C'mmons baby! artwork

C'mmons baby!

27 episodes - English - Latest episode: over 1 year ago -

C'mmons baby! é un podcast sobre músicas distribuidas baixo licenzas copyleft, creative commons ou de libre descarga.
(CC + copyleft + free downloadable) music podcast

Music music musica creativecommons copyleft músicaslivres pop rock electronic folk freemusic
Homepage Apple Podcasts Google Podcasts Overcast Castro Pocket Casts RSS feed

Episodes

C'mmons baby! #91 (15.º aniversario)

November 01, 2022 07:30 - 124 MB

 Saúdos e benvindes a emisión especial, 15.º aniversario de C'mmons baby! Como mudaron os tempos nestes quince anos, eh? Ben, como sempre dixen acá, Cb! naceu o día dos defuntos e naceu xa morrido, por iso nunca vai morrer de todo, é un podcast non-morto e hoxe resucita, por un día máis, como o cerebro do lobishome, que tamén está aínda vivo. (duración: 1h 07' 05'') baixar .mp3 / baixar .ogg Nicholas Burgess. Wolfman's Brain is Still Alive (2022, cc-by-nc-sa) Savnko. c'mon (20...

C'mmons baby! #090 (grande finale)

November 01, 2020 18:15 - 131 MB

Benvidas e benvidos á última emisión de C'mmons baby! Antes de nada clarexar que isto é unha conclusión, non un regreso. Quero tamén desculparme por tardar cinco anos en gravar iso -a vida non deixa vivir ás veces- e desculpas tamén polo son estraño, por momentos, da miña voz, mais non sei que pasaba co micrófono que facía cousas raras. Debe ser que xa non lembraba traballar... Con todo, desta vez, os protagonistas sodes vós, os que estivestes aí do outro lado durante oito fabulosos anos. G...

C'mmons baby! #89 (fillas da loba)

November 02, 2015 17:00 - 18.7 MB

Facemos oito anos de emisións. Este de hoxe non é un programa especial, é un programa inmortal. Queridos amigos, a natureza é cruel e salvaxe, só sobreviven os animais afoutos, como a loba; hoxe, día de defuntos, imos ouvear á lúa como quen venta o final. Aaauuuuuuhhhhhhh!! (duración: 23'20''). baixar .mp3 / baixar .ogg Vita and the Woolf. Mary  (Single Fang Song, 2014, CC-BY-SA) Kira May. Wolves (EP Health, 2014, CC-BY-NC-ND) Katy Kirby. Favorite person (Single Favorite person, 2014, ...

C'mmons baby! #88 (arregueifadas)

June 01, 2015 07:30 - 18.9 MB

Regueifar regueifarei, loguiño de comezar, temos hoxe no C'mmons baby! hiphopiño, un verso e tamén rap. Un xénero pouco tocado no programa do que ía sendo tempo xa de botar unha picada.(duración: 23'33''). baixar .mp3 / baixar .ogg Projeto Manada. Um por todos (LP Urbanidades, 2008 / Compilation TZT#01 São Paulo is burning!, 2010 Cheese N Pot-C. As good as something really good (LP Blue Bins, 2015 Blocsonic) Sokram. Mutant Roll (LP Chuvia Ácida, 2014) Yamamoto. Stargaze (EP Columpio, 2...

C'mmons baby! #87 (afrancesadas)

April 06, 2015 08:15 - 23.9 MB

Como ovos batidos até homoxeneizar clara e xema, e pasados despois pola tixola, así andamos... afrancesando a música (duración: 17'23''). baixar .mp3 / baixar .ogg Rachel Baz. J'aime toi  (LP Ramenez-moi, 207) Half Asleep. (une histoire d’)Astronautes-marîns-pêcheurs (LP Subtitles For The Silent Versions, 2011) Josianne Paradis. Au coeur de toi (LP De Lorimier, 2014) Jorge Bernstein & The Pioupioufuckers. L'homme à sept vies (EP  L'amour élastique, 2011) Ligazóns relacionadas: We Are ...

C'mmons baby! #86 (meter a zoca)

December 08, 2014 19:33 - 27 MB

Na anterior emisión metín a zoca, dixen Dédalo onde debería ter dito Ícaro, e non vai ser a última vez que o faga. Hoxe mesmo esquecín dicir "...cuando el público hace caso" antes de poñervos un importante aviso da xente de proxecto dHábitat. (duración: 19'37''). baixar mp3 / baixar ogg   Nouvelle Cuisine. Ícaro (EP Mientras tanto (Colección otoño​/​invierno), 2012) Cynical Sense (Dada and The Weathermen). Hello black and white bird (LP In airplane trouble, 2007) L.A.W'. Les files d'at...

C'mmons baby! #85 (sete anos, sete faixas)

November 17, 2014 15:46 - 54.1 MB

Celebramos o sétimo cabodano con demora e o anuncio de nova época e formato. Comentamos tamén o resultado da enquisa que lanzamos días atrás e obramos o que consideramos mellor (para ter máis ou menos contentos a todos). Estreamos nova sección: As faixas do faiado, recuperando aos The Dots. (duración: 39'20''). baixar mp3 / baixar ogg Juani. Déjame entrar (La paz ciencia, LP 2013) The Dots. C'mon babe (Fashion for the dressed and naked, LP 2007) Kana Kapila. La gente no entiende nada (T...

C'mmons baby!#65 (fios)

October 27, 2014 11:32 - 35.9 MB

Esta vai ser a última emisión de C'mmons baby! como foi até hoxe, o que veña despois está por ver. Cavilamos no futuro deste falangullo coa ilusión de inchar o peito de novos folgos e de que todo isto nos leve para adiante (duración 26'07"). Baixar o mp3 Metralletas Lecheras. Faire l'amour Útidúr. Fisherman's friend Nicolas Falcon. Cyanide surprise Flyafter. The wonderstar Icon Girl Pistols. The fall of Tokyo Malandrómeda. Que nos leve pra diante Ligazóns relacionadas: Bad Panda Rec...

C'mmons baby! #84 (non somos reis)

July 05, 2014 14:52 - 34.7 MB

Encetamos ciclo ourobórico en C'mmons baby! Abrimos unha serie de emisións que abriran co mesmo músico co que se pecha a emisión anterior. Entramentres, na España, hai novo rei, revalidado nun ciclo infinito coma un gif animado (duración: 25'15''). baixar mp3 / baixar ogg Las Buenas Noches. Anti-nana (Hoy ya es mañana, LP 2014) Candy Says. Not kings (Not Kings, LP 2014) TV Girl. Daughter of a cop (French Exit, LP 2014) Xo. Tics (Dicionario de silencios, LP 2014) Ukulele Clan Band. Mo...

C'mmons baby! #83 (unha voda e case un funeral)

May 29, 2014 16:04 - 34.3 MB

Tantos meses de ausencia e escollo para gravar este día que ando arrefriado para volver... non vos teño remedio. Encanamos coa emisión anterior e seguimos con guitarras, guitarras, guitarras para cargar as pillas (duración: 24'57''). baixar mp3 / baixar ogg Kine Hjeldnes. Cracks (Elude, EP 2014) Camarada Nimoy. Satélite Disidente (Camarada Nimoy, LP 2013) Curtinaitis. Curtinaitis (a.k.a. En Curtis pola noite) (Curtinaitis, EP 2014) The Dark Colours since 1685. Midnight train (MDCLXXXV,...

C'mmons baby! #82 (proletarios e defuntos)

November 21, 2013 16:07 - 42.1 MB

Este é o especial 6º cabodano de C'mmons baby! que debería ter saído o 2 de novembro. Chegou tarde, mas chegou, chegou cheo de arrepiantes novas para o proletariado e fermosas historias de medo. Morte e amor loitando xuntos, Tánatos e Eros, cada un nunha aurícula dos teus ouvidos (duración 30'38"). baixar mp3 / baixar ogg Nasimiyu. Time is a train (Rules Aren't Real, LP) Caxade. Dêmos graças (A dança dos moscas, LP) Els Surfing Sirles. Oda (Fundación Robo, LP colectivo) Garcín. Difunto...

C'mmons baby! #81 (capitalismalo)

September 07, 2013 16:34 - 29.2 MB

Chegamos con cinco meses de atraso, mais regresamos dispostos a demoler este sistema fedorento, a coller forzas para recuperar o ritmo perdido e construír un novo espazo. (duración 21'13"). baixar mp3 / baixar ogg Das Kapital. Demoler (Grecia, LP) William J. Le Petomane. You don't treat me right (Bad news baby, LP) Digits. Love is only affection (Love is only affection, EP) Lizard Kisses & Florist. Loosen (Loosen, single) Grampoder. Capitalismo (mise en abyme) (Golf Whiskey, LP) L...

C'mmons baby! #80 (liberado)

April 30, 2013 15:39 - 25.9 MB

Regresamos despois do secuestro. Se cadra precisaba tempo para recuperarme da experiencia, mais nunca houbo C'mmons baby! secuestrado que non regresase, e aquí andamos de volta; dando conta dalgunhas novidades que saíran mentres estivemos ausentes (duración 18'45"). baixar mp3 / baixar ogg New Kind of Mambo. Monkey swing (New Kind of Mambo, EP) Uniform Motion. To watch over you (The Magic Empire, LP) Pony Bravo. Mi DNI (De palmas y cacería, LP) Wild Honey. Rogerio Duprat looks out the...

C'mmons baby! #79 (secuestro no LAV13)

February 18, 2013 18:48 - 20.3 MB

Liberado xa, polos amabeis alumnos secuestradores, publico a crónica do que foi unha experiencia tan arrepiante como gostosa. Isto é o que deu de si o Obradoiro de radio e podcasting desta fin de semana en Vedra. Grazas a todos os alumnos (Belén, Concha, Susana, Cristina, Sonia, Cristina, Mónica, Sergio, Lorena, Miguel, Jesús, Cristina e Antón) por facerme pasalo tan ben, por terme axudado a aprender con eles (oxalá eles aprenderan tamén comigo); e grazas tamén á xente de Senunpeso por me c...

C'mmons baby! #78

January 09, 2013 17:25 - 32.6 MB

Balbuce o ano 2013, mais imos despedir o 2012 con algúns vellos coñecidos (algúns sen lanzar nada novo desde hai ben tempo) que decidiron regresar con novas músicas a finais deste ano que marchou. Tamén anuncio o obradoiro sobre podcasting e radio en internet que vou dar no LAV 2013 de Vedra no mes de febreiro. (duración: 23'40") Baixar o mp3 / baixar o ogg Kellee Maize. 2012 (Owl Time, 2012 LP) Brad Sucks. Come back (Guess Who's a Mess, 2012 LP) Nouvelle Cuisine. Pesos y medidas (Mien...

C'mmons baby! #77

December 12, 2012 17:38 - 47.2 MB

Despois de máis de mes e medio de atraso chega o especial 5º cabodano. É pouco especial, a non ser porque é o duplo de longo na duración. Pedimos perdón pola demora e repasamos músicas dalgúns vellos "amigos" e traemos outras dalgúns novos. Tamén anunciamos que de aquí en diante C'mmons baby! vai ser reemitido desde Madrid via Nosuti Radio. (duración: 34'19") Baixar o mp3 / baixar o ogg Familia Caamagno. Perdoa (Familia Caamagno, 2012 EP) b fachada. Mimi (mini cd produzido por walter be...

C'mmons baby! #76

October 08, 2012 07:47 - 24.2 MB

Falta menos dun mes para o noso quinto cabodano e aínda menos para as eleicións galegas. É o momento dos anónimos, é o momento de que fale a maioría calada. É case o único momento no que os políticos se lembran de nós e reparan en que existimos. Ide votar, ho! O noso voto é a nosa voz, a voz da xente da rúa, a voz da xente anónima. (duración: 17'37") Baixar o mp3 / baixar o ogg Samuel L. París. Poeta (Inflamable, libro) Matilda. Los anónimos (Las acciones cotidianas, LP) Tigres Leones. ...

C'mmons baby! #75 (o que quero e o que preciso)

September 03, 2012 10:44 - 27.1 MB

Entramos na emisión septuaxésimo quinta, chegados aquí, cumpre reflexionar. Cando comecei con C'mmons baby! pensaba que duraría até os cinco anos ou os cen programas, o que antes chegase; o quinto cabodano está aí á volta e para chegar ás cen emisións faltan polo menos dous anos, agora estou na encrucillada de arriar (como pensara) ou seguir. Isto tamén é voso e quero saber que pensades. (duración: 19'41") Baixar o mp3 Dumbo Gets Mad & Venice. Viaje Astral (Viaje Astral, single )  Tiger ...

C'mmons baby! #74 (extra de verán)

August 03, 2012 10:45 - 28.9 MB

Pechamos a triloxía sobre a "crisi" da apocalipse económica cun extra de verán para coller novos folgos e enfrontarnos ao futuro con xiria. Facemos un repaso a algunhas das cousas máis típicas do verán: os mosquitos, as cañas, o tinto de verano e os romances, o turismo e os jodechinchos. (duración: 20'59") Baixar o mp3 Birdene. I will never see de sun (I will never see de sun, EP) bryyn. Going on (adianto de Tend my sheep) Kana Kapila. Sangre Joven (¡Ra! ¡Ra! ¡Ra!, EP) Mimi Lopar. Mosq...

C'mmons baby! #73

July 03, 2012 19:15 - 26.8 MB

Con tanta política de recortes imos de cabeza cara o precipicio da miseria, e no horizonte nada máis se ve un deserto ermo, mais estrelado. (duración: 19'28") Baixar o mp3 TV Girl. Misery (The Wild, The Innocent, The TV Shuffle, LP) Arma X. Campeones (Fundación Robo, LP colectivo) Camarada Nimoy. Interferencias no microondas  (Camarada Nimoy, EP) Le Parody. West deserts (desiertos del oeste) (Párala Vértigo, EP)  Desert Stars. Boys I like (Boys I Like/Farewell Decade, single) Ligazón...

C'mmons baby! #72

June 03, 2012 14:14 - 24.4 MB

Amiguiños, imos para o carallo, isto vai do malo para o pior, estamos no bordo do precipicio, é a fin que agoiraban os maias... E como chegamos a isto? pola cobiza enferma e a propia existencia do diñeiro. Isto só se amaña cunha revolta. Mais non vos preocupar, todo ha volver ao de antes e todos felices. (duración: 17'44"). Baixar o mp3 Miren Iza. Qué bonito es el mundo piramidal (Fundación Robo, LP colectivo) Projecto Mourente. A revolta dos cosmopailães (A pior, LP)  Terbutalina. Suis...

C'mmons baby!#71

April 24, 2012 18:33 - 24.1 MB

Parecía que o verán adiantado chegara para ficar, mais volveu a chuvia e houbo que tirar outra vez de gabardinas. Tamén Cb! volve aínda que alguén poidera pensar que coas longas ausencians entre emisión e emisión xa estaba morto. Murmuracións (duración: 17'29"). Baixar o mp3 Thee Brandy Hips. Ice cream ballad (Raincoat, LP) Starlight Girls. Gossip (Starlight Girls, EP) Aaahhhrchestra. Zombie dreams (Denmaaahhrk Compilation, LP) Carrero Bianco. Blister (Blister, sinxelo) Ligazóns rel...

C'mmons baby!#70

March 28, 2012 08:55 - 19.5 MB

Pasou tanto tempo que non sei se aínda haberá alguén aí, agardando. A escolma desta emisión estaba pensada para os días de frío de princípios de ano. Agora vai sol, calor e as raiolas de sol entran brillando radiantes pola fiestra dos nosos estudios en Oslo (duración: 14'04"). baixar .mp3 / baixar .ogg Tracky Birthday. Hot Dad Cool Hit (New Album, LP) Tracky Birthday. Sh-sh-Sh-sh (New Album, LP) Tiger Waves. Radiant apartment (Only Good Bands Have Animal Names, LP) Projecto Mourente. ...

C'mmons baby!#69

December 31, 2011 19:23 - 22 MB

Nesta época do ano de friaxes, chuvias e festas de solsticios invernais, o que máis presta é ficar na casa, a caloriña do lar (duración: 15'59"). Baixar o mp3 El sueño de la casa propia. Yor frend  TV Girl. Baby you were there (Benny and the Jetts, EP) Bangor. Anónimo (Lembrarás este cuarto?) Karibean. Down before Xmas (A Christmas Special, EP) Spaghetti Anywhere. Love again (Summer’s Here – vol. 1, LP VVAA) Ligazóns relacionadas: Pueblo Nuevo, A Regueifa, EardrumsPop.

C'mmons baby!#68

November 11, 2011 13:55 - 27.8 MB

Pasou o día de defuntos, o noso cabodano, e chega o noso especial con algo de demora, ben é certo que hoxe é san Martiño, que tamén é un día de defuntos, de porcos defuntos. Repasamos as catro cancións libres máis escoitadas nestes catro anos que levamos de andada. (duración 20'13") Baixar o mp3 Half Asleep. Un quart (We are now seated in profile LP) Superhumanoids. Dangerous Strangers (Urgency EP) Jóvenes y Sexys. Suerte (Bruno EP) The Dots. Is it you (Fashion for the dressed and nake...

C'mmons baby! #67

September 20, 2011 16:50 - 22.7 MB

Os paxaros foron cantar á terra do millo corvo porque son ceibes, porque poden ir e vir onde lles pete. Pola contra, nós (tamén coñecidos como humanidade) somos escravos dos cartos (duración 16'30"). Baixar o mp3 Mombojó. Passarinho colorido (Amigo do tempo, LP) Birds are indie. Snooker and curling (Life is long, EP) T Bird & The Breaks. Stand up (Learn about it, LP) Terbutalina. Cartos (Broncodilatador, LP) Ligazóns relacionadas: Mimi Records.

C'mmons baby! #66

July 13, 2011 19:30 - 17.7 MB

Igual é que se dan poucos agradecementos, por iso están aí eses animais a falar á beira do mar de xenebra azul das botellas dun andel da licoraría dos señores Ellises... comezamos. (duración 11'53") Baixar o mp3 These Animals. Word at sea (These Animals EP) The Easton Ellises. Liquorstore (One EP) Me dais poca. Gracias (Modo Fiesta Interior EP) Ligazóns relacionadas: Aaahh Records; Enough Records.

Twitter Mentions

@soleparody 1 Episode
@curtinaitis 1 Episode
@tdcs1685 1 Episode
@tvgirlz 1 Episode