Ana fondevila de Federópticos Fondevila, Diplomada en Óptica e Optometría pola Univarsidade Europea, Titulada Superior en Audioloxía Protésica e cun Máster en Audiología Clínica e Terapia da Audición fálanos dos perigos do “RUIDO”.

"Os osiños que temos no oido son os máis fráxiles do corpo, temos que coidalos".

"O ruído considérase nocivo a partir de 80 decibelios".

"A exposición ao ruido vaise sumando ao longo do día e causa moitos transtornos no noso organismo, non só no afecta ao oido.”.

No ano 1996, o Centro para a Audición e Comunicación ( CHC) fundou o Día Internacional da Concienciación sobre o Ruído, para alertar e crear conciencia na poboación sobre os riscos que ten o ruído para o trastorno auditivo e o seu impacto na saúde.

Este día pretende chamar a atención e incentivar ás institucións públicas e privadas a informar os cidadáns dos perigos que xera a exposición ao ruído a longo prazo, así como a convidar as persoas a realizarse probas auditivas.

Só somos conscientes dunha parte dos efectos que produce o ruído na nosa contorna. Por exemplo, cando non podemos durmir ou cando hai un ruído forte puntual. Moitas veces deixamos pasar estas molestias, o cal vai causando unha deterioración progresiva na nosa saúde física e mental, ao estar sometidos a niveis de ruído constantes.

Efectos causados polo ruído no organismo:

✔️Socioacusia (déficit auditivo provocado polo ruído ambiental).

✔️Cambios na regulación do sistema nervioso central.
Cefalea.

✔️Alteración do soño.

✔️Tensión.

✔️Alteracións momentáneas na conduta, como irritabilidade.

✔️Fatiga, neurose e depresión.

✔️Alteración do sistema circulatorio e dixestivo.

✔️Aumento de secreciones hormonais ( tiroides e suprarrenales).

✔️Disfunción sexual.

Esta problemática, lonxe de solucionarse, foi en aumento e é por iso que moitas institucións, organizacións e particulares únense cada ano para expresar a súa preocupación e xerar conciencia nas persoas.

Máis Información FEDERÓPTICOS FONDEVILA:

✔️ Páxina Web: https://opticafondevila.com/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/opticafondevila

✔️ Instagram: https://www.instagram.com/federopticos_fondevila/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: @pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas