Corría o ano 1964. A Beatle-teima comezaba a expandirse polo mundo. Na Estrada un grupo de amigos xuntábase coa música como escusa. Nacían Os Chiky's, considerada a banda de rock en activo máis antiga de Galicia.

Falo con Carlos Campos, Luis Rey e Manuel Castedo do concerto homenaxe a Miguel Silva.

"Cando vimos por primeira ver unha guitarra eléctrica non entendíamos porque non sonaba senón estaba enchufada”.

"O señor Ramiro Abelleiro da Sala Gradín foi o que nos financiou o primeiro equipo de amplificación profesional para o escenario”.

"Nós facemos boa música dos anos 60´s, Rolling, Beatles, Los Brincos, Los Mustang... Con sonido dos anos 60´s”.

Con todo o que choveu e pese aos cambios de integrantes, seguen dando guerra. Mañán ofrecerán no teatro Principal da Estrada, a partir das 20.00 horas, un concerto homenaxe a un dos fundadores do grupo, Miguel Silva.

O grupo fundárono Miguel Silva (que tamén facía as veces de manager) Antonio González, Juan Goyanes, Braulio Terceiro, Luís Chao e Carlos Campos. Pouco despois incorporaríanse Gai e Javier García Andrade, entre outros. A súa presentación foi nunha verbena en Vea e a partir de aí iniciaron unha carreira imparable de éxitos, anécdotas e recordos. As salas de festas de toda Galicia eran o seu escenario habitual. Sendo a súa residencia a mítica Sala Gradín.

ESCOITÁMONOS

PARTICIPA:
: @pablochichas
☎️: 986675149
: 644165966

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: @pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas