Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos do papel da muller nos avances tecnolóxicos.

Cando se trata de redes sociais e de tecnoloxía acostumamos a pensar en figuras coñecidas e tan populares como o CEO de Meta, Mark Zuckerberg; en Elon Musk, que seguramente nos soe por ser o fundador de Tesla, SpaceX, Neuralink, OpenAI ou o señor que decidiu mercar Twitter e rebautizalo
como X; en Bill Gates, o fundador de Microsoft; Jeff Bezos, o creador de Amazon; e unha lista case infinita de nomes de homes. En moitos ámbitos esquecémonos de que as mulleres tiveron e teñen un papel fundamental e a tecnoloxía non é unha excepción.

"Ángela Ruiz Robles foi mestra, escritora e inventora. Desenvolveu a primeira proposta de enciclopedia mecánica".

"Cando se trata de redes sociais e de tecnoloxía acostumamos a pensar en figuras coñecidas, masculinas. E esquecémonos de que as mulleres tiveron e teñen un papel fundamental na tecnoloxía".

"O uso da frecuencia ensanchada, de Hedy Lamarr, converteuse na base para o desenvolvemento de tecnoloxías civís como o Bluetooth e a wifi".

✔️Hedy Lamarr e a wifi

Sen ir máis lonxe, que poidamos chegar á casa, a unha biblioteca ou a unha cafetería e que se nos conecte o noso teléfono móbil a unha rede wifi ou que poidamos escoitar música a través do Bluetooth nos nosos cascos inalámbricos, é grazas a unha muller. Hedy Lamarr (Viena, 1914-2000)
é coñecida por ser unha estrela de Hollywood na súa época dourada pero tamén polas súas invencións.

Durante a Segunda Guerra Mundial, Lamarr estaba preocupada polo uso de torpedos controlados por radio, que podían ser interferidos ou bloqueados polo inimigo. Para abordar este problema, traballou xunto co compositor e pianista George Antheil para desenvolver un sistema de comunicacións máis seguro. O seu invento baseábase na idea do espectro ensanchado, que é
unha técnica de transmisión de datos inalámbrica que emprega un ancho de banda moito maior que o necesario para transmitir información. Este método facía que fose extremadamente difícil para os inimigos interceptar ou interferir a sinal, xa que só aqueles que coñecesen o patrón de cambio de frecuencia poderían descifrar a mensaxe.

Aínda que este sistema, coñecido como Secret Communication System, se patentou en 1942, non foi até décadas máis tarde, na década de 1960, que o concepto de frecuencia ensanchada comezou a implementarse en tecnoloxías militares.

E posteriormente, na década de 1990, o uso da frecuencia ensanchada converteuse na base para o desenvolvemento de tecnoloxías civís como o Bluetooth e a wifi, que usamos na nosa vida diaria para a comunicación inalámbrica.

✔️Ada Lovelace e a programación

Ada Lovelace foi unha matemática e escritora británica do século XIX e é coñecida polo seu traballo pioneiro no campo da informática e da programación. É recoñecida polas súas notas sobre a “Máquina Analítica” de Charles Babbage, un deseño conceptual do que hoxe se considera como o primeiro ordenador xeral. Estas notas incluían algoritmos detallados destinados a ser procesados por esta máquina e, aínda que nunca se chegou
a construír durante a vida de Lovelace, o seu traballo sentou as bases teóricas para a programación de computadoras, e é amplamente recoñecida como a primeira persoa en comprender o potencial das máquinas para ir máis alá de simples cálculos numéricos, anticipando así o concepto de programación informática.

✔️ Ángela Ruiz Robles e o libro electrónico

Ángela Ruiz Robles foi mestra, escritora e inventora. En 1949, desenvolveu a primeira proposta de enciclopedia mecánica e, en 1962 realizou un prototipo da mesma, construído en Ferrol. Este aparello consistía nun procedemento mecánico, eléctrico e a presión de aire para a lectura de libros que consistía nunhas láminas con debuxos que se iluminaban ao pousar un dedo sobre elas. Na actualidade, a súa invención pode atoparse no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía na Coruña. E, de algunha maneira, considérase o precedente do primeiro libro electrónico.

✔️ Canva e Melanie Perkins

A todos nos resultará familiar, aínda que sexa por encima, a plataforma Canva. Esta é unha ferramenta en liña que permite crear deseños gráficos e maneira sinxela e accesible, aínda que non teñamos experiencia previa nesta rama. Aínda que conta con tantos amantes como detractores, é innegable que a aplicación marcou un antes e un despois en canto a deseño para redes sociais se refire.

A compañía foi cofundada en 2013 pola súa actual CEO, Melanie Perkins e, a día de hoxe, é unha das compañías de computación na nube máis importantes.

✔️X, Yaccarino e Picquot

Dende xuño do ano pasado, Linda Yaccarino é a directora executiva de X. Yaccarino conta con experiencia nos medios tradicionais e é a ex-xefa de publicidade de NBCUniversal, onde forxou asociacións estratéxicas con compañías tan coñecidas como Twitter, Apple, Buzzfeed, Snapchat e
Youtube. Neste sentido, en España, ata fai relativamente pouco, a directora xeral de Twitter para España e Portugal era Nathalie Picqueot, especialista en desenvolvemento de negocio, marketing e vendas no ámbito dixital. Actualmente, é a directora global de Corporate Marketing, Brand Experience e
Digital Engagement do Banco Santander.

✔️Irene Cano e Fuencisla Clemares

Tamén nos atopamos, entre outras, con Irene Cano, que é a directora xeral de Facebook España e Portugal desde xuño de 2012 e recoñecida como unha das mulleres máis influíntes de España; ou a Fuencisla Clemares, que é a directora xeral de Google en España e Portugal e que conta con máis de 20 anos de experiencia en dirección, consultoría estratexia, comercio electrónico, marketing dixital, industria minorista e xestión de vendas.

Estas son só algunha das mulleres que fixeron que a tecnoloxía e a rede sexan o que son hoxe en día. E, aínda que sempre se incide máis sobre as figuras femininas e o seu papel na historia en datas como o Día da Muller, é importante poñer sobre a mesa todos os seus avances a diario porque, a
fin de contas, no noso día a día é cando empregamos todas tecnoloxías que, sen elas, quizais non existirían.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions