Nace o SP Estrada, un novo club de fútbol que amplía a oferta no Concello da Estrada.

Este proxecto sae adiante grazas a un equipo directivo formado por ex-xogadores, como presidente Alejandro Fraiz, de entre 26 e 30 anos. O adestrador será Toño Coto, vestirán o amarelo e verde e os seus partidos e adestramentos disputaranse no campo Manuel Regueiro.

O SP Estrada nace dun grupo de amigos que despois de xogar moitos anos xuntos queren seguir desfrutando do fútbol na Estrada.

O SP Estrada contará con un único equipo, senior, que competirá en Terceira Autonómica, descartando totalmente participar en categorías de base.

"Vivimos dende moi pequenos con Regueiro e botábamos de menos as fins de semana e as tardes de fútbol, o ambiente que se vivía en Figueiroa".

"Os xogadores son dun nivel competitivo moi alto, xogadores que xogaron en preferente, 1ª Rexional, 2ª rexional. Só podo adiantar o de Marcos Regueiro, Carlos Chan, Nacho Vázquez e Martin Varela".

"Xúntanse dúas xeracións do Sporting que conseguiron ascender a Galega. Temos vinteunha fichas, deixamos un marxe de dúas fichas por se pasaba algo".

"Estamos empezando co tema dos patrocinios. Tivemos unha aceptación increible coa xente coa que imos falando, incluso hai xente que se pon en contacto con nós".

Coa chegada do SP Estrada, o Concello da Estrada suma cinco clubs na súa oferta. Este novo proxecto acompañará ao Estradense B, Vea, Berres e Guimarei.

Máis Información SP ESTRADA :

✔️Facebook: https://www.facebook.com/profile.php?id=100068553082918

✔️Instagram: https://www.instagram.com/sptestrada/

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información e outras entrevistas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: @pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas