Lorena Penas, socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital, explícanos 6 claves para viralizarse e facer crecer comunicades en Youtube.

Por máis que se pregunte a expertos cales son os ingredientes
máxicos para crecer en Youtube o certo é que non hai unha receita
milagrosa que impulse unha canle. A base, ao final, é a constancia, o
traballo e coñecer á comunidade propia.

"Youtube pode sevirnos para alcanzar a novos segmentos de audiencia, como aos máis novos e dese modo chegar a un público obxetivo de máis idade".

"Para que un vídeo de Youtube chegue a viralizarse, hai que traballar moi ben o SEO. Un bo posicionamento axudaranos a estar por diante doutros contidos similares".

"O ideal é tratar os temas en profundidade, a través de documentais e reportaxes de formato longo".

Por máis que se pregunte a expertos cales son os ingredientes
máxicos para crecer en Youtube o certo é que non hai unha receita
milagrosa que impulse unha canle. A base, ao final, é a constancia, o
traballo e coñecer á comunidade propia.

1. CONTIDOS DE CALIDADE

✔️ Non hai unha receita máxica, pero, o primeiro que hai que dicir é que ter uns contidos de calidade é un aspecto capital en toda estratexia de Youtube. Ademais, hai que ser constante e ter moi ben estruturada a estratexia e o calendario de contidos.

Non hai que obsesionarse con crecer custe o que custe. É preferible coidar máis os teus contidos antes que crecer rápido e que isto implique que os teus seguidores non teñan interese realmente na canle

2. ESTAR ACTUALIZADOS PERO NON ESQUECERSE DO QUE ACONTECE EN SEGUNDO PLANO.

✔️ A actualidade é un piar fundamental, pero non hai que xogarlla a un
só número. Abarcar temáticas que outras canles non teñan presentes no
momento tamén é importante para diferenciarnos e facernos un
oco.

3. INTERACTUAR COS SUSCRITORES

✔️ Un aspecto primordial é estar pendente dos comentarios, suxerencias
e peticións da audiencia, para saber que demandan e estar moi
pendentes das estatísticas da canle para saber os temas que máis
se están seguindo.

4. TRATAR OS TEMAS EN PROFUNDIDADE

✔️ Fronte a outras plataformas, que demandan máis inmediatez e rapidez, Youtube esixe un pouco máis de profundidade. O ideal é tratar os temas en profundidade, a través de documentais e reportaxes de formato longo, que permitan á audiencia profundar nos asuntos da actualidade e reter durante máis tempo á audiencia vendo os nosos contidos.

A elevada media de tempo visualizado por usuario é un dos puntos fundamentais para o algoritmo de Youtube.

5. TRABALLAR BEN O SEO

✔️ Un dos aspectos clave primordiais para que un vídeo de Youtube teña un bo alcance, e mesmo chegue a viralizarse, é traballar moi ben o SEO. Un bo posicionamento axudaranos a estar por diante doutros contidos similares e fará que os usuarios elixan o noso vídeo en lugar doutros.

6. UTILIZAR YOUTUBE PARA ALCANZAR NOVOS SEGMENTOS

✔️ A aterraxe en Youtube das compañías dáse, en boa parte, para
alcanzar a novos segmentos de audiencia, como aos máis novos.

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

Máis Información e outras entrevisas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions