Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe explícanos A orixe científica dos memes e o seu emprego para mellorar a imaxe de marca dunha empresa.

"Existe unha vertente do marketing dixital que se denomina Meme Marketing".

"O meme é unha das moitas formas que temos para transmitir a nosa cultura e os nosos coñecementos".

"Tal é a súa importancia cultural, do meme, que a Biblioteca Nacional Española recopila memes de internet nos seus arquivos co fin de preservar o patrimonio español na rede".

A orixe científica do concepto

No ano 1976, o divulgador científico británico Richard Dawkins publicou o seu ensaio sobre a evolución xenética chamado O xen egoista. E, malia que pensemos que un estudo científico pouco ten que ver cun concepto tan “humorístico” como os memes, estamos un tanto enganados.

Dawkins define o meme como unha “unidade cultural de imitación, replicación e transmisión” que se propaga dunha persoa a outra, incluso dunha xeración a outra, da mesma maneira que o farían os nosos xenes (de aí o seu nome). Deste xeito, os memes compiten por replicarse e sobrevivir no ambiente cultural, mediante a súa adaptación ao longo do tempo.

Esta unidade cultural pode tomar varias formas, dende ideas a crenzas até
comportamentos, modas e expresións culturais e influir no noso comportamento. Por iso, beber rápido o zume porque se van as vitaminas, pedir un desexo cando se nos cae unha pestana ou incluso durmir unha sesta porque serve para recargar as pilas, poden considerarse memes: porque son ideas e crenzas populares dun colectivo, son unidades básicas que se replican, que se imitan con pequenas modificacións e que inflúen no noso comportamento.

Agora ben, o termo “meme” evolucionou co paso dos anos e agora emprégase no contexto de Internet para referirise a imaxes, vídeos, frases e ideas virais que se propagan a través das redes sociais. E isto xa cumpre coa premisa da definición do científico: é unha unidade cultural que se imita e replica a través dunha canle como son as redes sociais e que pasa de persoa a persoa. E, con todo isto, compiten entre elas para sobrevivir no “ambiente cultural” dixital.

En definitiva, o meme é unha das moitas formas que temos para transmitir a nosa cultura e os nosos coñecementos. De feito, como curiosidade, tal é a súa importancia cultural que a Biblioteca Nacional Española recopila memes de internet nos seus arquivos co fin de preservar o patrimonio español na rede.

O Meme Marketing: as vantaxes dos memes para un negocio

Os memes axúdannos a interpretar e formar parte do diálogo que se entabla en redes. E as marcas tamén poden entrar nesta conversa. De feito, existe unha vertente do marketing dixital que se denomina Meme Marketing.

É dicir, nós como marca podemos integrar esta unidade básica de cultura para que nos axude a mellorar o alcance dunha mensaxe, aumentar a interacción co público e subirse á onda das tendencias máis actuais. Iso si, integrar este tipo de contido na nosa marca, ten que estar ligado e concordar cos nosos valores e o ton que empregamos.

Deste xeito, algúns dos beneficios que nos brinda este tipo de estratexias son:

Aumentan a conexión da marca co público

Os memes son divertidos e gustan. Fannos sentir partícipes dun conxunto, dese conxunto que entende e sabe interpretalos. Tal é o seu poder, que se se emprega correctamente pode aumentar o engagement da marca.

Xeran memoria

Coa velocidade e o constante bombardeo de contidos aos que estamos sometidos en redes sociais, lembrarnos de unha conta ou publicación concretos non é, para nada, sinxelo. Sen embargo, grazas a ferramentas coma estas, ao ser elementos que recordan á cotiandade, reais e próximos, tendemos a recordalo con maior facilidade.

Son baratos

O único custo que ten este tipo de estratexias para unha empresa é o tempo que lle leve atopar e replicar o meme. Son recursos accesibles, que poden axudar a mellorar o alcance e, para máis inri, son gratuítos.

Humanizan a marca

Ao aproveitarse da cultura popular dos memes, pódese conseguir que unha marca pareza máis accesible e divertida, o que pode mellorar a percepción da marca.

Como “replicar” o meme?

Hai moitos buscadores de memes e outros tantos que nos permiten crealos.
Por citar algúns deles atopámonos con Meme Generator, LOL Builder ou Quick Meme, que nos permiten buscar e editar memes.

Por outra banda, se só queremos coñecer o seu significado, podemos consultar Know Your Meme, Memedroid ou Tenor. Iso si, aínda que existen estas ferramentas, as redes sociais sempre serán o centro neurálxico no que atopar as últimas tendencias en memes.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions