Falo con Ana Cao Ríos, graduada en matemáticas, que traballa no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Fálanos de "STAT WARS", un proxecto de divulgación científica, liderado polo Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía-Ministerio de Ciencia e Innovación, da Rede Nacional de Bioestadística (BIOSTATNET).

"No colexio matemáticas era a asignatura que máis me gustaba, non me molestaba cando me mandaban deberes".

"O obxetivo de STAT WARS é que a rapazada vexa que a estatística serve para algo e que ten moitas aplicacións".

"A estatística sempre se deixa para o úlitmo tema e moitas veces (aos profesor@s) non lle da tempo de dar ata o último tema".

A actividade “STAT WARS” diríxese aos estudantes de ESO, Bacharelato e FP, e ten por obxectivos: acercar aos mozos a disciplina da Estatística dunha maneira amena e divertida, con xogos e concursos, nos que poderán poñer en práctica o seu espírito crítico e descubrir diversas aplicacións da Estatística na vida real, presentándoa como unha vocación científica de futuro.

O Concello da Estrada colabora na organización do evento que terá lugar no Teatro Principal desta mesma localidade, o día 18 de Abril e no que participarán 355 estudantes de 4 centros de educación secundaria: da Estrada (IES Manuel García Barros e o IES No 1), de Cuntis (CPI Aurelio Marcelino Rey García) e de Santiago de Compostela (IES de SAR).

O evento será impartido polos membros da Universidade de Santiago de Compostela: Mercedes Conde, profesora de Estatística e vicedecana da Facultade de Matemáticas, Ana Bouzas e Berta Rial, ambas xestoras da investigación no Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos (GRID-BDS) e polas investigadoras do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS): Ana Cao e Carla Díaz.

“STAT WARS” é unha idea orixinal da Universidad Carlos III de Madrid (UC3M), que a Rede BIOSTATNET lanzou no ano 2017 ao territorio nacional baixo a coordinación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través do Grupo GRID-BDS. Na edición 2022-2023 tamén participan outras 12 universidades españolas: Universidad de Almería, Universidad Autónoma de Barcelona, Universidad Carlos III de Madrid, Universidad de Castilla La Mancha, Universidad de Extremadura, Universidad de Granada, Universidad de Navarra, Universidad de Oviedo, Universidad del País Vasco, Universidad Politécnica de Catalunya, Universidad de Salamanca y Universidad de Valencia.

Dende a posta en marcha do proxecto Stat Wars, en Galicia son xa máis de 3.000 os xóvenes que participaron nesta actividade divulgativa.

Máis Información STAT WARS:

✔️Páxina Web: https://www.proyectostatwars.es/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/statwarses

✔️Twitter: https://twitter.com/StatWarses

✔️Instagram: https://www.instagram.com/statwarses/

✔️TikTok: https://www.tiktok.com/@statwarses?lang=es

Máis Información IDIS Santiago:

✔️Páxina Web: https://www.idisantiago.es/

✔️Twitter: https://twitter.com/IDIS_research

✔️Instagram: https://www.instagram.com/idis_research/

✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/company/idisantiago/

✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCf8DuywfO-8azzAbEbzFhqQ

️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast

Máis Información:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions