Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos da IA máis alá de Chat GPT: algunhas intelixencias artificiais que podemos usar en redes sociais.

"Tanto Chat GPT como outras intelixencias artificiais xenerativas contan con numerosas vantaxes como a capacidade para crear contido creativo".

"Google lanzou a súa nova Intelixencia artificial, sobre a que afirman que será a substituta de Google Bard e do Asistente de Android. Chámase Gemini".

"ChatSonic véndense como a mellor alternativa a Chat GPT para a creación de contido. E é capaz de trasladar o chat xerado a un PDF".

Se mencionamos o termo Intelixencia Artificial, á maioría de nós viranos á cabeza unha das IAs conversacionais máis famosas dos últimos tempos. Chat GPT, lanzada a finais de novembro do 2022 por OpenAI, non deixa a ninguén indiferente pero, aínda que semelle que non haxa mundo máis alá deste modelo de procesamento de linguaxe natural, hai outras moitas alternativas e complementos a este que nos poden dar unhas cantas alegrías para o noso día a día en redes sociais.

As vantaxes desta intelixencia artificial

Tanto Chat GPT como outras intelixencias artificiais xenerativas contan con numerosas vantaxes como a capacidade para crear contido creativo, dende imaxes de calidade até textos persuasivos ou composicións musicais; permiten a creación de contido cada vez máis realista; teñen un alto nivel de personalización e adaptabilidade, é dicir, son quen de adaptarse ás preferencias e necesidades de cada usuario; e, aforra tempo e recursos, polo que os profesionais poden adicarlle maior tempo a outras tarefas creativas ou estratéxicas.

⚠️IAS conversacionais

✔️Gemini.

A semana pasada Google lanzou a súa nova Intelixencia artificial, sobre a que afirman que será a substituta de Google Bard e do Asistente de Android. Chámase Gemini e, malia que aínda non está dispoñible na Play Store, podemos acceder a ela a través da versión web ou descargando un arquivo .apk nos nosos teléfonos intelixentes. O interesante de Gemini é que é multimodal. Isto quere dicir que podemos falarlle a través de texto escrito, a través dun audio ou incluso podemos adxuntar unha imaxe para que nos
dea unha resposta tendo como contexto esa fotografía.

Máis alá de que é unha aplicación de Google, polo que se espera que os seus diferentes servizos estean entrelazados dalgunha maneira (por exemplo, pódese buscar información no noso correo ou nos documentos de Google Drive rapidamente), Gemini diferénciase de Chat GPT nunhas respostas máis precisas, consisas e con información actualizada, xa que pode ofrecer ligazóns, cousa que o primeiro non. Pola contra, Chat GPT creará por non
formatos de texto máis creativos, de maior calidade e variedade.

✔️YouChat.

De maneira similar a Google, aparece YouChat. Este é un chat integrado nun motor de busca do mesmo nome e que permite manter conversacións con acceso completo a Internet. O seu obxectivo é ofrecer información de maneira máis eficiente e sen ter que buscar en múltiples fontes. Iso si, debemos ter en conta que YouChat aínda se atopa en fase beta e a súa precisión pode verse limitada.

✔️ChatSonic.

Véndense como a mellor alternativa a Chat GPT para a creación de contido. O
interesante desta IA é que está integrado co buscador de Google, polo que ofrece información actualizada. Pero non só iso. É capaz de trasladar o chat xerado a un PDF para que o poidamos descargar, pode crear imaxes coas descricións absurdas que se nos pasen pola cabeza e falarnos con 16 tons diferentes despois de darlle un texto concreto. Ademais, podemos adxuntar o pdf, link, blog ou vídeo que queiramos e facerlle preguntas en relación
a el.

O malo do chat? Que non é gratuíto, aínda que nos deixa facer 25 buscas diarias, o que non está nada mal.

Algunhas Intelixencias Artificiais para as nosas redes sociais

✔️Imaxes profesionais.

Se ás veces se nos resisten as imaxes de producto, podemos probar a IA chamada Magic Studio. Esta ferramenta permitirnos crear fotografías con fondos elegantes, diferentes temas, eliminar obxectos e fondos non desexados das túas imaxes. E, por suposto, como non podía ser doutro xeito, tamén é capaz de crear fotografías a partir das nosas indicacións de texto. Esta IA é gratuíta, aínda que con certas limitacións, xa que só permite 40 creacións diarias.

✔️Stockimg.ai.

Esta ferramenta é interesante se empregamos imaxes de recurso nas nosas
publicacións. Se temos unha idea moi concreta de fotografía pero non somos capaces de atopalo no noso banco de imaxes de confianza (Freepik, Pixabay, Unsplash, etc.) esta IA daranos fotografías clásicas de stock, ilustracións, portadas de libros, fondos de pantalla, carteis, logotipos e arte con tan só darlle unha descrición do que queremos. Iso si, polo de agora non é gratuíta.

✔️Riffusion.

Esta ferramenta non require de rexistro e é completamente gratuíta. Se
consideramos que aos nosos vídeos ou Reels lles falta algo, con Riffusion poderemos engadirlles esa canción que non atopamos por ningún lado. Podemos escribir a letra da canción e outorgarlle un estilo musical. O resultado será unha melodía que non deixará a ninguén indiferente.

✔️Murf.

Se queremos incluír voz en off nos nosos vídeos pero non queremos que sexa a nosa, Murf ofreceranos diferentes voces para que isto tela solución. Murf crea audios cun ton ou estado de ánimo concretos e conta con máis de 120 voces en máis de 20 idiomas que se poden adaptar ás nosas necesidades.

✔️Invideo.

É un xenerador de vídeo a través dun guión ou dunha descrición concreta. Ten milleiros de plantillas de vídeo para comezar e adáptase aos diferentes formatos de redes sociais. A contra é que, polo de agora, non está dispoñible en castelán.

✔️Dalle-2 e Image Creator.

De Open AI e de Bing, estas dúas ferramentas xeneran as imaxes
coas descricións máis enrevesadas que se nos poidan pasar pola cabeza. Son gratuítas e só requiren de rexistro, ainda que a segunda ten un tope de buscas diarias.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions