OUFF Escola premia os 3 mellores traballos e o mellor guión, en dúas categorías: Infantil e Primaria, e Outros niveis de ensino non universitario. E o 1º premio na categoría de Infantil e Primaria foi para, A nena, do CEIP Manuel Villar Paramá.

VER A CURTA: https://www.youtube.com/watch?v=Tl4QKFfjypI

"A miña avoa tivo un unha boneca cando aprendeu a coser e a fixo ela mesma".

"Non sabíamos como vivían as nenas de esa época e coa curtametraxe aprendimos moito".

"Chamounos a atención que anduveran descalzas, que saísen solos da casa e que fixeran tantas tarefas da casa".

"Aprendimos que as persoas da posguerra con poucas cousas estaban contentos e a apreciar máis á familia e a comida que temos".

O Ourense Film Festival (OUFF) é o certame máis antigo de carácter internacional e competitivo que se celebra en Galicia consolídase como punto de encontro dos afeccionados e profesionais do medio cinematográfico, fundamentalmente de España, Galicia e norte de Portugal, Máis de 140 países dos cinco continentes enviaron os seus traballos ao certame ao longo das 22 edicións anteriores.

Polo certame pasaron directores/as como: José Luis Cuerda, Alejandro Amenábar, Sergi López, Elías Querejeta, Fernando Arribas, Fernando León, Pedro Olea, Assumpta Serna, Imanol Arias, Laura Gárdos Velo, Carlos Iglesias, Javier Angulo, Joaquim de Almeida, Concha Velasco, Luís García Berlanga, Montxo Armendariz, Juan Diego, Álex de la Iglesia, Diego Galán, Pilar Bardem, Pepe Sancho, Lola Herrera, Víctor Clavijo, Daniel Guzmán, Alfredo Landa, Lola Dueñas, Isabel Coixet, Carlos Bardem, Javier Bardem, Enrique Urbizu,

E actrices e actores como Isabel Blanco, Uxía Blanco, Pepe Coira, Manuel González, Julio Casal, Mamen Quintas, Xavier Bermúdez, Morris, Luís Zahera, Monti Castiñeiras, Susana Maceiras, Chelo Loureiro, Mabel Rivera, Rubén Riós, Raúl Veiga, Xavier Villaverde, Chisco Amado, Norberto López Amado, Pancho Casal, Antonio Mourelos, Patricia Ferreira, María Vázquez, Araceli Gonda, Dani de la Torre, Enma Lustres, Ignacio Vilar, Miguel de Lira, Antón Reixa, Manuel Manquiña, Luís Tosar, Ledicia Sola, Sonia Castelo, María Bouzas…

Dentro do Certame Internacional de Cine OUFF Escola premianse os mellores traballos escolares. E o pasado día 7 de novembro o Auditorio municipal de Ourense acolleu a Gala de entrega de premios aos colexios gañadores do Certame Internacional de Cine Escola- OUFF Escola 2023.
Este é un proxecto que desenvolve o Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, que contou nesta edición, número 14, coa participación de máis de 2.000 escolares de centros educativos de toda Galicia, que presentaron un total de 82 películas.

OUFF Escola premia os 3 mellores traballos e o mellor guión, en dúas categorías: Infantil e Primaria, e Outros niveis de ensino non universitario. E o 1º premio na categoría de Infantil e Primaria foi para, A nena, do CEIP Manuel Villar Paramá (A Estrada, Pontevedra). Unha curtametraxe, inspirada nun conto de Mario caneiro, dirixida por Lucía Muñoz, protagonizada por Celia Neira, e na que participan país, profes e máis alumnas como Irene e Bustelo, Manuel Chenlo, Mía Constenla, Xacobe e Carmen Freire, Andrés García, Lara López, Manuel e Ana Valencia, Estela García, Maruxa e Antía Rodríguez, Sara Neira e Hugo Fernández.

E hoxe veñen a saltar da cama con nós Irene, Manuel, Mia, Xacobe, Clara, Irene, Andrés, Celia, Manuel, Anxo e Maruxa e a Profe Laura Vázquez.

Máis Información do CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ:

✔️ Web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvillarparama/

✔️ Facebook: https://www.facebook.com/ceipmanuel.villarparama

️ "SUSCRÍBETE" ao podcast

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions