Laura López, de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe achéganos, a arte das IA e a súa aplicación en redes sociais.

No ano 2022 a Fundéu deixounos pampos coa súa elección da palabra -ou máis ben expresión complexa- do ano 2022. A intelixencia artificial ou IA, polas súas siglas, deunos moito do que falar e fíxonos aprender unha chea nos últimos tempos. Este concepto, que ás veces nos resulta algo ambiguo, xa é unha constante no noso día a día e asistentes como Siri e Alexa ou as recomendacións musicais de Spotify son un bo exemplo diso.

"Aínda que poidamos facer un uso sinxelo de ChatGPT, esta ten moito potencial á hora de escribir os copies para as nosas publicacións.".

"Na última edición, do IA Song Contest, podemos atopar a canción participante de Galicia no segundo posto".

"DALL-E 2 defínese como un novo sistema de intelixencia artificial que pode crear imaxes realistas a partir dunha descrición de texto e mediante a posterior combinación de conceptos, atributos e estilos".

Que é a intelixencia artificial?

A intelixencia artificial defínese como unha "disciplina científica que se ocupa de crear programas informáticos que realizan operacións comparables ás que realiza a mente humana, como o aprendizaxe ou o razonamento lóxico". A IA xa está presente en sectores moi diversos. Na sanidade, a través de chatbots que nos preguntan polos nosos síntomas e realizan un diagnóstico; no
transporte e loxística, para optimizar o tráfico; na agricultura, con análises predictivos que melloran o rendemento dos terreos; no ámbito comercial, mediante a súa previsión de vendas e recomendacións de produtos a usuarios; na educación, con ofertas personalizadas para optimizar a
aprendizaxe; ou na banca, a través da predición de patróns do mercado para aconsellar a clientes e incluso detectar fraudes; e moitas outras posibilidades. Non obstante, tamén está a facer acto de presenza nun ámbito que, convencionalmente, críamos que estaba máis guiado polo corazón que
pola razón: a arte.

A IA que pinta: DALL-E 2

OpenAI é a responsable de que Chat GPT estea na boca de todos. Este é unha especie de chatbot de intelixencia artificial que responde ás nosas preguntas ou peticións máis disparatadas, desde a creación dun traballo académico de mil palabras sobre o cambio climático ata a resolución dunha ecuación.

Esta mesma compañía, fundada por Elon Musk e outros investidores, e que afirma ter como obxectivo a promoción e desenvolvemento da IA amigable de maneira que beneficie á sociedade, tamén conta cunha vea máis artística: DALL-E.

DALL-E 2 defínese como un novo sistema de intelixencia artificial que pode crear imaxes realistas a partir dunha descrición de texto e mediante a posterior combinación de conceptos, atributos e estilos.

Esta IA, tería aprendido a relación entre imaxes e o texto usado para describilas. Utiliza un proceso chamado "difusión", que comeza cun patrón aleatorio de puntos e que gradualmente vai alterando cara a unha imaxe cando recoñece aspectos específicos dela.

Está claro que as imitacións sairían pronto e xa contamos con outras propostas como IMAXEN de Google ou DALL-E Mini. Ademais, as redes sociais ou ferramentas que empregamos para preparar o noso contido para redes, xa conta con integracións de IA: por exemplo, en Photoshop podemos completar -e facilitar- a nosa edición. A plataforma ten unha ferramenta que, mediante unha descrición nosa, é capaz de crear formas, imaxes e todo o que nos poidamos imaxinar. Isto tamén o podemos ver noutras ferramentas de creación de contido como pode ser Canva.

Chat GPT: algúns consellos se nos falta inspiración

E isto, por suposto, ten a súa aplicación en redes sociais. Non só a través da publicación, por exemplo, das imaxes de DALL-E ou das creatividades xeradas con Photoshop ou Canva, senón co Chat GPT.

Aínda que poidamos facer un uso sinxelo da plataforma, esta ten moito potencial á hora de escribir os copies para as nosas publicacións.

