Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos dos amores non correspondidos.

"O amor romántico non correspondido ten moitas máis consecuencias negativas".

"Frustración. Isto é o que máis sentimos cando temos un amor non correspondido".

"Coidar a autoestima, porque moitas veces percíbese como se fose un rexeitamento, e atribuímonos a nos mesmos as cousas de que nos digan que non".

Como sempre dicimos, o amor romántico pode chegar a ser un sentimento que nos secuestra e que centra a nosa atención durante moito tempo da nosa vida. Pero ese amor non sempre coincide co amor da outra persoa e aí aparece o amor non correspondido.

É algo que sucede moitas veces, xa que, ao igual que non encaixamos a nivel de amizade ou conexión cos demais, tampouco o faremos con todos os demais a nivel de amor romántico. Pero si que é certo que o amor romántico non correspondido ten moitas máis consecuencias negativas que o resto de incompatibilidades.

Realmente o amor estaría feito para encaixar, xa que o chute hormonal que nos produce a atracción leva a que nos atraía todo o da outra persoa e a que compartamos tempo e espazo con ela para que o apego se xenere.

E ao aumentar esas hormonas, tamén aumentan as túas, e polo tanto detectamos que nos estamos namorando e entón xérase a relación.

Sen embargo, isto moitas veces non sucede así, e o instinto básico non é perfecto e non funciona.

Cando estamos namorados, a outra persoa convértese na nosa prioridade e a nosa atención está nela, polo que analizamos todos os xestos, as mensaxes, as miradas, … Cousas que vistas dende fora, non interpretamos da mesma maneira, e incluso é imperceptible.

Falta de liberdade e sensación de estar a merced da outra persoa

Baixada de autoestima

Frustración. Isto é o que máis sentimos cando temos un amor non correspondido, porque pensamos que fagamos o que fagamos non imos conseguir o seu amor, e incluso podemos ver como esa persoa está sentindo o mesmo con outra persoa, e entón a frustración é maior.

Ansiedade

Culpabilidade, porque moitas veces incluso ese amor é por un amigo ou amiga, un compañeiro de traballo, … amores que moitas veces sabemos que nos poden levar a perder moito do que temos.

¿Que podemos facer para superalo?

✔️1. Detectar que estamos ante un amor non correspondido. Ser capaces de analizar e ver que non temos xa opcións con esa persoa, a tendencia é a pensar que necesitamos ter contacto con esa persoa e que non queremos perdela, de maneira que tendemos a manternos en contacto con ela, o cal case nunca funciona para que o noso estado emocional sexa positivo.

✔️2. Desta maneira, o que deberíamos facer é cortar relación de forma momentánea, polo menos, con esa persoa para poder pasar o duelo e superar que a relación que entraba dentro das nosas expectativas non se vai dar. Despois duns meses, entón baixarán as nosas hormonas e os nosos pensamentos e sentimentos cambiarán e así quizais poidamos retomar a relación dunha forma adaptativa para ambos.

✔️3. Coidar a autoestima, porque moitas veces percíbese como se fose un rexeitamento, e atribuímonos a nos mesmos as cousas de que nos digan que non. Ademais, rexéitannos a nos como totalidade, é dicir, están rexeitando todas as nosas características. Sen embargo, non nos están dicindo que non a nos, senón a unha relación romántica con nos. Normalmente, as causas están de forma xeral ou no contexto (non é o momento, gústalle outra persoa, …) ou na outra persoa (estou nun proceso de duelo, …). E ademais, da a sensación de non ser suficiente e de comparación, porque igual lle gusta outra persoa e comparamos todas as nosas características coas da outra persoa, deixándonos sempre mal a nos.

✔️4. Aceptar as pérdidas. Leva moito, pero vale a pena, inverter tempo en darnos conta de que as perdidas forman parte do noso día a día, e de que ademais son normais e estamos preparados para facerlles fronte. Moitas veces da a sensación de que non imos ser capaces de supéralo e preferimos poñernos escusas para non chegar a aceptalo (e que é tan boa persoa que non quero que se vaia da miña vida, e que non pasou nada entre nos e seguro que somos capaces de conectar como amigos, preocúpome por ela porque lle teño moito cariño, …).

✔️5. Non pensar que podes estar “como se nada”. En moitas ocasión, nos amores non correspondidos parece que nos temos que facer os fortes e debemos pasar por eles como se nada, porque iso parece o máis racional, xa que non se tivo esa relación. Sen embargo, o proceso de duelo é moi similar ao dunha ruptura, xa que temos que romper cunha idea que tiñamos, que espertou en nos uns procesos que hai que curar.

E, finalmente, darnos conta de que o que nun momento nos parece o mellor para nos, unha vez pasado un tempo, e valorándoo dende unha perspectiva máis racional e sen tantas hormonas e sentimentos de por medio, cambia. So temos que dar ese tempo para poder chegar a unha solución máis clara.

Máis información BARROS PSICOLOGÍA:

✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia

✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas