Calquera marca que queira reforzar a súa imaxe e ampliar a súa base de clientes, xa se trate dunha gran empresa ou dunha pequena startup ten unha gran ferramenta á súa disposición nas redes sociais. Un traballo constante neste ámbito pode permitir a calquera empresa ampliar de forma considerable o seu abanico de clientes, potenciar o coñecemento da súa marca, e establecer unha comunidade activa e dinámica ao redor dos seus produtos e os seus servizos.

"É importante xestionar os comentarios negativos de forma
construtiva. Confrontar ou ignorar estos comentarios pode ter un
efecto prexudicial para a imaxe da marca".

"É importante saber identificar o público obxetivo das nosas campañas e dirixir aas mesmas cara esa audiencia. Isto é moi importante á hora de traballar as redes sociais".

"Cada ano son hackeadas miles de contas de usuarios e empresas en todas as redes sociais. Cuantos máis usuarios teña unha conta, máis interesante pode ser para os hackers".

OS ERROS MÁIS HABITUAIS NO MARKETING DE REDES SOCIAIS

Estes consellos axudaranche tanto se te estás iniciando no márketing das redes sociais, coma se xa contas con anos de experiencia no sector. Se queres perfeccionar a túa estratexia nesta contorna tan dinámica e cambiante, estes son algúns dos erros máis comúns que debes tratar de evitar para que as túas campañas teñan moito mellor rendemento.

1️⃣ SER INCONSTANTE.

A inconstancia é un dos problemas máis frecuentes nas campañas das
redes sociais, e unha das principais razóns polas que os perfís dunha
marca fracasan en Facebook, Twitter ou Instagram. Moitas empresas dedican
varios meses e bastante diñeiro a construír os perfís das súas marcas, pero abandónanos ou os desatenden cando alcanzan unha certa cantidade de fans.

Facer isto fai que os seguidores que están subscritos ao perfil terminen
desinteresándose, e ademais fai caer considerablemente a influencia do
perfil nos feeds cando se realizan novas publicacións. Por iso, a única
forma de manterse relevante nas redes sociais pasa por realizar
publicacións de maneira continua e traballar día tras día na construción do
compromiso.

2️⃣ NON ADAPTARSE Á AUDIENCIA REAL DA TÚA MARCA.

Poida que teñas unha audiencia obxectivo na túa mente, pero deben ser os
resultados os que determinen se esa audiencia obxectivo é a correcta ou non. A proposta da túa empresa pode estar a interpelar máis a un tipo de audiencia distinto ao que pensaras orixinalmente, así que é importante que saibas identificar isto á hora de traballar as túas redes sociais.

Audiencias diferentes esperan contidos diferentes, e reaccionan de maneira
distinta ás túas publicacións. Se tes un tipo de audiencia, pero segues realizando as túas publicacións pensando noutro tipo de audiencia, este desaxuste farase notar na relevancia das túas redes sociais e xerará desinterese ou desconcerto.

3️⃣ NON PROTEXER AS CONTAS ADECUADAMENTE.

Cada ano son hackeadas miles de contas de usuarios e empresas en todas as
redes sociais. Cuantos máis usuarios teña unha conta, máis interesante pode
ser para os hackers, que tentarán facerse con ela para acceder a unha gran
audiencia sen necesidade de traballar durante meses ou anos para construíla.

Utilizar un xestor de contrasinais para protexer as claves de acceso ás contas
das túas redes sociais, así como acceder a elas desde navegadores
independentes e robustos, son dous das principais medidas de ciberseguridade que deberías adoptar para garantir que se manteñen protexidas.

4️⃣ RESPONDER DE MANEIRA INADECUADA AOS COMENTARIOS NEGATIVOS.

As redes sociais están cada vez máis no punto de mira por ser grandes focos
de negatividad, algo que afecta especialmente a Facebook e a Twitter, e as marcas que se publicitan a través delas non están libres destes problemas. Se tes un perfil aberto no que calquera persoa pode comentar, é posible que che enfrontes a comentarios negativos ou queixas sobre a túa marca de maneira diaria.

É importante tratar de xestionar este tipo de comentarios de forma
construtiva. Confrontar ou ignorar os comentarios negativos pode ter un
efecto prexudicial para a imaxe da túa marca, pero tamén é certo que tes
pouco que gañar presentando as túas desculpas unha e outra vez. Unha das mellores solucións pasa por atender ás queixas máis comúns e lidar con elas
presentando melloras no teu servizo para emendalas.

5️⃣ ASUMIR QUE O PÚBLICO DAS REDES SOCIAIS REPRESENTA AO PÚBLICO DA MARCA.

Lembra que cada rede social é un ecosistema único con características propias, e que o público que che segue nelas non representa en absoluto á totalidade da túa audiencia. Só unha fracción dos teus clientes segue as túas redes sociais, e, quen o fai, teñen perfís moi diferentes en función de se prefiren utilizar Facebook, Instagram ou Twitter. E, de todos eles, só unha fracción aínda máis reducida dedica o seu tempo para interactuar coa túa marca.

É importante que teñas isto en mente para relativizar a negatividad que
atopas nas redes sociais, debido a que tenden a funcionar como altofalantes
para a negatividad. Ten presente que a gran maioría da túa audiencia
seguramente está conforme co funcionamento da túa empresa, así que non lle deas excesiva importancia ás voces disonantes.

CLAVES PARA CONTESTAR COMENTARIOS NEGATIVOS NAS REDES: https://www.ivoox.com/claves-para-contestar-comentarios-negativos-nas-redes-sociais-audios-mp3_rf_75351118_1.html

ATENCIÓN AO CLIENTE EN REDES SOCIAIS: https://www.ivoox.com/atencion-ao-cliente-en-redes-sociais-lorena-penas-audios-mp3_rf_81566741_1.html

Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

️"SUSCRÍBETE" ao podcast.

Máis Información e outras entrevisas:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

Twitter Mentions