✔️ Estilo. Podémoslle pedir que nos responda cun estilo determinado de escritura: formal, persuasivo, descriptivo, narrativo, inspiracional, informal, cercano, emotivo, amable, técnico, respetuoso ou irónico, por exemplo.

✔️ Algún truco. Podémoslle pedir que adquira un rol nas súas respostas, por exemplo, de locutor de radio. Indicarlle un tipo de formato na resposta, por exemplo, un guión. Tamén lle podemos solicitar accións como o resume dun texto en 100 palabras, que nos simplifique un contido ou mesmo que, en base a un parágrafo que nós lle proporcionemos, xenere unha proposta de titulares.

✔️Extensións de Chrome para redes sociais. Son moitas as súas posibilidades e as redes sociais son conscientes de iso. É así que podemos aproveitarnos de extensións como Tweet GPT, que crea unha biografía e imaxe automática en función aos tuits que publicamos; YouTube Summary, que permite resumir vídeos de YouTube e artigos da rede; ChatGPT Writer, destinado a escribir emails e mensaxes, solventar eses erros de gramática que poidamos ter, cambiar o ton de escritura ou resumir, entre outras opcións; Fireflies, é un
asistente de voz dixital que se une como participante ás conversas en Zoom e que axuda a transcribir, tomar notas e realizar accións durante as reunións; ou Engage AI, destinada a mellorar o alcance en LinkedIn a través da automatización e mellora de comentarios.

✔️MusicLM: do papel ao pentagram

Google presentou un modelo que xera música de alta fidelidade a partir de descricións de texto. Que MusicLM sexa capaz de facer isto débese a un exhaustivo adestramento de arredor de 280.000 horas de música, o que lle permite discernir diferentes conceptos. Aínda que na súa web xa podemos escoitar varios exemplos diso, o usuario de a pé aínda non o pode probar xa que, por agora, Google non se plantexa lanzar esta ferramenta ao público.

✔️Unha cita para os eurofans: AI Song Contest

Se es dos que agarda a que chegue Eurovisión como auga de maio, quizais che soe a cita eurovisiva con IA que se celebra dende 2020 nos Países Baixos.
AI Song Contest é unha competición internacional que explora o uso de intelixencia artificial no proceso de composición musical na que poden participar tanto músicos como investigadores ou desenvolvedores.

Na última edición, celebrada en xuño de 2022, participaron 46 equipos creadores de todo o mundo. E, entre os 15 finalistas resultantes, podemos atopar a canción participante de Galicia no segundo posto. E, o próximo 4 de novembro será a Coruña a responsable de recibir as novas cancións
creadas con IA.

AI-Lalelo ( https://www.youtube.com/watch?v=sWm7SPmxJTU ) , nome que recibe a canción galega creada exclusivamente con intelixencia artificial, descríbese como unha homenaxe ás mulleres que erixiron o país e conseguiron manter a tradición, lingua e cultura propias. A canción baséase nas cantigas tradicionais, fusionadas cun toque futurista da man das ferramentas de IA. A peza, creada polo equipo PAMP, da empresa CECUB Group, foi xerada a partir de 454 cancións tradicionais con GPT-3, que emprega aprendizaxe profunda para crear textos que emulan a redacción humana, segundo explican en Portal TIC. Este ano repetirán a
experiencia coa canción Florespiña ( https://www.youtube.com/watch?v=LW7T45VSciU ), na que podemos escoitar a voz de Ana Kiro.

Outras ferramentas de IA empregadas na súa composición foron Google Magenta, para a creación de arte e música, e DDSP, para a combinación da estrutura de elementos como filtros e reverberacións para xerar sons, partindo de instrumentos de percusión tradicionais.

E, aínda que estes xa son algúns exemplos fascinantes de como a intelixencia artificial pode realizar tarefas que eran encomendadas tradicionalmente á creatividade humana, seguro que nos seguirá sorprendendo co transcurso do tempo.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions