaboración colectiva que sirvan para prestar apoio mutuo entre para as persoas e familias que deben afrontar un problema de saúde mental.

informe SALMA 2022

Elaboran un informe anual co que queren explicar, con información detallada, o estado no que se atopa a saúde mental en Galicia.

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️ Páxina Web: https://www.fundacionsalma.org/galego

✔️Facebook: https://www.facebook.com/salmafundacion

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/fundacionsalmagalicia/

Máis Información da ASOCIACIÓN DE IGUALDADE E MULLERES DA ESTRADA:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100057569194703

Máis Información de SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE:

✔️ Páxina Web: http://igualdade.xunta.gal/gl

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/empregoeigualdadegalicia

✔️ Twitter: https://twitter.com/igualdadegal

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/igualdadenarede/

✔️ YouTube: https://www.youtube.com/user/igualdadexunta

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

Twitter Mentions