Tanxugueiras aviva a chama da revolución trad co seu novo single, Figa

O novo tema das cantareiras, que se pode escoitar nas principais plataformas dixitais, acompáñase dun videoclip (ver ligazón ) que afonda no compromiso do grupo coa posta en valor e recoñecemento da cultura popular galega

"Para que Tanxugueiras funcione hai moitisima xente detrás, sen eles Tanxugueiras non sería o que é".

"Comíanos a ansia por facer un tema no que a xente convivinte, ou que se pode xuntar, poidera bailar máis pegado por eso fixemos unha rumba tradicional, que xa da ganas de bailar e meténdolle uns graves máis aínda".

"Nós estamos por e para Tanxugueiras, que a xente esté atenta, porque aparte dos concertos estamos preparando novos temas que imos lanzar este ano".

Logo da estrea de Midas o pasado mes de febreiro, Figa é o segundo avance da nova sonoridade e proposta musical de Tanxugueiras, na que mesturan os ritmos e bases urbanas e líricas propias con coplas e cantos tradicionais

A lumarada da revolución trad está máis viva ca nunca. Ou, cando menos, máis afogueirada. Tanxugueiras presentou o venres día 9 de xullo Figa, o seu novo single, un tema no que as cantareiras avivan a chama da súa aposta pola transmisión e reformulación da música tradicional a través da súa confluencia coas sonoridades electrónicas e influencias do tempo no que habitan.

A peza, editada por Calaverita Records e PlayPlan Cultural, está dispoñible nas principais plataformas dixitais (ver ligazón ). Figa, cuxo nome fai referencia ao mítico amuleto contra o mal de ollo, acompáñase dun videoclip marcado por elementos simbólicos da cultura popular, como o sombreiro e o pano tradicional, a flor da xesta, os sapos; a simulación dunha caza de bruxas de épocas máis escuras e a concorrencia, sobre unha pista de baile, da danza tradicional galega con movementos máis actuais. Son as lapas dunha lumarada que, na traxectoria do grupo, avanzan a ruta que seguirán proximamente.

Figa é a resposta bailable e rotunda dun grupo que aposta, desde a súa creación, polo empoderamento e capacidade das mulleres de ser donas do seu camiño. A través de coplas tradicionais e líricas de creación propia, Figa pretende, precisamente, incidir na forza das mulleres á hora de afrontar a súa vida, alén das envexas -temática arredor da cal parte e xira a canción-, medos e críticas derivadas dun sistema marcadamante machista. Anque de min digan, digan, eu non digo de ninguén, cantan Aida, Olaia e Sabela nun tema no que apostan por unha idea de comunidade que vén de lonxe, por unha cultura que se mantén ao tempo que se renova; e no que contrapoñen, nos seus cantos, a irmandade fonte á denteira, a solidariedade fronte ao individualismo. “Hoxe, cando por momentos parece que arden as lapas da intolerancia, temos motivos para a esperanza. Hai mulleres que coidan e que se coidan, e lazos de solidariedade que son máis fortes que os discursos do odio. Fronte ao ruxe ruxe, empoderamento”, sinala Tanxugueiras.

Logo da estrea de Midas o pasado mes de febreiro, Figa é o segundo avance da nova sonoridade de Tanxugueiras, na que procuran a proxección do canto e da música tradicional do país mediante o achegamento a outros ritmos, estruturas e bases máis urbanas ou electrónicas. Nesta ocasión Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro contan de novo coa colaboración, na produción, de Iago Pico (Pouland Studios). Precisamente o produtor participa no videoclip como antagonista, tentando enfrontar á masa coas cantareiras.

O videoclip de Figa, dixirido por Trece Amarillo (Diego M. Barcia e Diego Santaclara) e con Jordi Lauren na produción executiva, rodouse o pasado mes de maio en distintas localizacións da provincia de Pontevedra, como son a Comunidade de Montes de Salcedo, a nave de Global Setup (Caldas de Reis) e o Pazo de Señoráns (Meis), baixo estritas medidas de seguridade -coa colaboración da brigada de extinción de lumes de Pontevedra- e protocolos de prevención da covid-19. A rodaxe do filme, no que as cantareiras empregaron vestiario e xoiería tradicional de Bulideira, contou coa participación de 90 extras nos planos de lume e de 30 bailadoras como corpo de baile.

️DATAS CONCERTOS:

https://tanxugueiras.com/eventos-gal/

ESCOITAR:

✔️YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=Hcd6CicBCUI

✔️Spotify: https://open.spotify.com/album/6Fmp4ZQ8Hr2p0faczXbfij?fbclid=IwAR3-a9jTn2qx0TAYNCQjuK8UDR6O_g-Ssr1FeQxTgQZzb6sevp09xm9M2uU

✔️Apple Music: https://music.apple.com/es/album/figa-single/1570573548?fbclid=IwAR23UgtrL1I_Vc4jzN5zwwhlzKK1TSAt0_ePGbAhUbv54a-Aq7fKq2MVTgA

✔️Amazon: https://music.amazon.es/albums/B096KD62Y7

Programa "MIRA UNHA COUSIÑA": https://www.youtube.com/playlist?list=PLPluVUyg6SR0ALBTFKrlHU7fbAcwVSs-t

Máis Información TANXUGUEIRAS:

✔️Páxina Web: https://tanxugueiras.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/Tanxugueiras

✔️Instagram: https://www.instagram.com/tanxugueiras/

✔️Twitter: https://twitter.com/tanxugueiras

Contratación PLAY PLAN:

✔️Correo: [email protected]

✔️Teléfono: [+34] 986 903 509

✔️Páxina Web: https://playplan.es/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PlayPlan.Cultural

✔️Twitter: https://twitter.com/PlayPlan_

✔️Instagram: https://www.instagram.com/playplan_/

✔️Spotify:
https://open.spotify.com/playlist/6r7zywrhp2VjNoknKTC0JX?utm_source=embed_v2&go=1&play=1&nd=1

️"SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions